O ENDLG do IES de Beade vén de crear unha voz en galego para os GPS da marca TomTom. A voz é de Irene Luaces, alumna de 3º ESO-C.
Unha interesante iniciativa que nos permite empregar a nosa lingua en actividades tan habituais coma os desprazamentos polas cidades.
A voz está compartida no servidor de TomTom, polo tanto podedes utilizar o programa TomTom HOME para descargala e instalala automaticamente no voso navegador GPS. Para buscar a voz escribide Irene-IES Beade ou poñede galego como filtro.
Seravos de moita utilidade, de seguro.
Para acceder ás instrucións de descarga e instalación premede neste enderezo:
http://centros.edu.xunta.es/iesbeade/ENDL/tomtom.htm
Parabéns, é unha voz moi agradable.
ResponderEliminarEu quero aportar outra voz, esta é a ligazón:
http://vocesgalegastomtom.blogspot.com
Vitiño