martes, 28 de xuño de 2011

LETRAS GALEGAS 2012: VALENTÍN PAZ ANDRADE.

O Plenario da Real Academia Galega (RAG) acordou, na sesión ordinaria do pasado 04.06.2011, dedicar o Día das Letras Galegas 2012 a Valentín Paz Andrade.

Valentín Paz Andrade foi un polifacético autor, cuxa obra abrangue os eidos literario, xornalístico, histórico e económico; ademais dun recoñecido activista do movemento galeguista. Presidiu o Grupo Autonomista Galego (1930), foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 e membro activo do Partido Galeguista.

Foi director do xornal Galicia e colaborou habitualmente nos xornais El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e La Noche. Foi ademais un prolífico ensaísta e poeta, con títulos como, por exemplo, Galicia como tarea (1959) ou Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985).

   Nado en  Lérez, Pontevedra 1898-Vigo 1987, exerceu como xurista, político e escritor galego. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela  e licenciouse en 1921. Introduciuse no mundo da literatura por medio do seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade. Este último presentoulle a Castelao, que influiría de forma relevante na súa obra.
  
Canto á súa actividade política, pasou a formar parte do movemento galeguista e en 1919 participou na II Asamblea Nacionalista. Foi presidente do Grupo Autonomista Gallego (1930) e militante e secretario, desde 1934,  do Partido Galeguista. Foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 e participou na redación do Estatuto de Galicia (1936).

   Xa na época da Restauración Borbónica fixo parte da Xunta Democrática, da Comisión dos 10 e da Plataforma de Organizaciones Democráticas. Asimesmo, foi senador por Pontevedra pola Candidatura Democrática Gallega nas Cortes Constituíntes (1977-1978).

   Grazas ao seu labor como xurista axudou, durante a Guerra Civil Española a moitos galeguistas a fuxir e defendeunos das penas que se lles imputaban. Foi desterrado a Verín, Castro Caldelas, A Pobra de Trives e finalmente a Badaxoz. Foi detido varias veces debido aos seus artigos e á súa orientación política.

   A respecto da súa actividade xornalística, cómpre mencionar que foi director do xornal Galicia (1922-1926), colaborador da Gaceta de Galicia, publicou tamén artigos políticos en El Pueblo Gallego, ademais de no Faro de Vigo e no xornal La Noche. Alén disto, foi director da revista Industrias Pesqueras (1942).

   Foi colaborador en O Ensino, Grial e Outeiro elaborando artigos literarios, nomeadamente sobre Castelao. Tamén redixiu artigos de carácter económico e político en El País, La Vanguardia e en Industrias Conserveras.

   Foi un dos principais promotores e logo vicepresidente do grupo industrial Pescanova. Exerceu tamén como técnico da FAO. Debido a isto publicou o primeiro tratado sobre Principios de economía pesquera (1954).

    Cómpre destacar o seu papel de escritor polifacético pois escribiu ensayos literarios, históricos e económicos, mostrando a súa preocupación polo progreso de Galicia, así como tamén redactou diversas obras especializadas en temas pesqueiros.

   Porén, non só se dedicou ao ensaio, pois Valentín Paz Andrade formou parte, asemade, da Xeración poética de 1925 onde observamos unha importante orientación patriótica. Algunhas das súas obras poéticas son Pranto Matricial (1954), Sementeira do Vento (1968) e Cen chaves de sombra (1979). Tamén fixo algunha incursión pola narrativa coa obra inédita Soldado da morte (1921).

   Como consecuencia de todo o seu labor, tanto xornalístico como literario foi galardoado en numerosas ocasións: en 1964 foi elixido membro da Real Academia Galega e da Academia Galega das Ciencias, recibiu o Pedrón de Ouro en 1975 e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1986), entre outros

venres, 24 de xuño de 2011

FELIZ VERÁN!

