No marco das actividades dinamizadoras da lingua galega que teñen como destinataria a poboación escolar viguesa, o SNL está desenvolvendo accións dirixidas a fomentar o uso da lingua galega a través da improvisación, for a regueifa e for o rap, que están callando entre a mocidade dun xeito ben positivo.
O interese demostrado polo alumnado, a súa activa participación e solicitude de incrementar en maior número de actividades e oferta diferente, levan a crear o Centro municipal de improvisación oral, CMIO, xunto coa Concellería de Xuventude. Este centro, cuxas dependencias están na Casa da Xuventude -rúa López Mora, 31-, vai iniciar a súa andaina o 20 de maio.
O Centro municipal de improvisación oral ofertará dobre programación formativa:
1.- En horario escolar
Dirixida a centros de primaria: alumnado de ciclo superior
Horario: martes de 11:00 a 12:00 h e de 12:00 a 13:00 h
2.- Fóra do horario escolar
Dirixida a mozos e mozas que, de xeito individual, queiran incrementar a formación dada nos obradoiros escolares
Horario: venres de 18:30 a 19:30 horas
Para se anotaren deberán chamar á Casa da Xuventude
Ningún comentario:
Publicar un comentario