Rematou o curso escolar e desde a CDEDLG de Vigo e bisbarra queremos agradecervos a tod@s a vosa participación, colaboración e valiosísima axuda nesta a nosa tarefa de divulgación de actividades en prol da promoción e uso da lingua de noso. Profesores e profesoras, que día a día adicaron un tempo para achegarse a este blogue, e perderon outro tanto en compartir as súas experiencias e informar para o ben común, espallando, de xeito altruista, o seu bo facer nas aulas entre os compañeiros e compañeiras doutros centros e bisbarras. A tarefa continúa o vindeiro curso, e contamos de novo con tod@s vós, pois só temos comenzado o vieiro, agora hai que facer camiño, e ainda o traxecto é longo na recuperación e dignificación da nosa lingua e do noso labor docente.
Aquí seguiremos, ao pé do ordenador, para recibir, distibuir e compartir con tod@s vós a información que queirades achegarnos desta realidade que facemos xunt@s, traballar a esgalla para que esta iniciativa de colaboración conxunta no traballo docente non esmoreza.Parabéns polo voso traballo! Grazas! e Felices vacacións a tod@s!
CDEDLG de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario