sábado, 20 de abril de 2013

«RECKLESS. VIDA NAS SOMBRAS» DE CORNELIA FUNKE

Cornelia FunkeTradución de Mª Xesús Bello XERAIS MILMANDA(1334511)
448páxinas
ISBN: 978-84-9914-499-3
P.V.P: 22,70 €
NOVIDADES MARZO 2013
«RECKLESS. VIDA NAS SOMBRAS» DE CORNELIA FUNKE SEGUNDA PARTE DE RECKLESS LOGO DE RECKLESS. CARNE DE PEDRA. A TENEBROSA HISTORIA CONTINÚA...
A marca da trilla sobre o corazón de Jacob escurece un pouco máis cada día: símbolo da condena a morte que lle infrinxira a Fada Escura por ousar pronunciar o seu nome. Murmurárallo a irmá da fada entre dous bicos. Ningún home foi condenado a morte de xeito máis tenro. Amor traizoeiro... O vermello sanguento que rodea a pegada da trilla lembra o crime polo que está a morrer. A trilla deberá trabarlle seis veces no peito antes de regresar onda a súa dona e deixar a Jacob só ante a morte. Dá comezo así a busca febril polo antídoto que o pode salvar. Unha carreira contra o tempo e contra o goyl Nerron. O goyl arela converterse no mellor buscador de tesouros do Mundo do Espello. Jacob, pola contra, só busca vencer a morte. A tenebrosa historia continúa...
Cornelia Funke
(Dorsten / Westfalia, Alemaña, 1958) estudou Pedagoxía e Ilustración en Hamburgo. Axiña comezou a traballar como ilustradora de contos infantís para despois centrarse na escrita dirixida a público xuvenil. É autora de máis de cincuenta libros e guións e actualmente vive en Los Ángeles (EE.UU.). Cornelia Funke é unha das autoras máis queridas e lidas no mundo. Coñecida como a "Rowling alemá" e elixida pola revista Times como unha das cen persoas máis influentes do planeta, xa vendeu máis de 14 millóns de exemplares das súas obras, entre as que destaca a triloxía Tintenwelt (Mundo de Tinta). En Xerais ten publicados os títulos: Reckless. Carne de pedra (Xerais, 2010), Premio Fervenzas Literarias 2010 ao Mellor libro Xuvenil-Infantil traducido ao galego; Reckless. Vida nas sombras (Xerais, 2013); O espírito do cabaleiro (Xerais, 2011) e o álbum ilustrado A princesa Sabela (Xerais, 2011). Máis información en www.corneliafunke.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario