sábado, 20 de abril de 2013

«O MERLO DE FERRO» DE ANTÓN CORTIZAS

Antón CortizasIlustracións de Xosé CobasXERAIS MERLIN de 9 anos en diante(1343227)
56páxinas
ISBN: 978-84-9914-488-7
P.V.P: 11,00 €
NOVIDADES MARZO 2013

«O M
ERLO DE FERRO» DE ANTÓN CORTIZAS
ILUSTRADO POR XOSÉ COBAS
O
MERLO DE FERRO NON É UN MERLO CALQUERA, É CAPAZ DE CANTAR E VOAR POR ENRIBA  DOS VENTOS.

A forxa de Manuel ten unha xanela de vidros cadradiños e pequenos. Pegado a ela hai un banco ateigado de ferramentas: mazos, martelos, tenaces, alicates, parafusos, cravos… Ao outro lado da xanela o que hai son campos verdes e árbores verdes e montañas verdes. Os vidros da xanela semellan caramelos de menta. Un día, mentres o ferreiro vía a través dos vidros, na xanela póusase un paxariño. —É un merlo! –exclamou moi contento. A partir daquela Manuel decidiu facer un merlo de ferro, pero non un calquera, senón un que fose capaz de cantar e de voar por enriba dos ventos.

Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954),
mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer co relato "A media muller" co que obtivo o Premio Curuxa de Humor de Fene en 1986. Dende entón publicou, entre outras, as seguintes obras: O merlo de ferro (1995) (Xerais 2013); Leonel (Xerais 1996); A merla de trapo (Xerais 2001), Premio Merlín 2001; Onde o sol non adormece (Xerais 2003) e Vaia tropa! (Xerais 2011). Como investigador publicou Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares (Xerais 2001), Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota (Xerais 2010) e Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais (Xerais, 2013).

Xosé Cobas Gómez
(Logrosa-Negreira, A Coruña, 1953) está vencellado profesionalmente ao mundo da pintura e o deseño gráfico. A comezos dos anos 80 toma contacto co mundo da ilustración, sobre todo na prensa e máis nas revistas, iniciándose na ilustración de literatura infantil e xuvenil, sen abandonar os rexistros pictóricos. Dende aquela publicou numerosos libros, gañou varios premios e participou en diversas exposicións en España e no estranxeiro. Entre os seus libros destaca, O libro das viaxes imaxinarias (Xerais 2008) Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil - Xuvenil), 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008. Máis información en: http://www.xosecobas.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario