luns, 23 de novembro de 2015

CARTAS AO APALPADOR

Escribide as vosas cartas!
O Apalpador
Apdo. 7070
15002 A Coruña

Outro ano máis, todas as cartas que recibamos entrarán no Premio de Cartas ao Apalpador. Só tendes que enviar a vosa carta ao apartado 7070 da Coruña. Valoraremos as máis inxeniosas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos.
Como non se trata dun concurso de misses, non vale pedir
«… a paz no mundo»,
«… que non haxa máis guerras»,
«… a cura de todas as enfermidades»
nin «… que o ano que vén me porte mellor…».
Todo isto está moi ben, pero ese desexo xa llo supomos a todos vós (e nós).

Tampouco imos valorar os adornos das cartas, poden facerse, craro que si! Pero non se premiarán as mellor adornadas, ou por que sexan máis bonitas.
Tamén é importante pór a idade, pois clasificarémolas por tramos.
O concurso está aberto a todo o mundo que lle escriba ao Apalpador, mais está destinado principalmente a estudantes de infantil, primaria e primeiro ciclo de ESO.
Tamén poderán participar grupos cunha carta común; pensamos en aulas, asociacións, clubes, familias, ou mesmo unha panda de colegas.

As gañadoras ou gañadores saberánse logo do 31 de decembro, Noite do Apalpadoiro, a través deste sitio web: www.apalpador.gal ou www.apalpador.com

Se alguén quere escribilas no noso papel de carta ao Apalpador non teñen máis que pórse en contacto connosco para facerllo chegar, son de balde, só hay que facernos chegar o importe do envío.


Ningún comentario:

Publicar un comentario