sábado, 20 de abril de 2013

OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN ORAL

A Concellaría de Normalización Lingüística
organiza este obradoiro gratuíto
Comunicación oral

O 29 e 30 de abril no salón de actos do Instituto Municipal de
Educación-IME (camiño do Chouzo, número 2) de 17:00 a 19:30 h
Impartido por: Uxía Blanco
Para inscribirse deben chamar ao teléfono: 986 81 02 81 de 9:00 a 14:00 h
Dirixido a persoas adultas que queiran seducir coa voz
Obradoiro no que nos achegaremos a como comunicarnos en público: vencer o medo ao micrófono, como modular a voz, ordenar o discurso...
A linguaxe non verbal, a presenza, a brevidade...
Comunicación dende a lingua de noso, lingua que ten un valor engadido xa que nos permite comunicarnos con 240 millóns de persoas pertencentes a lusofonía.
Asemade, vencemos prexuízos como "no hablo en gallego, porque no lo hablo bien" ou "en galego só nos entenden a xente de aquí"

Ningún comentario:

Publicar un comentario