domingo, 7 de xuño de 2015
sábado, 2 de maio de 2015
PASEOS POLO VIGO LITERARIO
PASEOS POLO VIGO LITERARIO
A Concellaría de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan 3 “Paseos polo Vigo literario”
Horario: todos os paseos teñen a saída ás 11:30
1.-Sábado, 9 de maio, roteiro guiado por Pedro Feijoo. Saída desde a oliveira do Paseo de Afonso XII
2.-Sábado, 16 de maio, roteiro guiado por María Reimóndez. Saída, informarase do lugar de saída uns días antes do sábado
3.-Sábado, 23 de maio, roteiro guiado por Francisco Castro. Saída da praza da Constitución
Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben indicar a cal/es paseo/s irán).
Inscrición por orde de chegada do correo. Prazas limitadas: 50

ESTAMOS NO VERÁN!
- Estamos no verán!!!
Este espectáculo está
configurado a partir da novela-CD, editada por Galaxia, que nos conta a
historia duns amigos que no verán, queren formar un grupo de música.
As músicas deste
disco de Xoán Curiel, e a súa banda Son+d2, serven de fío condutor para unha
divertida historia narrada por Charo Pita, acompañada das fermosas ilustracións
de Iván R.
Estilos como o
funk, o rock ou a bossa nova atópanse nun álbum para nenos e nenas entre sete e
doce anos.
Este é un
espectáculo musical participativo onde se mergulla aos rapaces e rapazas nunha
divertida festa e nun soño de verán.
Partindo desta base, Xoán Curiel quere achegar de
primeira man, esta novela disco aos centros, a partir da propia historia do
libro, intercalando diferentes músicas sobre as que comentará tamén o proceso de
creación e os seus estilos musicais, co prisma de traballar de forma máis amena
a cultura musical.
Estamos no verán!!!, é un espectáculo orixinal, vital e musicalmente enriquecedor, que
está a cautivar aos máis novos/as!.
Actualmente Estamos no verán!!! foi
nominado aos VII Premios de la Música Independiente na categoría de Mejor Álbum
en Lengua Gallega.
Duración: 40 minutos
Dirixido a: alumnado de primaria (5.ºe 6.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade
poden consultar con Ania Piñeiro 616 76 37 21 / 658 26 31 99
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 11 de maio ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 11 de maio a partir das 9:30 e até as 14:00
Na
reunión de equipos de dinamización e normalización lingüística que tivo lugar o
pasado martes 13 de xaneiro de 2015, acordouse o seguinte verbo da adxudicación
das actividades programadas polo SNL.
"Os
centros que asisten ás xuntanzas de coordinación e solicitan as actividades conforme
co horario establecido o primeiro día de solicitude, terán PREFERENCIA
sobre o resto dos centros á hora de se adxudicaren as actividades".
Solicitude de
participación na actividade:
Estamos no verán!!! para
primaira (5.º e 6.º)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 11 de maio a
partir das 9:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 60
Indicar a preferencia (de 1 a 20) para a participación na
actividade:
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
_____ 21 maio (xoves), ás 9:30 _____ 29 maio
(venres), ás 9:30
_____ 21 maio (xoves), ás 12:30 _____ 29 maio
(venres), ás 12:30
_____ 25 maio (luns), ás 9:30 _____ 1 xuño
(luns), ás 9:30
_____ 25 maio (luns), ás 12:30 _____ 1 xuño
(luns), ás 12:30
_____ 26 maio (martes), ás 9:30 _____ 2 xuño
(martes), ás 9:30
_____ 26 maio (martes), ás 12:30 _____ 2 xuño (martes),
ás 12:30
_____ 27 maio (mércores), ás 9:30 _____ 3 xuño (mércores),
ás 9:30
_____ 27 maio (mércores), ás 12:30 _____ 3 xuño (mércores), ás
12:30
_____ 28 maio (xoves), ás 9:30 _____ 4 xuño
(xoves), ás 9:30
_____ 28 maio (xoves), ás 12:30 _____ 4 xuño (xoves),
ás 12:30
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
QUEREMOS GALEGO: Vigo martes 5 de maio ás 20.15 h local da CIG
Prezada compañeira, prezado compañeiro:
Pola presente convocamos a unha xuntanza de Queremos Galego – Vigo que terá lugar o vindeiro MARTES 5
ABRIL ás 20.15 horas na sede da CIG en Vigo (r/ Gregorio Espino 47,
entresollado) para preparar a mobilización do 17 de maio nesta comarca.
