sábado, 25 de outubro de 2014

ELABORACIÓN DE PAPEL RECICLADO ACTIVIDADE PARA 5 ANOS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias: Elaboración de papel reciclado


A través da reutilización e reciclaxe do papel usado, o alumnado participará na elaboración dun papel diferente e atractivo; asemade, isto nos axudará a reflexionar sobre o abuso das cortas de árbores e a proliferación de monocultivos.

Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de infantil (5 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 29 de outubro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 29 de outubro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h


Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartido o pasado curso escolar.


Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de papel reciclado para infantil (5 anos)


Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 29 de outubro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono: ____________________________


Número máximo de participantes nun grupo: 30

Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade:


Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

______ 3 novembro (luns), ás 9:30 h                  ______ 6 novembro (xoves), ás 9:30 h
______ 3 novembro (luns), ás 12:00 h                ______ 6 novembro (xoves), ás 12:00 h
______ 4 novembro (martes), ás 9:30 h              ______ 7 novembro (venres), ás 9:30 h
______ 4 novembro (martes), ás 12:00 h            ______ 7 novembro (venres), ás 12:00 h
______ 5 novembro (mércores), ás 9:30 h
______ 5 novembro (mércores), ás 12:00 h

Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

Convocatoria da Xunta de Galicia do concurso-exposición Letras Galegas 2015


https://dl.dropboxusercontent.com/u/22728933/bases%20concurso%20exposicion%20letras%20Galegas%202015%20.pdf

CLUB DE DEBATE CURSO 2014-15

Á atención do Equipo de Dinamización Lingüística
Información sobre Club de debate 2014-15
O Club de Debate é un proxecto para dinamización lingüística entre a mocidade. Está promovido desde varios concellos, coa colaboración dos ENDL dos centros de ensino secundario. Esta actividade xorde co fin de impulsar o uso oral do galego entre a mocidade, á vez que se consolidan foros de discusión sobre temas de actualidade e de interese social.
O Club de Debate está dirixido fundamentalmente aos centros de ensino secundario dos concellos que organizan a actividade. Busca ser un punto de encontro para a mocidade, unha oportunidade para coñecer a súa opinión sobre asuntos que lle afectan realmente e desmitificar a imaxe dunha mocidade pasiva, pouco participativa e pouco implicada nos problemas da sociedade. Defender ideas con palabras é unha forma de pór en valor as habilidades sociais tan necesarias hoxe en día e de potenciar a nosa lingua como ferramenta indispensable para defender as nosas ideas.

Obxectivos:
· Favorecer o emprego da lingua galega entre a mocidade, especialmente os usos orais en contextos formais e informais
· Potenciar a fluidez comunicativa ligada á oratoria
· Promover o pensamento crítico e analítico
· Fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo en equipo

O formato do Club de Debate está formulado como unha competición deportiva; é necesario crear un bo clima no equipo xa que o traballo colaborativo é básico no desenvolvemento da actividade. É necesario delegar tarefas e asumir responsabilidades, sempre dentro dunha competición contra reloxo en igualdade de condicións.
Os/as participantes deberán agudizar o enxeño para buscaren todas as argumentacións posibles para reforzaren as ideas, tamén facilita a capacidade de análise e de interpretación da realidade.
O Club de Debate desenvólvese en tres fases: local, comarcal e final (na que participan os centros gañadores de cada comarca). O premio final é unha excursión (con diferentes actividades culturais, deportivas, lúdicas...).
No transcorrer da competición o alumnado debaterá sobre temas escollidos polas e polos participantes da actividade. Na final haberá un tema lingüístico sobre o que debater por proposta da organización.

Unha vez máis, o SNL de Vigo, pídevos colaboración para participarmos no IV Club de debate (2014-15), no que agardamos a presenza de centros de ensino de concellos limítrofes.
Este primeiro correo é envío de información moi básica e pretende ser unha invitación a reflexionardes sobre a posibilidade de participar con alumnado do voso centro, e para apuntar o centro, se o considerades.
Cómprenos contarmos cun número suficiente de equipos interesados para artellar o certame de debate ben sexa na comarca de Vigo ben só no noso concello. Mais esta "intención-desexo" só será posible se hai participación e implicación dos centros de ensino, do profesorado e dos equipos de dinamización lingüística dos centros.
Agradeceriámosvos que, de estardes interesados nolo comuniquedes, ben por correo electrónico (ofi.normalizacion@vigo.org) ben por teléfono (986 81 02 81), antes do 8 de novembro.
Na páxina web do servizo (snl.vigo.org) tendes o regulamento e as bases de edicións pasadas. Achegámosvos o Regulamento do Club de debate, para que vos fagades unha primeira aproximación de non a coñecer. Este regulamento é da pasada edición, mais pouco ha de variar no seu contido final, que loxicamente achegaremos aos centros participantes inmediatamente.
Podedes encontrar máis información no facebook do “Club de debate” (imaxes das fases locais e comarcais, da excursión, da final do pasado ano en Compostela...).
Máis adiante, de termos centros interesados, artellaremos unha xuntanza para falarmos máis polo miúdo do tema.
Agradecémosvos a vosa colaboración, unha vez máis.


REGULAMENTO DEFINITIVO
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22728933/Regulamento%20definitivo%202012-13.pdf

VII Xornadas de materiais e recursos educativos / Videoconferencias do Día da Ciencia en Galego para Secundaria (mércores, 5 de novembro)

Prezados/as amigos/as,
Lembrámosvos, unha vez máis, que a CGENDL organiza, xunto coa Nova Escola Galega, as VII Xornadas de materiais e recursos educativos o 24 e 25 de outubro na Facultade de Ciencias da Educación da USC. Trátase dunha actividade recoñecida con 10h de formación homologada para o profesorado interesado e pódese participar como público e/ou presentar materiais e experiencias.
Así mesmo, temos o pracer de convidarvos a participar na videoconferencia para secundaria que, con motivo da celebración do V Día da Ciencia en Galego organiza a CGENDL para o vindeiro mércores 5 de novembro:
  • Título: A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego)
  • Relator: Manuel Caeiro Rodríguez. Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación. Profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo. Responsable da rede TELGalicia sobre innovación educative e da aplicación. Páxinas web: http://www.edu-area.com e http://www-gist.det.uvigo.es/~mcaeiro/
  • Sinopse: introducirase a historia da programación de ordenadores desde un punto de vista moi básico e práctico, comezando pola orixe do algoritmo dos árabes, pasando por Ada Lovelace (Byron), e pasando logo a Alan Turing para chegar á estrutura dos ordenadores actuais e aos paradigmas de computación máis empregados. Introduciremos ferramentas nas que é moi doado programar, como Scratch e Squeak, para que poidades facer os vosos programas, tamén en galego.
  • Destinatarios: alumnado do 2º ciclo da ESO e Bacharelato.
  • Data e hora: mércores 5 de novembro entre as 12:00h e as 13:00h.
Necesidades técnicas dos centros:
  • ordenador con conexión a internet (recomendado con cabo, non con wifi, e navegador recomendado Firefox) e altofalantes,
  • canón proxector e pantalla, e
  • software: Flash media player.
Por motivos organizativos, os centros interesados (ata un máximo de 100) debedes enviar un correo a correo@coordinadoraendl.org indicando os seguintes datos: 
  • Nome do centro,
  • Departamentos/docentes implicados,
  • Niveis educativos en que se vai desenvolver a actividade,
  • Nº de alumnos/as implicados/as,
  • Profesor/a de contacto (tamén correo), e
  • Observacións (dúbidas, suxestións, etc.).
 A continuación, recibiredes un correo no que se vos informará do enderezo URL da Sala Virtual e se vos dará as instrucións pertinentes.
 Saúdos normalizadores
Consello Directivo
CGENDL

BOLETÍN DA CGENDL (nº 4)


http://coordinadoraendl.org/limiar.php

7º CONCURSO DE RELATOS CIENCIA QUE CONTA 2014 (CQC14). A ESCRIBIR!!! | Ciencia que Conta


http://www.cienciaqueconta.com/7o-concurso-de-relatos-ciencia-que-conta-2014-cqc14-a-escribir/#.VDOkhq_BTR9.gmail

PROGRAMA DE RADIO TÍRALLE DA LINGUA


http://ghafos.blogspot.com.es/2014/10/fotos-do-programa-de-radio-dalle-lingua.html

NARF TRÍO

NARF TRÍO

PRESENTACIÓN DO LIBRO-DISCO “NAS TARDES ESCURAS”



NARF TRIO presenta o disco "Nas tardes escuras" (El Patito Editorial 2013), o máis recente traballo discográfico de  Fran Pérez "Narf", no que o cantor e compositor explora a poesía de Rosalía de Castro dun xeito innovador.

O grupo, que ofrece un directo fresco e contundente con L.A.R. Legido na batería e Alberte Rodríguez "Ho Chi Ming" no baixo, interpreta a Rosalía desde a linguaxe electrificada do rock cunha visión contemporánea e enérxica dos textos da poetisa.

O lanzamento do disco tivo gran repercusión na prensa, na radio e na tv, con críticas moi favorables.

" ...tensión eléctrica en los versos de Rosalía de Castro... Rosalía suena de otra manera: urgente, cortante, poco lacónica... Rosalía suena dolorida pero desafiante"  CAMILO FRANCO. LA VOZ DE GALICIA

" Narf sacude a Rosalía... Nas tardes escuras es Una pequeña joya musical...una singular sacudida energética rosaliana...el público podrá comprobar en su potente directo la particular interpretación que Narf ha hecho de Rosalía de Castro" ALFONSO PATO. EL PAÍS.

" Narf é un dos creadores musicais máis interesantes do panorama musical galego" OSCAR LOSADA. LA OPINIÓN.
ENTREVISTAS:

Telexornal 15/9/13. Festival de La Luz. Boimorto. NARF

RADIO GALEGA: Tres peixes voando (2ª hora do programa, minuto 28:00). 23/9/13)

TVG. Entrevista en ZigZag Diario: Narf, Rosalía eléctrica en clave roqueira (07/11/2013)


Antón Rodríguez
Tfno: +34 986-337069


 Para asistir a estes actos, deben poñerse en contacto coa Universidade de vigo no correo electrónico anl@uvigo.es    sete días antes do 6 de novembro que é cando é a actividade




luns, 13 de outubro de 2014

CURSO DE IMPROVISACIÓN ORAL EN VERSO E NARRACIÓN ORAL

Cursos de Improvisación oral en verso e Narración oral
Actividades do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV) de Normalización Lingüística
De outubro a maio.
Os mércores e xoves, respectivamente, no IME-Instituto Municipal de Educación (cmño. do Chouzo, 2), aula 17.
Comezo o 22 e 23 de outubro, respectivamente
Toda a información na web: snl.vigo.org


 PROGRAMACIÓN IMPROVISACIÓN ORAL EN VERSO DO CIOV- Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo
Obxectivos xerais

Dar a coñecer a poesía oral improvisada en verso
Intentar espertar o interese pola práctica desta técnica
Conseguir ao remate deste curso que o alumnado sexa quen de improvisar en verso
Aumentar as nosas competencias persoais no fomento das actitudes para a improvisación, da actitude creativa, do desenvolvemento da memoria
Aumentar as competencias lingüísticas e escénicas na expresión oral e na dimensión
lúdica da lingua
Aumentar a competencia musical
Vincular o alumando co noso patrimonio cultural, tomar conciencia deste legado e da necesidade de recuperalo, valoralo e transmitilo

Contidos
Parte teórica
Orixe e evolución da poesía oral improvisada
A improvisación oral no mundo
O proceso de creación da poesía improvisada
A literatura oral en Galicia
Outras coplas populares galegas
Manifestacións populares de carácter oral e improvisado
Concomitancias das improvisacións orais galegas con outras formas actuais de carácter urbano
Novos formatos para divulgar a poesía oral
Importancia da ambientación para incrementar o interese polas actividades

Parte metodolóxica
O ritmo, a rima e a métrica

Actividades
Xogos con palabras
Xogos con versos e poemas
Xogos de improvisacións
Exercicios con recursos literarios-musicias
Cuartetas didácticas
Creación de cuartetas

O profesorado
As aulas semanais serán impartidas por Josinho da Teixeira. Nas sesións especiais e nas regueifadas contaremos, ademais, con Luís O' Caruncho e Pinto d' Herbón.

Calendario
O curso comeza o mércores 22 de outubro. Todos os mércores, dende o 22 de outubro, e até finais de maio, desenvolveranse as aulas semanais.
O horario será de 18:00 a 20:00 h
Localización do centro
As aulas semanais van realizarse no IME (camiño do Chouzo, número 2). As especiais en diferentes espazos que se indicarán.

PROGRAMA DO CURSO DE NARRACIÓN ORAL DO CIOV-Centro de Interpretación
de Oralidade de Vigo
NIVEL 1
1.- Obxectivos xerais:
Que ao rematar o curso, os/as asistentes saiban.
a) Como armar un conto
b) Como contar
Ao final do segundo bloque, coincidindo co Día Internacional da Narración Oral o 20 de marzo, o alumnado realizará unha contada pública colectiva.
O remate de curso será unha segunda contada colectiva que coincidirá coa entrega de diplomas de asistencia.
Eventualmente, poderá haber algunha outra experiencia pública segundo se vaia desenvolvendo o curso.
2.- Contidos:
Estes contidos serán distribuídos en tres bloques e o seu desenvolvemento será práctico e en lingua galega.
BLOQUE 1
-Discusión e definición de oralidade: Que é? Por que? Para que? A quen?
-Categorización do relato: anécdota, lenda, mito, conto, fábula. Abordaxe á tradición oral
galega. As fontes
-Funcionalidade:
.Comunicación
.Construción da memoria histórica
.Asimilación da tradición oral como patrimonio
.Sociolingüística: normalización da lingua galega
.Estética: entretemento
-A diversidade de procedencia dos narradores: o teatro, a pedagoxía, os cursos de narración, a literatura, a animación editorial.
-A escoita e a observación: A recolleita do cotiá.
BLOQUE 2
-Recursos para a elaboración do repertorio: do contador coloquial ao contador escénico
-A dramaturxia do conto:
.Elaboración do argumento
.Personaxes
.Espazo
.Tempo: Ordenación e duración; A digresión
.Mecanismos de recepción
.Dimensión simbólica ou metafórica de cada un dos ingredientes para a elaboración da trama
.A diéxese
-A composición do repertorio espectacular: escolla, ordenación
BLOQUE 3
-O narrador en escena
-O público: a mirada ao espectador, a escoita
-As eventualidades
-A improvisación
-O ritmo
-A duración
-A voz
-O xesto
-A entoación
-A universalidade dos temas
-A adecuación á nosa realidade
-A adaptación
-O xénero
-A transgresión de xéneros
3.- O profesorado
A narradora oral é titulada superior en Arte Dramática Ana Carreira Varela impartirá o Nivel 1, segundo este programa.
4.- Calendario
As sesións serán os xoves de 18:00 a 20:00 consonte este calendario no Instituto  Municipal de Educación do Concello de Vigo, na aula 17, no camiño do Chouzo, núm. 2.
BLOQUE 1
-Sesión 1: 23 de outubro
-Sesión 2: 30 de outubro
-Sesión 3: 6 de novembro
-Sesión 4: 13 de novembro
-Sesión 5: 20 de novembro
-Sesión 6: 27 de novembro
-Sesión 7: 4 de decembro
-Sesión 8: 11 de decembro
-Sesión 9: 18 de decembro
BLOQUE 2
-Sesión 1: 8 de xaneiro
-Sesión 2: 15 de xaneiro
-Sesión 3: 22 de xaneiro
-Sesión 4: 29 de xaneiro
-Sesión 5: 5 de febreiro
-Sesión 6: 12 de febreiro
-Sesión 7: 19 de febreiro
-Sesión 8: 26 de febreiro
-Sesión 9: 5 de marzo
-Sesión 10: 12 de marzo
BLOQUE 3
-Sesión 1: 26 de marzo
-Sesión 2: 9 de abril
-Sesión 3: 16 de abril
-Sesión 4: 23 de abril
-Sesión 5: 30 de abril
-Sesión 6: 7 de maio
-Sesión 7: 14 de maio
-Sesión 8: 21 de maio
-Sesión 9: 28 de maio

FICHA DE INSCRICIÓN

Achege estes datos ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org
Todas as persoas que envíen os datos, estarán admitidas no curso/s
As actividades son gratuítas
Pode elixir unha actividade ou as dúas:
Improvisación oral en verso Si Non (indicar o que proceda)
Comezo: 22 de outubro, remate en maio. Os mércores de 18:00 a 20:00
Narración oral Si Non (indicar o que proceda)
Comezo o 23 de outubro, remate en maio. Os xoves de 18:00 a 20:00
Clases no IME, Instituto Municipal de Educación, camiño do Chouzo, número 2 (aula 17)
Nome a apelidos: ________________________________________________________
DNI: _________________________________________
Enderezo: ______________________________________________________________
Código postal:____________________ Localidade: _____________________________
Teléfono/s de contacto: ____________________________________________________
Correo electrónico (lexible): ________________________________________________



mércores, 8 de outubro de 2014

NOVO NÚMERO DE OLLOS DE AULA

Prezados/as amigos/as,
Chegou un novo curso e con el o outono, e co outono un novo número de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado:
Nesta primeira entrega, Mª Montserrat Carrasco Rodríguez, profesora de CC.EE. da UDC, aborda a creación dos hábitos de traballo nos nenos/as, mentres que o inspector Fernando Carrasco Mera analiza os cambios inminentes que introduce a LOMCE. Pola súa banda, a psicopedagoga Lines Salgado presenta a aprendizaxe por proxectos, unha metodoloxía moi interesante para introducir nas aulas. E, por suposto, non faltan á cita as atractivas propostas lectoras que nos fai Gracia Santórum nas súas "Cadencias”. Agardamos que estes contidos sexan do voso interese e das familias, de aí que coma sempre vos animemos a distribuíla na vosa comunidade educativa e no contorno dos vosos centros.
Así mesmo, informámosvos que o Consello Directivo da CGENDL tomou a decisión de esixir a dimisión de Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, polo incumprimento reiterado das demandas dos Equipos e pola nefasta xestión levada a cabo no seu departamento en todo este tempo de retrocesos para a lingua galega no ensino e na sociedade. Por último, lamentamos a exclusión da Coordinadora da rolda de reunións que o Comité de Expertos da UE que avalía o cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas mantivo esta semana en Santiago e achega unha síntese das consecuencias para o galego nas aulas do Decreto 79/2010 ou do Plurilingüismo. Nestas cuestións, como outras que atinxen ao noso traballo nos centros, agardamos as vosas suxestións, propostas, denuncias, etc.
Saúdos normalizadores

CGENDL

O SOÑO DE ESTHER

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- O soño de Esther

Baixo a idea de que os contos están para vivilos, Miguel Ángel Alonso Diz, achéganos esta e outras historias coas que poderemos aprender dun xeito divertido as vogais, puntos cardinais, os números e o amor pola nosa lingua.

A actividade leva asociado un taller de “pintar con luz ou lightpainting”, coa que, facendo uso da imaxinación e a creatividade, o alumnado poderá trazar no aire vogais, letras e mesmo facer debuxos.

Duración: 1 hora e 30 minutos

Dirixido a: alumnado de primaria (1.º e 2.º)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino

Necesidades técnicas da actividade: dispor dun espazo que non sexa moi luminoso para poder realizar a actividade. Toma de corrente próxima.

Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Miguel Ángel Alonso Diz


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 14 de outubro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org


As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 14 de outubro a partir das 09:30 e até as 14:00

Solicitude de participación na actividade:
O soño de Esther para primaria (1.º e 2.º)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 14 de outubro a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 25


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 16) para a participación na actividade.

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

_____ 16 outubro (xoves), ás 09:30                     _____ 22 outubro (mércores), ás 09:30
_____ 16 outubro (xoves), ás 12:30                     _____ 22 outubro (mércores), ás 12:30
_____ 17 outubro (venres), ás 09:30                   _____ 23 outubro (xoves), ás 09:30
_____ 17 outubro (venres), ás 12:30                   _____ 23 outubro (xoves), ás 12:30
_____ 20 outubro (luns), ás 09:30                        _____ 24 outubro (venres), ás 09:30
_____ 20 outubro (luns), ás 12:30                        _____ 24 outubro (venres), ás 12:30
_____ 21 outubro (martes), ás 09:30                   _____ 27 outubro (luns), ás 09:30
_____ 21 outubro (martes), ás 12:30                   _____ 27 outubro (luns), ás 12:30
Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

DOBRAXE NA ESCOLA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Dobraxe na escola
É unha actividade lúdico educativa que ten como finalidade achegarlles aos nenos e nenas, dun xeito anemo e didáctico, o mundo da dobraxe.
Fases:
Primeiro, utilizando monicreques, os actores e dobradores, Manuel Pombal e Suso Pando, fan un xogo dramático moi divertido no que nos mostran todos os pasos da elaboración dunha película; desde a creación do guión ata a súa dobraxe.
Logo, sen abandonar o ton lúdico e teatral, preséntalles os personaxes do “mini capítulo” que “o propio alumnado” vai dobrar, sorprendéndose con exóticas versións orixinais, en idiomar que probablemente xamais escoitaran.
Acto seguido, ensaiamos todos xuntos un fragmento do película, aprendendo a encaixarmos as propias voces nas obcas dos personaxes.
-”Probámolo e experimentámolo todos...? Ben. Agora... Quen quere saír?
Xa temos os/as dobradores/as. // Lemos o guión, ensaiamos, axustamos e... // Silencio! Imos gravar! // Gravamos... e, moi sorprendidos/as, escoitamos o resultado.

Duración: os responsables do desenvolvemento da actividade poñeranse en contacto co centro escolar para axeitar a duración da actividade. Faranse 4 sesións consecutivas de 50 minutos (máximo, 35 participantes por sesión), adaptándose aos horarios do centro escolar

Dirixido a: alumnado de primaria (3.º, 4.º e 5.º)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino.
Horario: a actividade comezará ás 10:00, se ben, para preparala, os responsables do desenvolvemento da actividade estarán no centro escolar ás 09:00

Necesidades técnicas da actividade: os responsables do desenvolvemento da actividade poñeranse en contacto co centro escolar para solventar posibles cuestións técnicas

Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Manuel Pombal 605 06 69 17

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 10 de outubro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org


As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 10 de outubro a partir das 09:30 e até as 14:00

Solicitude de participación na actividade:
Dobrase na escola para primaria (3.º, 4.º e 5.º)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 10 de outubro a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 35


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 8) para a participación na actividade.

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

_____ 15 outubro (mércores)
_____ 16 outubro (xoves)
_____ 17 outubro (venres)
_____ 20 outubro (luns)
_____ 21 outubro (martes)
_____ 22 outubro (mércores)
_____ 23 outubro (xoves)
_____ 24 outubro (venres)

Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

XOGOS MUSICAIS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Xogos musicais

Obradoiro destinado a fomentar o desenvolvemento psicomotriz e musical, con melodías, cancións e danzas en colectivo, co galego como idioma vehicular.
Comezaremos o obradoiro cun par de cantigas con letras sinxelas e repetitivas, explicando os instrumentos cos que tocamos, para rematar bailando todos unhas  danzas básicas con pasos moi doados.


Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de infantil (4 e 5 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino

Necesidades técnicas da actividade: habitación con capacidade suficiente para acoller con comodidade aos participantes (40), sen mobiliario polo medio. O chan, a poder ser, de cortiza ou madeira, posto que comezaremos a sesión sentados, para rematar bailando.
Dúas cadeiras sen brazos. Toma de corrente próxima.

Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Luís Prego 627 45 68 83


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 13 de outubro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org


As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 13 de outubro a partir das 09:30 e até as 14:00


Solicitude de participación na actividade:
Xogos musicais para infantil (4 e 5 anos)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 13 de outubro a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 40


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 14) para a participación na actividade.

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

_____ 15 outubro (mércores), ás 10:00               _____ 24 outubro (venres), ás 10:00
_____ 15 outubro (mércores), ás 12:00               _____ 24 outubro (venres), ás 12:00
_____ 17 outubro (venres), ás 10:00                   _____ 27 outubro (luns), ás 10:00
_____ 17 outubro (venres), ás 12:00                   _____ 27 outubro (luns), ás 12:00
_____ 20 outubro (luns), ás 10:00                        _____ 29 outubro (mércores), ás 10:00
_____ 20 outubro (luns), ás 12:00                        _____ 29 outubro (mércores), ás 12:00
_____ 22 outubro (mércores), ás 10:00
_____ 22 outubro (mércores), ás 12:00
Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

A CASA DO AVÓ

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- A casa do avó

Un neno recibe a noticia de que o seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta e inexplicable situación o neno ponse en marchar para atopar unha solución e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz proppiciado polo apoio solidario.
Técnica empregada: siluetas animadas e actores

Datas: 14 (martes), 15 (mércores), 16 (xoves), 17 (venres), 21 (martes), 22 (mércores) de outubro

Horario: hai que escoller un horario, 1 sesión por centro de ensino
                        de 10:00 a 10:50 ou ben
                        de 12:00 a 12:50

Dirixido a: alumnado de primaria (2.º e 3.º)

Lugar de realización da actividade: no Verbum (avda. de Samil, 17)
O transporte do alumnado ao Verbum vai pola conta do centro escolar

Os datos que se van pedir cando chamen por teléfono para solicitar a actividade son:

1.-    número exacto de alumnos/as e número de profesores/as que os acompañarán
2.-    centro escolar
3.-    persoa de contacto para esta actividade
4.-    teléfono de contacto desa persoa


Para solicitar a actividade é necesario que chamen ao teléfono 986 81 02 81 os días 9 (xoves) e 10 (venres) de outubro a partir das 10:00 da mañá

Ops: a nosa vantaxe / a nossa vantagem

Ops! é un obradoiro para lle mostrar ao alumnado dos centros de ensino de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional que o galego é:
- Unha entrada privilexiada para acceder ao mundo en portugués
- A nosa vantaxe competitiva no cadro español e europeo

A Concellaría de Normalización Lingüística achégalles esta actividade aos centros de ensino para compartirmos esta vantaxe que posuímos as e os galegofalantes, mais tamén coñecedora de que a maioría do noso estudantado apenas ten contacto coa lingua e cultura portuguesas.
Descoñecemos, non valoramos a lingua que temos máis preto, a lingua compartida, e lingua que é hoxe en día a sexta máis falada no mundo; oficial en 4 continentes e 8 países, sendo un deles Brasil, potencia emerxente.

A lingua galega ten no portugués unha ferramenta para afianzarse, valorarse e así... normalizarse. Sabendo galego, achegámonos aos falantes de portugués, a novos mercados, posibilidades, intercambios, cultura... Temos, pois, moito que gañar.

Duración: 100 minutos

Dirixido a: alumnado de Secundaria, Bacharelato e FP, (hai que indicar o curso)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. No caso de que o obradoiro non se realice na súa aula habitual (onde o alumnado ten as súas cousas) deben levar para o obradoiro algo para escribir: bolígrafo, lapis, libreta...


Necesidades técnicas: unha sala con proxector e pantalla para poder mostrar a presentación e os sitios web, así como unha saída de son dun computador e conexión a internet (de ter algunha dúbida sobre o desenvolvemento desta actividade, poden poñerse en contacto con Loaira 633 82 54 10).

Contidos:

1.- Temos moito que gañar
    Mostrar a vantaxe competitiva da Galiza en relación á Lusofonía
    Mostrar o que a Lusofonía representa en termos xeográficos, culturais e económicos
    Tomar consciencia do que sabemos e descoñecemos respecto aos países que falan portugués
    Mostrar o que a poboación galega ten a gañar sabendo portugués
2.- Ler está ao alcance do teus ollos (ortografía)
        Mostrar que as palabras e as letras poden ser lidas de distintas formas
        Mostrar como se len á galega  as letras do alfabeto portugués non presentes na ortografía da lingua galega

Entre as unidades 2 e 3 xogaremos a preencher buracos na letra dunha canción brasileira.

3.- Sabemos moito mais non nos debemos confiar (léxico e gramática)
           Mostrar a nosa vantaxe competitiva en termos de comprensión escrita (gramática e léxico)
          Mostrar que a maioría do léxico é común
         Advertir das dificultades léxicas: sinónimos, falsos amigos, palabrar modernas, anglicismos

4.- Podes aprender ti mesmo(a)
      Fornecer recursos para os alumnos e alumnas seren autónomos na aprendizaxe
       Fornecer recursos culturais (música, cinema, xornais, ebooks, xogos) para que se mergullen no mundo do portugués

O/a relator/a exprésase en portugués de Portugal ou de Brasil, indistintamente. Utilízanse presentacións en Office Impress, Internet, música e audio-visual.

Para máis información poden consultar o site web ops.agal-gz.org/


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 13 de outubro.

As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o 13 de outubro a partir das 9:30 h e ata as 14:00 h


Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.