Rematou o curso escolar e desde a CDEDLG de Vigo e bisbarra queremos agradecervos a tod@s a vosa participación, colaboración e valiosísima axuda nesta a nosa tarefa de divulgación de actividades en prol da promoción e uso da lingua de noso. Profesores e profesoras, que día a día adicaron un tempo para achegarse a este blogue, e perderon outro tanto en compartir as súas experiencias e informar para o ben común, espallando, de xeito altruista, o seu bo facer nas aulas entre os compañeiros e compañeiras doutros centros e bisbarras. A tarefa continúa o vindeiro curso, e contamos de novo con tod@s vós, pois só temos comenzado o vieiro, agora hai que facer camiño, e ainda o traxecto é longo na recuperación e dignificación da nosa lingua e do noso labor docente.
Aquí seguiremos, ao pé do ordenador, para recibir,  distibuir e compartir con tod@s vós a información que queirades achegarnos desta realidade que facemos xunt@s, traballar a esgalla para que esta iniciativa de colaboración conxunta no traballo docente non esmoreza.
Parabéns polo voso traballo! Grazas! e Felices vacacións a tod@s!

CDEDLG de Vigo.

luns, 20 de xuño de 2011

VERÁN DE 4 A 4. XOGAS? EN GALEGO PODEMOS.

Adxuntámosvos actividades de promoción do uso da lingua de noso, promocionadas polo SNL do Concello de Vigo e que se desenvolverán de xullo a setembro. Animámosvos a participar, veredes como o verán é un bo momento para que os nosos cativos VIVAN EN GALEGO!
Premer no título para acceder ó calendario.

domingo, 19 de xuño de 2011

Novidades editoriais.

http://www.editorialgalaxia.es/actualidade/nova.php?id_noticia=1625

http://dl.dropbox.com/u/22728933/V%20Premio%20Diario%20Cultural%20de%20Teatro%20Radiof%C3%B3nico.doc

http://dl.dropbox.com/u/22728933/Despois%20da%20medianoite.doc

http://dl.dropbox.com/u/22728933/Un%20dedo%20manchado%20de%20tinta.doc

http://dl.dropbox.com/u/22728933/Lois%20Pereiro.%20N%C3%A1ufrago%20do%20para%C3%ADso.doc

Letras Galegas e Internet ,un salto adiante.


http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas_internet_salto_adiante
Este informe recolle o conxunto de relatorios breves sobre as actuais ferramentas tecnolóxicas existentes en galego e sobre novos produtos informáticos que se están a desenvolver nesta lingua presentados na xornada
Letras Galegas e Internet, que tivo lugar o 19 de maio de 2011 no Centro Multimedia de Galicia, en Santiago de Compostela.
Esta xornada informativa foi organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e coa Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia.

domingo, 5 de xuño de 2011

UNHA LINGUA INDIGNADA.

“Queremos transformar a nosa indignación colectiva en futuro para a lingua, en esperanza”. Así o aseguraba onte Tina Formoso, voceira da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que onte celebraron no Museo do Pobo Galego de Compostela os seus vinte anos de actividade e renderon homenaxe a Fernández Paz.

EN VIGO FÁLASE: A OPINIÓN: OS PREXUIZOS POSITIVOS.

EN VIGO FÁLASE

martes, 24 de maio de 2011

VERMÚ REGUEIFEIRO

REVISTA "LINGUA VIVA" : ARTIGO CAMPAÑA DA CGENDL.

A revista " Lingua Viva", boletín do SNL do Concello de Vigo, publica co cartaz da campaña en portada, e no interior, nás páxinas 10 e 11, un artigo sobre a campaña da CGENDL en contra dos prexuizos e en prol de actitudes lingüísticas positivas.
Covidámosvos a lelo , asi como o resto dos artigos que son ben interesantes e de utilidade para a nosa tarefa educativa.

EXPOSICIÓN: " LOIS PEREIRO LÍRICA PUNK", VERBUM.