Agradezo confirmación de asistencia.
Elsa Quintas Alborés
Coord. Queremos Galego – Vigo
628.483.277
mércores, 25 de marzo de 2015
CURSO DE ESCRITURA CREATIVA
“Obradoiro literario Aliteraclara”
IMPARTIDO POLA ESCRITORA Clara do Roxo
· Coñeceremos os elementos para dar forma ao texto.
· Utilizaremos pequenos textos de autoras e autores de estilos diferentes para facer unha lectura crítica sobre eles.
· Elaboraremos textos literarios propios en cada sesión.
· Aprenderemos a crear personaxes e situacións literarias
· Faremos un exercicio de síntese, aprenderemos a desprendernos do que sobra no texto unha e outra vez ate atopar a verdadeira esencia da escrita desbotando o que non é bo.
Información en 696 15 42 03
DATAS: 6, 13, 20 e 27 de abril e 4 de maio
HORARIO: de 17:30 a 19:30
LUGAR: local da AVV NovoVigo de Navia (rúa As
Teixugueiras, 11 -portal 6, oficina 9-B)
Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo, idade, teléfono e DNI) ao correo electrónico
claradoroxo@gmail.com
Preferentemente: xente moza

mércores, 18 de marzo de 2015
NÚMERO 20 DE OLLOS DE AULA
Prezados/as
amigos/as,
Remitímosvos
o número 20 de Ollos de aula, a revista que edita a
CGENDL para as familias do alumnado. Por mor das vacacións, esta entrega
correspóndese co bimestre marzo-abril. Ademais de anexala neste correo, podedes
descargala en:
- Descarga directa ou en formato dixital: http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
- Correo de contacto: ollosdeaula@gmail.com
- Subscrición: http://coordinadoraendl.org/lists/?p=subscribe&id=2
No
presente número a psicopedagoga Lines Salgado achéganos á mediación escolar;
Pilar Sampedro, docente e membro da Asesoría de bibliotecas escolares da
Consellería de Educación, analiza o papel que debe xogar a familia na
iniciación á lectura; mentres que a pregunta desta entrega se centra en
"Como detectar un trastorno da conduta alimentaria?". Coma sempre,
Gracia Santórum preséntanos interesantes propostas literarias, musicais e de
ocio. A contracapa convídanos a reflexionar sobre a estigmatización do modelo
da fala dos galegofalantes que, ás veces, cometemos os propios docentes co noso
"bolígrafo vermello".
Dende a CGENDL convidámosvos a que este novo número sexa do interese da comunidade escolar e pedímosvos axuda na súa difusión así como colaboración na proposta de temas, colaboracións, etc.
Dende a CGENDL convidámosvos a que este novo número sexa do interese da comunidade escolar e pedímosvos axuda na súa difusión así como colaboración na proposta de temas, colaboracións, etc.
Saúdos normalizadores
CGENDL
AUTORIZACIÓN PAIS E NAIS PHOTOCALL CORRELINGUA
AUTORIZACIÓN PAIS E NAIS PHOTOCALL CORRELINGUA
CORRELINGUA é a denominación que adoptaron de maneira común a partir de 2001 as diversas carreiras en prol do idioma que se convocaron no país. É unha proposta de carácter lúdico, educativo e reivindicativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público que quere enviar unha mensaxe do dereito da infancia e a mocidade a medrar en galego.
Nesta edición, contaremos nos centros de ensino cun photocall onde participe o alumnado. Para poderen participar precisan contar con autorización da nai, pai ou titora/or legal. Por este motivo achegamos, para asinala, a seguinte autorización:
Eu con DNI ,
nai, pai, tutora/or legal de , alumna/o do curso no centro de ensino AUTORIZO a publicación de imaxes do meu fillo/a nas publicacións (web, redes sociais, boletíns) que realice o Correlingua.
