Airapro, unha produtora audiovisual fundada en Carral (A Coruña) polos actores Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro, levan a representación e producción de artistas musicais e ofrece estos ós servizos de Normalización. Un deles é Sés, o novo grupo de María Xosé Silvar (a que fora cantante de Chámalle Xis!, colaborou nos últimos discos de Xabier Díaz e Zënzar), que ademais de filóloga (Galega) e antropóloga, ten unha voz incrible e un enorme talento como compositora, pois é autora de todas as cancións de Sés, pezas de rock, blues e música latina escritas en galego, cun sentido claro de compromiso coa lingua e de estilo literario.
Convídámosvos a que escoitedes as cancións na súa web http://www.mariaxosesilvar.com/ ou no seu myspace: www.myspace.com/mariaxosesilvar e que valoredes a posibilidade de contar con Sés para calquera acto de normalización lingüística, un tipo de eventos nos que xa ten participado na universidade da Coruña. Estes meses estase movendo un formato acústico da banda, para pequenos eventos, no que María Xosé só está acompañada do guitarrista Tito Calviño.
Para máis información e teléfonos de contacto podedes facelo a través do correo da CDEDLG de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario