|
||||||||||||||||||||||||||||||||
|
xoves, 10 de marzo de 2016
Queremos Galego convoca unha concentración contra a sentenza do TSXG contra o galego en Lugo
PRESENTACIÓN DA NOVELA AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA
AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA
O vindeiro
venres 11 de marzo, ás 20,00 horas, en Librouro (Eduardo Iglesias, 12 - Vigo).
A autora
estará acompañada polo editor Francisco Castro.
Estaremos encantados de contar coa súa
presenza.

xoves, 3 de marzo de 2016
Concurso-Exposición Letras Galegas 2016
http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0026/concurso-exposicion-letras-galegas-2016
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2016, Manuel María Fernández Teixeiro, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu. Finalizado o prazo de presentación de orixinais e reunido o xurado, que lle comunicou o seu ditame á Secretaría, faise pública a resolución da dita convocatoria.
BIBLIOTECAS VIVENTES: GRANDES TESOUROS
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de
Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Bibliotecas Viventes “Grandes tesouros”
Unha Biblioteca Vivente é unha biblioteca na que os libros son persoas; persoas con
historias singulares, coñecementos e experiencias sobranceiras en determinados
campos. A intención desta actividade, desta Biblioteca Vivente, é evidenciar a existencia
de prexuízos lingüísticos para poder rachar con eles, dignificar a nosa lingua e fomentar
o seu uso entre a mocidade. O catálogo de libros-persoa está artellado en tres
apartados: neofalantes, galegos/as convencidos/as e tesouros vivos.
Datas: 30 (mércores) e 31 (xoves) de marzo
Horario: hai que escoller un horario, 1 sesión por centro de ensino
de 10:00 a 11:40
de 12:00 a 13:40
Dirixido a: alumnado 4.º ESO e Bacharelato
Número de participantes: máximo 72 en cada sesión
Lugar de realización da actividade: no Verbum (avda. Samil, 17).
O transporte do alumnado ao Verbum vai pola conta do centro escolar
Os datos que se van pedir cando chamen por teléfono para solicitar a actividade son:
1.- número exacto de alumnos/as
2.- centro escolar
3.- persoa de contacto para esta actividade e correo electrónico desta persoa de
contacto
4.- teléfono de contacto. Por mor da premura nas datas, por favor se se pode dar un
tfno. persoal e non do centro, agradecémolo. Así evitamos chamadas aos centros e
axilizamos a reserva das “lecturas”
Para solicitar a actividade é necesario que chamen ao
teléfono 986 81 02 81 os días 10 (xoves), 11 (venres) de marzo
de 13:00 a 14:00
X Proxecto Didáctico Antonio Fraguas
http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0031/proxecto-didactico-antonio-fraguas
A Fundación Antonio Fraguas Fraguas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a décima edición do proxecto didáctico encamiñado á realización dun programa de pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico do contorno inmediato entre os centros escolares de Galicia.
O prazo de presentación de proxectos remata o 31 de maio de 2016
mércores, 17 de febreiro de 2016
OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN TEATRAL
A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de
improvisación teatral, de 21 horas.
O teatro e a vida non están tan afastados como semella. Todos os días empregamos
distintos recursos expresivos e amosamos aspectos da nosa personalidade diferente en
función do contexto no que nos atopemos. Somos, dalgún xeito, actrices e actores das
nosas vidas. Neste obradoiro tomaremos consciencia desta semellanza, trasladando
eses recursos que utilizamos na nosa vida cotiá e un espazo ficcional.
Este obradoiro está destinado a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no
eido das artes escénicas.
Haberá dúas charlas explicativas (co mesmo asunto), previas ao obradoiro; nas que
se achegarán os contidos e as dinámicas de traballo aos potenciais participantes do
obradoiro:
- 23 de febreiro (martes) de 18:30 a 20:30 na Casa da Xuventude (r/ López
Mora, 31)
- 3 de marzo (mércores) de 18:30 a 20:30 na Oficina Municipal de Distrito do
Casco Vello (r/ Oliva, 12)
Non é necesaria inscrición previa para asistir ás charlas.
Desenvolvemento das charlas explicativas previas:
1. Introdución ao obradoiro
➔ Ligazóns entre a vida cotiá e o teatro
➔ O teatro como recurso expresivo no entorno social
➔ Nacemento do teatro e das fábulas como ferramenta de aprendizaxe e
achegamento ao sobrenatural
➔ O teatro na historia, dende o teatro ritual, traxedias gregas, teatro isabelino,
corrais de comedia, commedia dell'Arte, teatro relixioso, e a súa repercusión
social
➔ Explicación dos contidos do obradoiro
2. Xogos de dinámica grupal cos asistentes á charla
➔ Xogos de presentación
➔ Xogos de acción-reacción
➔ Xogos de equilibrio espacial
➔ Amebas
3. Pequenas impros sinxelas de carácter cómico nas que poidan participar varios
dos asistentes
O obradoiro terá lugar os días 12, 19, 26 de abril; 3, 10, 24, 26 de maio, de 17:00 a
20:00, no Instituto Municipal de Educación (Camiño do Chouzo, 2)
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA
Obradoiro de
Escrita Creativa.-
A idea do obradoiro de Escrita Creativa é achegar aos mozos e
mozas á literatura, tanto á escrita como á lectura, a través de pequenos
exercicios que van dende xogos de
escrita creativa ata intervencións de inspiración artística con base na
literatura, pasando pola elaboración de textos propios e a creación en diversos
formatos / audio, vídeo) relacionados con libros ou de creación propia.
A través destas actividades buscase que a relación coa
literatura sexa unha experiencia singular, que os emocione e sorprenda. A
literatura pode cambiar o noso mundo porque con ela podemos cambiar o que nos
rodea: podemos lanzar o noso propio xornal,crear poemas visuais, regalar anacos
de novelas, etc. Este é un obradoiro para espertar o amor pola literatura.
Datas: 4,11,12 de marzo
Horario: 17:30 -20:30 h
Idades: a partir de 13 anos
Lugar: Casa da Xuventude
sábado, 16 de xaneiro de 2016
REUNIÓN DOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN DE VIGO E BISBARRA E A CONCELLERÍA DE NORMALIZACIÓN DO CONCELLO DE VIGO
Avánzase que a reunión terá lugar o martes, 19 de
xaneiro, ás 6:30 no Instituto Municipal de Educación (IME), camiño do Chouzo, 2 En próximas datas achegarase a orde do día
ACTIVIDADES DIDÁCTICAS PARA O ENTROIDO
Prezados/as amigos/as,
A páxina web da CGENDL acolle unha vez máis un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nos centros escolares e nas casas: http://coordinadoraendl.org/entroido/index.php. Neste sitio web reunimos recursos didácticos de diferente fasquía como actividades, vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións, etc. Concibido como un espazo colaborativo, o monográfico está aberto ás vosas achegas; por iso, pedímosvos que nos remitades novos materiais elaborados nos vosos e noutros centros, que serán identificados ou redireccionados convenientemente.
Neste mesmo sentido, lembrámosvos que a CGENDL mantén unha páxina de recursos de acceso libre para todo o profesorado: http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_rec.php. Esta plataforma colaborativa só ten sentido se serve de punto de encontro para compartirmos materiais, experiencias e propostas de actividades que consideredes que poden ser de utilidade para traballar tanto nas diferentes áreas do currículo como nas diferentes actividades que levan a cabo os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Podedes facelo a través dun formulario (http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_subir.php) ou a través do noso correo: correo@coordinadoraendl.org.
Desta volta, queremos pedir expresamente materiais de:
Consello Directivo en funcións
CGENDL
A páxina web da CGENDL acolle unha vez máis un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nos centros escolares e nas casas: http://coordinadoraendl.org/entroido/index.php. Neste sitio web reunimos recursos didácticos de diferente fasquía como actividades, vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións, etc. Concibido como un espazo colaborativo, o monográfico está aberto ás vosas achegas; por iso, pedímosvos que nos remitades novos materiais elaborados nos vosos e noutros centros, que serán identificados ou redireccionados convenientemente.
Neste mesmo sentido, lembrámosvos que a CGENDL mantén unha páxina de recursos de acceso libre para todo o profesorado: http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_rec.php. Esta plataforma colaborativa só ten sentido se serve de punto de encontro para compartirmos materiais, experiencias e propostas de actividades que consideredes que poden ser de utilidade para traballar tanto nas diferentes áreas do currículo como nas diferentes actividades que levan a cabo os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Podedes facelo a través dun formulario (http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_subir.php) ou a través do noso correo: correo@coordinadoraendl.org.
Desta volta, queremos pedir expresamente materiais de:
- orientación educativa,
- alumnado con Necesidades Educativas Especiais,
- acollida lingüística e sociocultural para alumnado
inmigrante,
- comprensión e expresión lectora e escrita.
- Axudas ao fomento do galego nos centros non
universitarios. Curso 2015-2016. Convoca: SXPL (Xunta de Galicia): http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0164-101215-0001_gl.pdf
- Convocatoria para a realización de proxectos de
innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade
da Consellería para o curso académico 2015/2016: http://www.edu.xunta.es/portal/node/17925
Consello Directivo en funcións
CGENDL
CELEBRANDO A PAZ. EDITORIAL GALAXIA
|
||||||||||||||||
|
||||||||||||||||
|
||||||||||||||||
|
||||||||||||||||
luns, 23 de novembro de 2015
CARTAS AO APALPADOR
Escribide as vosas cartas!
O Apalpador
Apdo. 7070
15002 A Coruña
Outro ano máis, todas as
cartas que recibamos entrarán no Premio de Cartas ao Apalpador. Só tendes que
enviar a vosa carta ao apartado 7070 da Coruña. Valoraremos as máis inxeniosas,
as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos.
Como non se trata dun
concurso de misses, non vale pedir
«… a paz no mundo»,
«… que non haxa máis
guerras»,
«… a cura de todas as
enfermidades»
nin «… que o ano que vén me
porte mellor…».
Todo isto está moi ben, pero
ese desexo xa llo supomos a todos vós (e nós).
Tampouco imos valorar os
adornos das cartas, poden facerse, craro que si! Pero non se premiarán as
mellor adornadas, ou por que sexan máis bonitas.
Tamén é importante pór a
idade, pois clasificarémolas por tramos.
O concurso está aberto a
todo o mundo que lle escriba ao Apalpador, mais está destinado principalmente a
estudantes de infantil, primaria e primeiro ciclo de ESO.
Tamén poderán participar
grupos cunha carta común; pensamos en aulas, asociacións, clubes, familias, ou
mesmo unha panda de colegas.
As gañadoras ou gañadores
saberánse logo do 31 de decembro, Noite do Apalpadoiro, a través deste sitio
web: www.apalpador.gal ou www.apalpador.com
Se alguén quere escribilas
no noso papel de carta ao Apalpador non teñen máis que pórse en contacto
connosco para facerllo chegar, son de balde, só hay que facernos chegar o
importe do envío.
ACTIVIDADE TOPO QUE?
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Topo que?
Este obradoiro contén unha serie de actividades coas que se pretende
que o alumnado comprenda conceptos como topónimo e toponimia, que saiban
identificar un topónimo e que sexan capaces de clasificalos segundo o seu
significado.
Farase fincapé na importancia que teñen os topónimos como
localizadores e a súa dimensión como patrimonio inmaterial a conservar.
Duración: 90 minutos
Dirixido a: alumnado de primaria 5.º
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino, na propia aula. Traballarase en grupos de 4 ou 5 alumnas/os, polo
que se necesitará agrupar as mesas no caso de que sexan individuais
Necesidades técnicas da actividade: farase uso do
encerado. O alumnado deberá dispór de: lapis, gomas, folios, pinturas, tesoiras
e cinta adhesiva e ordenador (lectura
documentos pdf e power point) con proxector e altofalantes
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade
poden consultar con Marta Álvarez 608 05
71 87 (c.marta.ap@gmail.com)
Para cuestións relacionadas coa solicitude da actividade
dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística 986 81 02 81
Para solicitar a actividade é
necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 25 de novembro ao
correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por
correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 25 de
novembro a partir das 9:30 e até as 14:00
Na reunión de equipos de dinamización e normalización lingüística
que tivo lugar o pasado martes 29 de setembro de 2015, acordouse o seguinte
verbo da adxudicación das actividades programadas polo SNL.
"Os centros que asisten ás xuntanzas de coordinación e
solicitan as actividades conforme co horario establecido na solicitude,
terán PREFERENCIA sobre o resto dos centros á hora de se adxudicaren as
actividades".
Amais: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos
centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso
escolar.
Vigo, 18 de novembro de 2015
Normalización
Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22
06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org /
http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de
participación na actividade:
Topo que? para primaria 5.º
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 25 de novembro
a partir das 9:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 25
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 16) para a
participación na actividade.
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
_____ 30 novembro (luns) 9:30 _____ 4 decembro
(venres) 9:30
_____ 30 novembro (luns) 12:00 _____ 4 decembro
(venres) 12:00
_____ 1 decembro (martes) 9:30 _____ 9 decembro
(mércores) 9:30
_____ 1 decembro (martes) 12:00 _____ 9 decembro
(mércores) 12:00
_____ 2 decembro (mércores) 9:30 _____ 10 decembro (xoves)
9:30
_____ 2 decembro (mércores) 12:00 _____ 10 decembro (xoves)
12:00
_____ 3 decembro (xoves) 9:30 _____ 11 decembro
(venres) 9:30
_____ 3 decembro (xoves) 12:00 _____ 11 decembro
(venres) 12:00
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
OBRADOIRO DE REGUEIFA PARA PRIMARIA
Á atención do Equipo de Dinamización Lingüística
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Obradoiro de regueifa
para primaria
Achegamento
á improvisación oral, ao ritmo, rima, aos xogos de palabras... a través da
regueifa de man de Luís O'Caruncho e Pinto de Herbón.
Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de 6.º de primaria
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino
Necesidades do profesorado do obradoiro: unha pizarra
ou veleda
Para calquera dúbida sobre esta actividade poden poñerse en
contacto con Carlos Alonso 986 46 70 53
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 26 de novembro ao correo electrónico
actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 26 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Na
reunión de equipos de dinamización e normalización lingüística que tivo lugar o
pasado martes 29 de setembro de 2015, acordouse o seguinte verbo da
adxudicación das actividades programadas polo SNL.
"Os
centros que asisten ás xuntanzas de coordinación e solicitan as actividades conforme
co horario establecido na solicitude, terán PREFERENCIA sobre o resto dos
centros á hora de se adxudicaren as actividades".
Amais:
os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos
que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.
Normalización
Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22
06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org /
http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de
participación na actividade:
Obradoiro de regueifa para
6.º de primaria
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 26 de novembro
a partir das 9:30 e até as 14:00
Importante: non
se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é
obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono: ____________________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 50
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 14) para a
participación na actividade:
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
______ 30 novembro (luns) 9:30 ______ 9 decembro
(mércores) 9:30
______ 30 novembro (luns) 12:00 ______ 9 decembro
(mércores) 12:00
______ 1 decembro (martes) 9:30 ______ 11 decembro
(venres) 9:30
______ 1 decembro (martes) 12:00 ______ 11 decembro
(venres) 12:00
______ 2 decembro (mércores) 9:30 ______ 14 decembro (luns)
9:30
______ 2 decembro (mércores) 12:00 ______ 14 decembro (luns) 12:00
______ 4 decembro (venres) 9:30
______ 4 decembro (venres) 12:00
Importante: a Concellería de Normalización
Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s
admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
domingo, 18 de outubro de 2015
ACTIVIDADE 1º E 2º DE PRIMARIA: O SOÑO DE ESTHER
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- O soño de Esther
Baixo a idea de que
os contos están para vivilos, Miguel Ángel Alonso Diz, achéganos esta e outras
historias coas que poderemos aprender dun xeito divertido as vogais, puntos
cardinais, os números e o amor pola nosa lingua.
A actividade leva
asociado un taller de “pintar con luz ou lightpainting”, coa que, facendo uso
da imaxinación e a creatividade, o alumnado poderá trazar no aire vogais,
letras e mesmo facer debuxos.
Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de primaria (1.º e 2.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino
Necesidades técnicas da actividade: dispor dun espazo
que poida quedar a escuras para poder realizar a actividade
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade
poden consultar con Miguel Ángel Alonso Diz 678 78 77 11
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 16 de outubro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 16 de outubro a partir das 9:30 e até as 14:00
Na reunión de equipos de dinamización e normalización lingüística
que tivo lugar o pasado martes 29 de setembro de 2015, acordouse o seguinte
verbo da adxudicación das actividades programadas polo SNL.
"Os centros que asisten ás xuntanzas de coordinación e
solicitan as actividades conforme co horario establecido na solicitude,
terán PREFERENCIA sobre o resto dos centros á hora de se adxudicaren as
actividades".
Amais: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos
centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso
escolar.
Solicitude de
participación na actividade:
O soño de Esther para
primaria (1.º e 2.º)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 16 de outubro
a partir das 9:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 25
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 20) para a
participación na actividade.
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
_____ 23 outubro (venres), ás 9:30 _____ 3 novembro (martes),
ás 9:30
_____ 23 outubro (venres), ás 12:30 _____ 3 novembro (martes), ás
12:30
_____ 26 outubro (luns), ás 9:30 _____ 4 novembro
(mércores), ás 9:30
_____ 26 outubro (luns), ás 12:30 _____ 4 novembro
(mércores), ás 12:30
_____ 27 outubro (martes), ás 9:30 _____ 5 novembro (xoves),
ás 9:30
_____ 27 outubro (martes), ás 12:30 _____ 5 novembro (xoves), ás
12:30
_____ 28 outubro (mércores), ás
9:30 _____ 6 novembro
(venres), ás 9:30
_____ 28 outubro (mércores), ás
12:30 _____ 6 novembro
(venres), ás 12:30
_____ 29 outubro (xoves), ás 9:30 _____ 9 novembro (lunes),
ás 9:30
_____ 29 outubro (xoves), ás 12:30 _____ 9 novembro (lunes),
ás 12:30
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
VI DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Prezados/as
amigos/as,
A
Coodinadora Galega de ENDL convídavos a participar na videoconferencia
que, con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego,
organiza a CGENDL para o vindeiro mércores 4 de novembro. Esta actividade vai dirixida ao 2º ciclo da ESO e a Bacharelato,
mais xa estamos traballando para pechar unha
videoconferencia para o 3º ciclo de Primaria e o 1º ciclo da ESO,
da que daremos cumprida información no seu momento, tamén en http://www.coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2015/videoconferencias.php.
Descrición
da actividade
- Título: A máquina que constrúe a mente e a realidade.
- Relator: Xurxo Mariño Alfonso. Biólogo e Doutor
en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998)
e profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. É
especialista en neurofisioloxía e forma parte do grupo de investigación
Neurocom, entre outros.
- Sinopse: Todo o que somos cada un de nós, o que
percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha
construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o
encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que
utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear
a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu"
cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?
- Destinatarios: alumnado do 2º ciclo da ESO e
Bacharelato. Intervención do poñente no encontro TEDxGalicia 2012: https://www.youtube.com/watch?v=RJCFKnq3Giw
- Data e hora: mércores 4 de novembro entre as 12:30h e
as 13:30h.
Necesidades
técnicas dos centros:
- Ordenador con conexión a internet (recomendado con
cabo, non con wifi) e altofalantes, canón proxector e pantalla e software:
versión actualizada do plugin de Adobe Flash Player.
- Desconexión das aulas Abalar durante o transcurso da
videoconferencia e as probas previas no propio centro.
Proceso
de inscrición
1.- Por motivos organizativos, os centros interesados (ata un máximo de 100) deben enviar un correo a correo@coordinadoraendl.org indicando os seguintes datos:
1.- Por motivos organizativos, os centros interesados (ata un máximo de 100) deben enviar un correo a correo@coordinadoraendl.org indicando os seguintes datos:
- nome do centro,
- departamentos/docentes implicados,
- niveis educativos en que se vai desenvolver a
actividade,
- número de alumnos/as implicados/as,
- profesor/a de contacto (tamén correo), e
- observacións (dúbidas, suxestións...)
2.-
Posteriormente recibirán un correo no que se lles informará do enderezo URL da
Sala Virtual e se lles dará as instrucións pertinentes.
Samaín
2015
Partillamos
con todos vós os materiais con actividades de comprensión lectora e de plástica
elaborados polo CEIP Galán e o CEIP Milladoiro para o Samaín 2015: http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=recursos/rec282.php.
Saúdos
normalizadores
Consello Directivo en funcións
CGENDL
Consello Directivo en funcións
CGENDL
luns, 28 de setembro de 2015
MENSAXE DE BENVIDA DA CGENDL E DA CDEDLG DE VIGO
Prezados/as
amigos/as,
Dende
a CGENDL retomamos a comunicación con vós para, en primeiro lugar, darvos azos
para este novo curso. Tamén queremos animarvos a, un ano máis, darlle
continuidade ao traballo normalizador que estamos a desenvolver entre todos/as,
e -ao mesmo tempo- partillar recursos, actividades e experiencias que redunden
nese labor. E non debemos esquecer facerlle chegar á administración as
demandas dos Equipos e de todos/as os/as docentes que apostamos pola
normalización do galego no ensino.
Neste primeiro correo, aproveitamos para para informarvos de novos materiais e dunha nova cita formativa de interese:
Neste primeiro correo, aproveitamos para para informarvos de novos materiais e dunha nova cita formativa de interese:
- Calendarios e materiais
de planificación do curso: na nosa páxina podedes descargar o calendario escolar
2015-2016 (para os distintos niveis e en varios formatos e
temporalizacións): http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_calendario.php.
Igualmente, hai modelos de axendas escolares na zona de
"Recursos", ferramenta colaborativa na que vos convidamos a
colaborar con aqueles materiais, propostas e actividades que poden ser de
utilidade para o resto da comunidade educativa: http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_rec.php.
- Por outra banda, o Centro de Documentación
Sociolingüística de Galicia organiza os XVII Encontros para a
Normalización Lingüística os vindeiros 15 (de tarde) e 16
de outubro (todo o día) en Santiago de Compostela. O profesorado
que forma parte da CGENDL ten preferencia na inscrición. En breve,
enviaremos información detallada e atoparedes na páxina do Consello da
Cultura Galega o programa e o formulario de inscrición: http://consellodacultura.gal/.
- Renovación das
adscricións.
Pedímosvos que nos informedes dos cambios que se producen á fronte dos
Equipos e que lles indiquedes ás novas persoas coordinadoras que se poden
adscribir á CGENDL en http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rexistro_rex.php.
Saúdos
normalizadores
Coordinadora Galega de ENDL
Coordinadora Galega de ENDL
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