E para que conste, asino en a de de 2015
Correlingua
www.correlingua.org
Avenida de Lugo 2A, entresollado A
15701- Santiago de Compostela
tlf: 698180557

CORRELINGUA VIGO
Prezados/amigo/as:
O pasado xoves 12 de marzo mantivemos unha reunión de coordinación do Correlingua
2015 en Vigo onde se trataron as seguintes cuestións:
Data do Correlingua: venres 8 de maio.
Horarios: A marcha sairá ás 11:00 da Praza do Rei para chegar a Castrelos ás 12:00.
Os autobuses deberán achegarse sobre as 10:30.
O alumnado de Infantil irá directamente a Castrelos onde terá lugar o espectáculo (de
11 a 12) do músico e actor Paco Nogueiras.
Para maior aproveitamento da actividade é recomendábel visitar a súa páxina en internet
para que na actuación o alumnado coñeza a súa obra e interactúe con el. Aquí tedes o
enlace:
http://www.kalandraka.com/blog/2014/04/29/brinca-vai-novo-libro-cd-dvd-no-mes-dasletras-
galegas/
Unha das cancións que recomendamos ver é “O meu mundo é!”
Marcha do Correlingua: Haberá un concurso de animación da marcha que premiará ao
grupo que máis anime durante o percorrido.Esta animación poderá utilizar calquera
medio: cantigas, coplas, disfraces, pancartas...o obxectivo é facer unha marcha vistosa e
divertida coa implicación activa do alumnado.
Actuacións: A condución da actividade estará a cargo de Xurxo Souto. O grupo que
actuará en Castrelos será o gañador do certame musical Cantalingua, que se coñecerá
proximamente.
PHOTOCALL
Como falamos, este ano e como novidade, o Correlingua organiza un photocall para
levar aos centros de ensino durante o mes de abril.
Trátase de tirar retratos do alumnado (e profesorado, por que non?) diante dun fondo
igual para todos os Correlinguas, suxeitando "bocadillos" co lema do Correlingua deste
ano ou o que se nos ocorra alusivo ao fomento do galego. Temos unha moi boa
referenza na exitosa campaña "Gústame o galego" que levou adiante a CTNL
(botádelle un ollo enhttp://gustame.gl/).
No anexo vai o permiso que terían que asinar as nais e pais para aceptar que se suban
fotos das súas fillas e fillos.
A organización do Correlingua enviaría aos centros que quixesen participar o deseño do
photocall (o fondo da foto, para entendernos) por correo. Cada centro deberá deseñar e
elaborar os seus "bocadillos", para facer o fotocol hai tres posibilidades de partida:
1- Proxectar o deseño do fotocol sobre unha parede branca
2- Imprimilo en papel e pegalo nunha parede
3- Calcalo en papel corrido para poñelo nunha parede
Xunto co deseño do fotocol enviaríase tamén o permiso a cubrir polos pais para
podermos subir fotos da rapazada ás redes.
O profesorado encargaríase logo de coordinar a actividade e de enviar as fotos a
correlingua@correlingua.org para írmolas publicando nas redes sociais etc.
ACTUACIÓNS CENTROS DE ENSINO
Na reunión tamén falamos da posibilidade de que algún grupo de alumnos/as actúen
no remate do acto de Castrelos.; se hai algún centro interesado debe porse en contacto
coa organización.
Haberá froita para os participantes.
Agardamos da vosa participación para facermos entre tod@s un Correlingua dinámico e
participativo.
Ánimo e a inscribirse !!!!!!
Vémonos o oito de maio.
Vigo, 17 de marzo de2015

mércores, 4 de marzo de 2015
BASES DO CONCURSO DE ANIMACIÓN CORRELINGUA VIGO 2015
1.Poden participar todos os alumnos e alumnas dos centros inscritos no Correlingua 2014 na comarca de Vigo.
2. A participación no concurso será EN GRUPO.
3. A animación da carreira do Correlingua consistirá no desenvolvemento de ideas (a través de pancartas, disfraces, cantigas...) que contribúan a asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares.
4. Valorarase a mensaxe, a orixinalidade e a animación que o grupo lle dea á carreira.
5. Os centros deberán formalizar a inscrición neste concurso enviando un
correo electrónico a correlingua@correlingua.org antes do 2 de maio.
As inscricións deberán ter como mínimo os seguintes datos:
- centro e número dos integrantes do grupo. O grupo deberá levar algún elemento que os diferencie para poder localizalos no caso de gañaren o concurso.
6. O xuri estará composto pola Comisión Organizadora. A decisión do xurado será inapelábel.
7.- Os traballos premiados poderán ser reproducidos en campañas publicitarias e divulgativas do Correlingua. Para estes efectos os autores cederán os dereitos de reprodución á organización do Correlingua.
8. A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases.
CONVOCATORIA REUNIÓN DO CORRELINGUA EN VIGO. 12 DE MARZO D0 2015
Prezad@s amig@s:
O vindeiro 8 de maio
terá lugar en Vigo, máis un ano, o Correlingua.
Con este motivo
convocámosvos a unha reunión preparatoria que terá lugar o xoves 12 de marzo, ás 19.00 no IES San Tomé de
Freixeiro (Gran Vía, s/n, Vigo), que contará coa seguinte
orde do día:
1-
Avaliación do Correlingua 2014.
2-
Información concurso de animación da marcha e actividades para infantil e
primaria.
3-
Suxerencias e propostas para o Correlingua 2015.
Grazas
pola vosa atención e un saúdo.
NOTA: O
IES San Tomé conta con espazo para estacionar.
Correlingua
Avenida de Lugo 2A,
entresollado A
15701- Santiago de
Compostela
Facebook: Correlingua
tlf: 698180557
xoves, 5 de febreiro de 2015
PRESENTACIÓN DE FEITIZO DE SANGUE
Cando hai dous veráns saiu do prelo BÁGOA DE LÚA, de Sabela González, libro que inaugurou a triloxía fantástica AS CRÓNICAS DE LANDEREINA foron moitos os lectores e lectoras que, dende o primeiro instante, comezaron a reclamar a continuación da historia. Por iso ao pouco tempo tivemos xa que reeditar.
FEITIZO DE SANGUE, esa esperada segunda parte, chega agora ás librerías de todo o país disposto a reproducir o éxito do primeiro. E a emoción e as aventuras que viven os seus protagonistas.
Seguimos á procura da Pedra de Lúa…
Editorial Galaxia
A librería Librouro e a Editorial Galaxia comprácense en convidalo/a á presentación do libro de Sabela González: FEITIZO DE SANGUE
Segunda parte da triloxía AS CRÓNICAS DE LANDEREINA
Vindeiro martes, 10 de febreiro, ás 20.00 horas na librería Librouro (Eduardo Iglesias, 12 de Vigo).
A autora estará acompañada polo editor Francisco Castro.

mércores, 4 de febreiro de 2015
DOBRAXE NA ESCOLA
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Dobraxe na escola
É unha actividade lúdico educativa que ten como
finalidade achegarlles aos nenos e nenas, dun xeito ameno e didáctico, o mundo
da dobraxe.
Fases:
Primeiro, utilizando monicreques, os actores e
dobradores, Manuel Pombal e Suso Pando, fan un xogo dramático moi divertido no
que nos mostran todos os pasos da elaboración dunha película; desde a creación
do guión ata a súa dobraxe.
Logo, sen abandonar o ton lúdico e teatral,
preséntalles os personaxes do “mini capítulo” que “o propio alumnado” vai
dobrar, sorprendéndose con exóticas versións orixinais, en idiomas que
probablemente xamáis escoitaran.
Acto seguido, ensaiamos todos xuntos un fragmento da
película, aprendendo a encaixarmos as propias voces nas bocas dos personaxes.
-”Probámolo e experimentámolo todos...? Ben. Agora...
Quen quere saír?
Xa temos os/as dobradores/as. // Lemos o guión,
ensaiamos, axustamos e... // Silencio! Imos gravar! // Gravamos... e, moi
sorprendidos/as, escoitamos o resultado.
Duración: os responsables do desenvolvemento da actividade
poranse en contacto co centro escolar para axeitar a duración da actividade.
Faranse 4 sesións consecutivas de 50 minutos (máximo, 35 participantes por
sesión), adaptándose aos horarios do centro escolar
Dirixido a: alumnado de primaria (3.º 4.º 5.º e 6.º)
Lugar de realización da
actividade: no propio centro de
ensino.
Horario: a actividade comezará ás 10:00, se ben, para
preparala, os responsables do desenvolvemento da actividade estarán no centro
escolar ás 09:00
Necesidades técnicas da
actividade: os responsables do desenvolvemento
da actividade poranse en contacto co centro escolar para solventar posibles
cuestións técnicas
Para calquera dúbida sobre o
desenvolvemento da actividade poden consultar con Manuel Pombal 605 06 69 17
Para solicitar a actividade é
necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 9 de febreiro ao
correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por
correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 9 de febreiro
a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante:
os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos
que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.

Marta Souto González
Técnica do SNL
mc/
Vigo, 29 de xaneiro de 2015
Normalización
Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22
06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org /
http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de
participación na actividade:
Dobrase na escola para
primaria (3.º, 4.º, 5.º e 6.º)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 9 de febreiro
a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 35
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 7) para a
participación na actividade.
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
_____ 23 febreiro (luns)
_____ 24 febreiro (martes)
_____ 25 febreiro (mércores)
_____ 26 febreiro (xoves)
_____ 27 febreiro (venres)
_____ 2 marzo (luns)
_____ 3 marzo (martes)
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
O ESQUÍO RAMPANTE
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Polo correo do vento
“O esquío rampante”
É un
proxecto didáctico no que a palabra e a imaxe constitúen as ferramentas
esenciais para activar a creatividade e imaxinación dos máis novos.
Desenvólvese
un conto de xeito oral e no tempo do relato debúxase un mural correspondente a
unha escena clave da narración. Posteriormente, unha rolda de prensa
participativa incrementará e completará os misterios e as curiosidades do conto
e da ilustración. Nunha segunda parte, nun obradoiro, debúxase, paso a paso,
unha personaxe principal da historia, todos xuntos, guiados polo ilustrador.
Por último, remátase cun xogo didáctico característico das páxinas finais dos
álbumes da colección "Polo correo do vento".
Duración: 60 minutos
Dirixido a: alumnado de 1.º de primaria
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade
poden consultar con Polo correo do vento 695 62 32 61
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 10 de febreiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 10 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00

Marta Souto González
Técnica do SNL
mc/
Vigo, 30 de xaneiro de 2015
Normalización
Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22
06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org /
http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de
participación na actividade:
Polo correo do vento “O esquío rampante”
para primaria (1.º)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 10 de febreiro
a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 35
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 14) para a
participación na actividade.
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
_____ 23 febreiro (luns) 09:30 _____
26 febreiro (xoves) 12:30
_____ 23 febreiro (luns) 12:30 _____
27 febreiro (venres) 09:30
_____ 24 febreiro (martes) 09:30 _____ 27
febreiro (venres) 12:30
_____ 24 febreiro (martes) 12:30 _____ 2
marzo (luns) 09:30
_____ 25 febreiro (mércores) 09:30 _____ 2 marzo
(luns) 12:30
_____ 25 febreiro (mércores) 12:30 _____ 3 marzo
(martes) 09:30
_____ 26 febreiro (xoves) 09:30 _____ 3
marzo (martes) 12:30
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
NOVO NÚMERO DE "OLLOS DE AULA"
Prezados/as
amigos/as,
Remitímosvos
o número 19 (febreiro de 2015) de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL
para as familias do alumnado e que anexamos neste correo ou que podedes
descargar en:
- Descarga directa ou en formato dixital: http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
- Correo de contacto: ollosdeaula@gmail.com
- Subscrición: http://coordinadoraendl.org/lists/?p=subscribe&id=2
E non esquezamos, como nos di a contracapa, que, “cando se trata da lingua… a última palabra tamén a tes ti, o teu contorno, a túa familia”... todos nós!
