A CGENDL está a organizar o acto 1991-2011: vinte anos dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que terá lugar o vindeiro sábado 4 de xuño ás 11:30 da mañá no Museo do Pobo Galego. Esta xornada ten como finalidade darlle visibilidade pública ao traballo feito polos ENDL ao longo de todos estes anos e agradecer o labor dos docentes, o alumnado e os colaboradores que os conformaron e conforman. Ademais, neste acto queremos expresar a nosa gratitude e recoñecemento público a Agustín Fernández Paz polo seu papel, precursor e activo, no ámbito da normalización lingüística no ensino. Para asistir cómpre enviar os datos persoais (nome e apelidos e centro escolar) ao enderezo correo@coordinadoraendl.org.
Así mesmo, achegamos un tarxetón dirixido ás familias que ten como obxectivo agradecer a súa colaboración na tarefa educativa desenvolvida polos equipos en todo este tempo, así como valorizar o traballo desenvolvido no voso centro e convidar ás familias a seguir participando neste labor colectivo. O tarxetón está preparado para que se poidan facer tres copias por folla e a dobre cara e deixa espazo para inclusión do logotipo do voso equipo ou do selo dos vosos centros.
Pinchar no enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario