A CGENDL ten o pracer de convidarvos ao acto 1991-2011: vinte anos dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que terá lugar o vindeiro sábado 4 de xuño ás 11:30 da mañá no Museo do Pobo Galego. Esta xornada ten como finalidade darlle visibilidade pública ao traballo feito polos ENDL ao longo de todos estes anos e agradecer o labor dos docentes, o alumnado e os colaboradores que os conformaron e conforman. Así mesmo, neste acto queremos expresar a nosa gratitude e recoñecemento público a Agustín Fernández Paz polo seu papel, precursor e activo, no ámbito da normalización lingüística no ensino. Para asistir cómpre enviar os datos persoais (nome e apelidos e centro escolar) ao enderezo correo@coordinadoraendl.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario