luns, 25 de xullo de 2011

IN VINO VERITAS


In vino veritas é un proverbio latino, cuxo significado podería traducirse como "no viño está a verdade". Tamén é coñecida a frase " Ἐν οἴνῳ ἀλήθεια", procedente do grego, cuxo significado é o mesmo. A frase completa sería "In vino veritas, in aqua sanitas" ("No viño está a verdade, na auga a saúde")
O autor da frase latina é Cayo Plinio Cecilio Segundo, máis coñecido como Plinio o Vello, mentres que a frase grega atribúese a Alceo de Mitilene.
Esta frase volve á actualidade por ser o título da nova novela de Francisco Castro.
In vino veritas segundo Francisco Castro é unha novela “furiosa” na que o autor intervén nun diálogo directo co lector, facendo uso dun recurso estilístico de seu ao que nos ten acostumados noutras obras como Spam ou Memorial do infortunio. A novela está protagonizada por Xulio Míguez, un detective sen vocación, amargado, namorado e solitario, que recibe a encomenda de atopar un famoso adegueiro desaparecido nos ambientes do sadomasoquismo máis tétrico. Ao tempo que se desenvolve a intriga principal, a novela pescuda nos límites da convención social levando ao lector polos escenarios da burguesía cidadá, facendo fincapé na visión que esta clase social ten da realidade que nos rodea. O detective Míguez serve ao autor para sacar á luz algunhas das corruptelas da sociedade contemporánea, “na que os medios de comunicación e os intereses empresariais mestúranse cos baixos instintos”, e tamén para facer unha crítica aberta e realista dunha sociedade que adoece de valores críticos, e asiste impasible á imposición de novos valores impostos desde o poder político a través dos medios de comunicación de masas, case reconvertido no primeiro poder, e que transmite que os contravalores son os valores positivos que a nova sociedade debe desenvolver: non pensar, berrar, insultar, revolver nas miserias máis profundas dun ser humano, sexan certas ou non, faltar á verdade e ao rigor moral e xornalístico, asistir impasible ao “ todo vale para conseguir cartos doadamente sen traballar ”,  é dicir:  “ á parvura colectiva que o telelixo está a provocar nunha cidadanía durmida” e que Castro nesta novela trata de espabilar.

Recomendamos a súa lectura por mor de espertar o sentido crítico que temos agachado trala "dolce far niente" que nos impón a sociedade actual. Un libro para pensar e debater nas aulas e fóra delas.

sábado, 23 de xullo de 2011

DÍA DA PATRIA GALEGA. HISTORIA.

O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén popularmente como Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia, Día da Patria ou Día da Patria Galega, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior. O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén popularmente como Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia, Día da Patria ou Día da Patria Galega, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.
As orixes desta celebración remóntanse a 1919, data na que se xunta en Santiago de Compostela a Asemblea das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte.
Durante a ditadura franquista, as sociedades galegas da emigración continúan esta convocatoria, e na Galiza o galeguismo concéntrase ó redor da tradicional misa por Rosalía de Castro na igrexa de Santo Domingo de Bonaval. Amais, durante esta época o día institucionalízase como festa oficial en toda España, baixo o nome de Día do Patrón de España, cun marcado carácter relixioso, aínda que trala transición deixou de ser oficial en todo o país.
En 1968 volveuse celebrar de novo, cunha manifestación na Alameda de Compostela. Serán o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG) os que se manifesten de forma clandestina para conmemorar o Día Nacional de Galicia que remataban con fortes enfrontamentos coa policía franquista, e coa entrada na democracia seguíronse a prohibir as manifestacións da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega) e BN-PG, xermes do actual Bloque Nacionalista Galego. Até mediados dos anos oitenta non foi permitida a manifestación do Día da Patria con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o 25 de xullo na capital galega. Actualmente os diferentes partidos nacionalistas da Galiza seguen a convocar manifestacións para ese día, baixo a denominación de Día da Patria, nas cales fan reflexións no tocante á situación política galega.

DÍA DA PATRIA GALEGA

O 25 de xullo celebrámo-lo día do noso país, unha data de fondo contido histórico que supón, en palabras de Castelao, "a festa maor de Galicia, a festa de todol-os galegos".
Para conmemorarnos esta data, Vieiros ven reproducindo dende o pasado 16 de xullo as proclamas publicadas no periódico A Nosa Terra, con motivo do Día de Galicia, no período comprendido entre 1920 e 1935.

Podedes lelas  facendo click no título ou no seguinte enderezo: http://vello.vieiros.com/25xullo/25xullo.html

xoves, 14 de xullo de 2011

PARTICIPACIÓN NO CELRM

O pasado 6 de xullo a CGENDL participou en Madrid na rolda de reunións que o Comité de Expertos da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM) mantivo coa administración e diferentes institucións e colectivos do ámbito da defensa e promoción da lingua galega para avaliar o cumprimento da CELRM por parte do Estado español durante o período comprendido entre os anos 2006 e 2010. A Coordinadora considerou importante facer oír a voz dos equipos nese foro e trasladarlles aos representantes europeos a nosa análise sobre a situación do idioma no ensino. Podedes consultar o informe e o dossier de prensa presentados en: 

VINTE ANOS DE ENDL. RESUMO. MONTAXE DOS TRABALLOS.

martes, 28 de xuño de 2011

LETRAS GALEGAS 2012: VALENTÍN PAZ ANDRADE.

O Plenario da Real Academia Galega (RAG) acordou, na sesión ordinaria do pasado 04.06.2011, dedicar o Día das Letras Galegas 2012 a Valentín Paz Andrade.

Valentín Paz Andrade foi un polifacético autor, cuxa obra abrangue os eidos literario, xornalístico, histórico e económico; ademais dun recoñecido activista do movemento galeguista. Presidiu o Grupo Autonomista Galego (1930), foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 e membro activo do Partido Galeguista.

Foi director do xornal Galicia e colaborou habitualmente nos xornais El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e La Noche. Foi ademais un prolífico ensaísta e poeta, con títulos como, por exemplo, Galicia como tarea (1959) ou Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985).

   Nado en  Lérez, Pontevedra 1898-Vigo 1987, exerceu como xurista, político e escritor galego. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela  e licenciouse en 1921. Introduciuse no mundo da literatura por medio do seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade. Este último presentoulle a Castelao, que influiría de forma relevante na súa obra.
  
Canto á súa actividade política, pasou a formar parte do movemento galeguista e en 1919 participou na II Asamblea Nacionalista. Foi presidente do Grupo Autonomista Gallego (1930) e militante e secretario, desde 1934,  do Partido Galeguista. Foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 e participou na redación do Estatuto de Galicia (1936).

   Xa na época da Restauración Borbónica fixo parte da Xunta Democrática, da Comisión dos 10 e da Plataforma de Organizaciones Democráticas. Asimesmo, foi senador por Pontevedra pola Candidatura Democrática Gallega nas Cortes Constituíntes (1977-1978).

   Grazas ao seu labor como xurista axudou, durante a Guerra Civil Española a moitos galeguistas a fuxir e defendeunos das penas que se lles imputaban. Foi desterrado a Verín, Castro Caldelas, A Pobra de Trives e finalmente a Badaxoz. Foi detido varias veces debido aos seus artigos e á súa orientación política.

   A respecto da súa actividade xornalística, cómpre mencionar que foi director do xornal Galicia (1922-1926), colaborador da Gaceta de Galicia, publicou tamén artigos políticos en El Pueblo Gallego, ademais de no Faro de Vigo e no xornal La Noche. Alén disto, foi director da revista Industrias Pesqueras (1942).

   Foi colaborador en O Ensino, Grial e Outeiro elaborando artigos literarios, nomeadamente sobre Castelao. Tamén redixiu artigos de carácter económico e político en El País, La Vanguardia e en Industrias Conserveras.

   Foi un dos principais promotores e logo vicepresidente do grupo industrial Pescanova. Exerceu tamén como técnico da FAO. Debido a isto publicou o primeiro tratado sobre Principios de economía pesquera (1954).

    Cómpre destacar o seu papel de escritor polifacético pois escribiu ensayos literarios, históricos e económicos, mostrando a súa preocupación polo progreso de Galicia, así como tamén redactou diversas obras especializadas en temas pesqueiros.

   Porén, non só se dedicou ao ensaio, pois Valentín Paz Andrade formou parte, asemade, da Xeración poética de 1925 onde observamos unha importante orientación patriótica. Algunhas das súas obras poéticas son Pranto Matricial (1954), Sementeira do Vento (1968) e Cen chaves de sombra (1979). Tamén fixo algunha incursión pola narrativa coa obra inédita Soldado da morte (1921).

   Como consecuencia de todo o seu labor, tanto xornalístico como literario foi galardoado en numerosas ocasións: en 1964 foi elixido membro da Real Academia Galega e da Academia Galega das Ciencias, recibiu o Pedrón de Ouro en 1975 e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1986), entre outros

venres, 24 de xuño de 2011

FELIZ VERÁN!

Rematou o curso escolar e desde a CDEDLG de Vigo e bisbarra queremos agradecervos a tod@s a vosa participación, colaboración e valiosísima axuda nesta a nosa tarefa de divulgación de actividades en prol da promoción e uso da lingua de noso. Profesores e profesoras, que día a día adicaron un tempo para achegarse a este blogue, e perderon outro tanto en compartir as súas experiencias e informar para o ben común, espallando, de xeito altruista, o seu bo facer nas aulas entre os compañeiros e compañeiras doutros centros e bisbarras. A tarefa continúa o vindeiro curso, e contamos de novo con tod@s vós, pois só temos comenzado o vieiro, agora hai que facer camiño, e ainda o traxecto é longo na recuperación e dignificación da nosa lingua e do noso labor docente.
Aquí seguiremos, ao pé do ordenador, para recibir,  distibuir e compartir con tod@s vós a información que queirades achegarnos desta realidade que facemos xunt@s, traballar a esgalla para que esta iniciativa de colaboración conxunta no traballo docente non esmoreza.
Parabéns polo voso traballo! Grazas! e Felices vacacións a tod@s!

CDEDLG de Vigo.

luns, 20 de xuño de 2011

VERÁN DE 4 A 4. XOGAS? EN GALEGO PODEMOS.

Adxuntámosvos actividades de promoción do uso da lingua de noso, promocionadas polo SNL do Concello de Vigo e que se desenvolverán de xullo a setembro. Animámosvos a participar, veredes como o verán é un bo momento para que os nosos cativos VIVAN EN GALEGO!
Premer no título para acceder ó calendario.

domingo, 19 de xuño de 2011

Novidades editoriais.

http://www.editorialgalaxia.es/actualidade/nova.php?id_noticia=1625

http://dl.dropbox.com/u/22728933/V%20Premio%20Diario%20Cultural%20de%20Teatro%20Radiof%C3%B3nico.doc

http://dl.dropbox.com/u/22728933/Despois%20da%20medianoite.doc

http://dl.dropbox.com/u/22728933/Un%20dedo%20manchado%20de%20tinta.doc

http://dl.dropbox.com/u/22728933/Lois%20Pereiro.%20N%C3%A1ufrago%20do%20para%C3%ADso.doc

Letras Galegas e Internet ,un salto adiante.


http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas_internet_salto_adiante
Este informe recolle o conxunto de relatorios breves sobre as actuais ferramentas tecnolóxicas existentes en galego e sobre novos produtos informáticos que se están a desenvolver nesta lingua presentados na xornada
Letras Galegas e Internet, que tivo lugar o 19 de maio de 2011 no Centro Multimedia de Galicia, en Santiago de Compostela.
Esta xornada informativa foi organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e coa Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia.

domingo, 5 de xuño de 2011

UNHA LINGUA INDIGNADA.

“Queremos transformar a nosa indignación colectiva en futuro para a lingua, en esperanza”. Así o aseguraba onte Tina Formoso, voceira da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que onte celebraron no Museo do Pobo Galego de Compostela os seus vinte anos de actividade e renderon homenaxe a Fernández Paz.

EN VIGO FÁLASE: A OPINIÓN: OS PREXUIZOS POSITIVOS.