O pasado 12 de maio de 2011, co gallo da celebración do Día das letras Galegas 2011, o Verbum – Casa das Palabras inaugurou a exposición Lois Pereiro. Lírica Punk.

Lírica Punk, non é unha exposición ao uso, Lois Pereiro, tampouco foi un poeta ao uso. A súa obra compón un universo creativo singular, unha cartografía da emoción humana na que o poeta teceu as súas vivencias persoais cos fíos da cultura universal. Un territorio inquietante, que invita a ser explorado. Para facelo, construímos un camiño de entrada, a través dunha metáfora tan presente na vida do poeta como a do tren. En cada parada, atoparedes referentes, linguaxes, temas, símbolos e imaxes que vos achegarán á vida e á obra de Lois Pereiro. 
Convidámosvos a comezar con nós esta viaxe!   

A súa imaxe é un resumo perfecto dos complicados anos 80, o punk, o pop, a apertura ás influencias europeas, a renovación da poesía galega, a colza, a droga, todo un rosario de elementos que caracterizaron unha xeración completa de Galicia.

Dende o Departamento Educativo de Verbum - Casa das Palabras animámosvos a participar nas visitas comentadas organizadas ao redor da exposición.

Datas: do 18 de maio ao 26 de xuño de 2011
Destinatarios: Educación secundaria, bacharelato ou equivalentes.  
Temporización: 45 min
Información e reserva: Tf. 986 240 130 ou en verbum@vigo.org
Entrada de balde

domingo, 22 de maio de 2011

RECORDATORIO: 1991-2011: vinte anos dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

A CGENDL está a organizar o acto 1991-2011: vinte anos dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que terá lugar o vindeiro sábado 4 de xuño ás 11:30 da mañá no Museo do Pobo Galego. Esta xornada ten como finalidade darlle visibilidade pública ao traballo feito polos ENDL ao longo de todos estes anos e agradecer o labor dos docentes, o alumnado e os colaboradores que os conformaron e conforman. Ademais, neste acto queremos expresar a nosa gratitude e recoñecemento público a Agustín Fernández Paz polo seu papel, precursor e activo, no ámbito da normalización lingüística no ensino. Para asistir cómpre enviar os datos persoais (nome e apelidos e centro escolar) ao enderezo correo@coordinadoraendl.org.
Así mesmo, achegamos un tarxetón dirixido ás familias que ten como obxectivo agradecer a súa colaboración na tarefa educativa desenvolvida polos equipos en todo este tempo, así como valorizar o traballo desenvolvido no voso centro e convidar ás familias a seguir participando neste labor colectivo. O tarxetón está preparado para que se poidan facer tres copias por folla e a dobre cara e deixa espazo para inclusión do  logotipo do voso equipo ou do selo dos vosos centros.
Pinchar no enlace.

luns, 16 de maio de 2011

ADQUISICIÓN GRATUITA PARA OS CENTROS DO LIBRO: TOPONIMIA DO VAL DO FRAGOSO

O pasado 10 de maio presentouse, na Biblioteca Xosé Neira Vilas, o volume sobre Lavadores, da colección da toponimia do Val do Fragoso.
Este libro, froito da colaboración da Universidade de Vigo e da
Concellería de Normalización Lingüística, está dispoñible para a cidadanía.
Poden conseguir un exemplar nas dependencias do Servizo de Normalización Lingüística (1º andar da Casa do Concello, praza do Rei, núm. 1) ou ben enviando un correo electrónico a: ofi.normalizacion@vigo.org
indicando: o nome da persoa solicitante, centro escolar e os datos completos dun enderezo postal para envialo.

TEATRO " PELOS NA LINGUA"


O Servizo de Normalización, xunto con TALÍA TEATRO oferta aos centros de ensino a obra Pelos na lingua, obra que fala dos usos e abusos que sofre a lingua galega.
Comedia que, dalgún xeito, pode considerarse a segunda parte de Bicos con lingua, por se traballar o mesmo tema coa mesma estrutura, aínda que dende un enfoque distinto.

Dirixida a: alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos formativos
Data da representación: 3 de xuño (venres)
Hora: 12:30 h
Duración: 50 minutos
Lugar: auditorio municipal (Casa do Concello, praza do Rei, núm. 1)
Número máximo de alumnos/as por centro: 401

Datas para reservar prazas no auditorio: 25, 26 e 27 de maio, de 13:00 a 14:00 h, no teléfono 986 81 02 81

sábado, 14 de maio de 2011

CORRELINGUA 2011

Centos de alumnas e alumnos dos centros educativos vigueses asistiron na mañá do día 12 ó "Correlingua 2011", unha carreira pola lingua na que os xoves, nenas e nenos, mozas e mozos da nosa cidade reinvindican o seu dereito a aprender, a estudar, a falar, a disfrutar e a vivir na lingua de noso. O acto discurriu polas principais vías da cidade, nun exemplo de civismo e comportamento que abraiou e solidarizou a viandantes e conductor@s. Os políticos, presentes no acto de saída, amosaron o seu compromiso coa mocidade, co ensino e coa lingua. O acto rematou no parque de Castrelos, onde tivo lugar un espectáculo que engaloiou a tódol@s presentes.
Os cativos foron convidados a froita, a cantar e bailar, a rir, a escoitar e a falar, a convivir con nen@s doutros centros de ensino, e a disfrutar dunha xornada escolar diferente, na que a aprendizaxe da lingua, como vehículo da xornada, pero tamén de valores, de normas e pautas de comportamento, de civismo, de convivencia responsable, educación vial, hábitos alimenticios e de saúde, fixeron que o traslado das aulas ás rúas se convertese nunha clase interdisciplinar donde as competencias básicas tiveron un papel principal, e converteron un acto lúdico-festivo nun aula ó aire libre que vive ventos de futuridade e esperanza.

 











venres, 13 de maio de 2011

ACTIVIDADES DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

SÁBADO 14 MAIO - VIGO

“Como botarse a falar galego nun espazo urbano”. O obradoiro, de dúas horas de duración, comezará ás 17 horas e, está moi especialmente dirixido á mocidade, mais poderá acudir calquera persoa interesada en o facer.

Enderezo: (Abeleira Menéndez 28, debaixo do Concello, entrada á Ferrería)

MARTES 17 DE MAIO- VAL MIÑOR

Concentración na Ramallosa-Nigrán , ás 11.30 horas con lectura de poemas de Lois Pereiro e textos de Castelao.

MARTES 17 DE MAIO - VIGO

Concentración na praza da Princesa, ás 11.30 horas con lectura de poemas de Lois Pereiro, textos de Castelao, e música. 



CREACIÓN DO CMIO E ACTIVIDADES QUE VAI DESENVOLVER.

No marco das actividades dinamizadoras da lingua galega que teñen como destinataria a poboación escolar viguesa, o SNL está desenvolvendo accións dirixidas a fomentar o uso da lingua galega a través da improvisación, for a regueifa e for o rap, que están callando entre a mocidade dun xeito ben positivo.
O interese demostrado polo alumnado, a súa activa participación e solicitude de incrementar en maior número de actividades e oferta diferente, levan a crear o Centro municipal de improvisación oral, CMIO,  xunto coa Concellería de Xuventude. Este centro, cuxas dependencias están na Casa da Xuventude -rúa López Mora, 31-, vai iniciar a súa andaina o 20 de maio.

O Centro municipal de improvisación oral ofertará dobre programación formativa:
1.- En horario escolar
Dirixida a centros de primaria: alumnado de ciclo superior
Horario: martes de 11:00 a 12:00 h e de 12:00 a 13:00 h
2.- Fóra do horario escolar
Dirixida a mozos e mozas que, de xeito individual, queiran incrementar a formación dada nos obradoiros escolares
Horario: venres de 18:30 a 19:30 horas
Para se anotaren deberán chamar á Casa da Xuventude