Dende a CGENDL agardamos que este novo número responda aos vosos intereses e ao das familias. Pedímosvos, coma sempre, que nos axudedes a difundila na comunidade educativa. Que tal probar desta volta a imprimir algúns números e deixalos na biblioteca municipal, na sala de espera do centro médico ou na cafetería de costume?
Saúdos normalizadores
CGENDL
mércores, 14 de xaneiro de 2015
PRESUMO DO GALEGO!
Prezados/as
amigos/as,
Comezamos o novo ano dando conta de diversas liñas de traballo que a CGENDL mantén no presente curso e solicitando a vosa colaboración para avanzarmos no proceso de normalización lingüística no ensino e na sociedade:
Presume de GalegoComezamos o novo ano dando conta de diversas liñas de traballo que a CGENDL mantén no presente curso e solicitando a vosa colaboración para avanzarmos no proceso de normalización lingüística no ensino e na sociedade:
Como xa informamos no seu día, a Coordinadora está a planificar unha campaña para poñer en valor ante a sociedade o coñecemento e uso que fan da lingua no día a día os e as galegofalantes máis novos. Aínda que está en proceso o deseño da campaña, xa programamos unha acción (Presume de Galego) que queremos testar con todos e todas vós e que consiste en realizar gravacións de menos de 1 minuto seguindo as instrucións que atoparedes en http://coordinadoraendl.org/presume_de_galego/.
Repositorio
de recursos didácticos para os ENDL e para as aulas
Conscientes
da precariedade na que se desenvolve habitualmente o noso traballo cotián, unha
das liñas de traballo prioritarias da CGENDL é poñer á vosa disposición
recursos e propostas para os Equipos e para traballar determinadas áreas,
competencias e temáticas en galego. Entre todos e todas podemos contribuír a
dotar de material o apartado de recursos que hai na nosa páxina web e que xa
chega aos 250 recursos: http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_rec.php.
Ademais de consultar e empregar este amplo abano de propostas, podedes achegar
a través deste formulario
aqueles materiais que consideredes para compartir. Se tedes calquera dúbida ou
problema á hora de cumprimentar o formulario e enviar os recursos, escribide a correo@coordinadoraendl.org.
Nesta ocasión, facemos especial fincapé nas seguintes áreas:
- Alumnado con necesidades educativas especiais e
materiais do Departamento de Orientación.
- Adquisición e desenvolvemento da lectoescritura.
- O entroido (monográfico especial en http://coordinadoraendl.org/entroido/index.php)
- Día da Paz.
Por
último, informamos que a Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de
convocar as axudas aos ENDL para desenvolver os proxectos de fomento do
galego nos centros de esino non universitario, tanto públicos como
privados, así como os premios aos Proxectos de Innovación en Dinamización
Lingüística. Tedes toda a información sobre estas convocatorias en http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_subvencions.
Saúdos normalizadores
Consello Directivo
CGENDL
Consello Directivo
CGENDL
Acordo sobre a adxudicación das actividades programadas polo SNL
Na
reunión de equipos de dinamización e normalización lingüística que tivo lugar o
pasado martes 13 de xaneiro de 2015, acordouse o seguinte verbo da adxudicación
das actividades programadas polo SNL.
"Os centros que asisten ás xuntanzas de coordinación e solicitan as actividades conforme co horario establecido o primeiro día de solicitude, terán PREFERENCIA sobre o resto dos centros á hora de se adxudicaren as actividades".
Acordo que se fai efectivo dende o día de hoxe, 14 de xaneiro de 2015.
Marta Souto González
Técnica de Normalización Lingüística

mércores, 7 de xaneiro de 2015
REUNIÓN DOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN DE VIGO E BISBARRA E A CONCELLERÍA DE NORMALIZACIÓN
MARTES 13 DE XANEIRO ÁS 18/30 NO SALÓN DE ACTOS DO IME, CAMIÑO DO CHOUZO 2, VIGO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)