venres, 3 de outubro de 2014

REUNIÓN EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN

Ola ! o vindeiro luns 6 de outubro, ás 18/30 terá lugar no IME ( Camiño do Chouzo) a xuntanza de principio de curso coa representante do SNL do Concello, contamos con tod@s vós!
 Normas das actividades:
Á atención do Equipo de Dinamización Lingüística
O Servizo de Normalización Lingüística estavos ofertando aos centros de ensino unha ampla variedade de actividades dinamizadoras do galego. Oferta que fomos ampliando curso tras curso grazas á vosa acollida e colaboración, e por crermos que é unha maneira axeitada de achegar o alumnado á lingua propia.
O obxectivo destas accións é pór á disposición dos equipos de dinamización lingüística actividades que mesturen o lúdico co educativo, que complementen áreas e temas do curriculum escolar sempre fomentando o coñecemento da lingua de noso, propiciando espazos para a comunicación en galego, facendo aniñar no alumnado sentimentos cara á lingua de noso.
Dirixímonos aos equipos como interlocutores pois compartimos un mesmo desexo: que os cativos e cativas, que as mozas e mozos coñezan, usen, valoren e sintan como de seu a lingua propia de Galicia.
Tras a realización da actividade solicitamos a vosa avaliación e suxestións e, asemade, pedímoslles ás empresas que realizan as accións unha memoria avaliativa e suxestións.
Xa daquela, cando analizamos as memorias non chegamos a comprender certos comentarios que reflicten actitudes, ausencias e pouca colaboración que mostra o profesorado nalgunhas (afortunadamente as menos) actividades solicitadas a este SNL.
Comentarios que se repiten por parte das distintas empresas o que nos leva a consideralo non só como algo puntual, e na que "reinciden" certos centros de ensino.
Dende o curso pasado indicamos que teriamos en conta estas memorias á hora de achegar aos centros novas actividades, e que a actitude do propio profesorado ía pesar moito, sen esquecer o máis importante: son actividades dende o SNL co fin de dinamizar o uso do galego.
Para este novo curso, seguiremos cos criterios do pasado ano, que vos lembramos:
1.- As actividades teñen o obxectivo de fomentar o uso e coñecemento do galego por parte do alumnado. Que o profesorado non media palabra ningunha en galego durante a actividade pouco -por non dicir nada- favorecen este obxectivo.
2.- As actividades desenvólvense en horario escolar e, na súa maioría, nos centros de ensino. Entendemos, daquela, que o pfoesorado ha estar na aula durante a realización da actividade. O feito de deixar o alumnado só co monitor ou monitora e ausentarse durante toda a actividade pouco ou nada axuda ao normal desenvolvemento da actividade.
Os e as monitoras non son persoal docente, van realizar a actividade e contan
-ou cren contar- co profesorado. Mais a ausencia deste leva a que non poidan
realizar a actividade nas mellores condicións ou mesmo teñan que, deixar de
facela, por ter que mediar en leas entre o alumnado ou pasar case todo o
tempo pedindo orde e colaboración.
3.- A colaboración, o interese, a participación do profesorado durante o
desenvolvemento da actividade leva, xeralmente, implícito un maior interese
por parte do alumnado.
4.- Cómpre tamén sinalar que:
a) As fichas de inscrición que se remiten para informar e apuntarse ás actividades deberán achegar todos os datos solicitados.
b) Han de se respectar os horarios para o envío das solicitudes.
O uso da lingua galega -sobre todo por parte do profesorado-, a presenza durante a actividade por parte do profesorado (non sendo que nun intre o monitor ou monitora pida expresamente que saia), e a implicación deste (ao cabo, a actividade tamén vai dirixida a vós), van ser tamén considerados á hora de outorgar as actividades, sen esquencermos a orde de chegada da solicitude e que esta estea completa.
E sempre valoramos as vosas avaliacións e suxestións; así tentaremos ofertar novas actividades, repetir aquelas que contan coas mellores valoracións e proporcionarvos material complementario.
As actividades realízanas diferentes empresas, polo que queremos facer fincapé que sempre vos indicamos o número de teléfono de contacto da empresa, xa que vos pode solventar certas dúbidas ou proporcionar máis información puntual.
Somos conscientes de que resultan escasas as sesións ante as vosas demandas, mais os nosos medios e recursos -humanos e orzamentarios- son reducidos. E o noso labor non só abrangue o ensino nin a poboación infantil e xuvenil, malia iso temos dedicado a maior parte do noso orzamento ao ensino.
Con todo agardamos seguir traballando e contar co compromiso e colaboración que nos estades brindando.

SNL, Concello de Vigo

Apertas! Mabel

martes, 16 de setembro de 2014

CURSO LINGUA DE SIGNOS







MENSAXE DE BENVIDA DA CGENDL

Prezados/as amigos/as,
Dende a CGENDL retomamos a comunicación con vós neste comezo de curso para dar continuidade ao labor normalizador que desenvolvemos entre todos/as. Un ano máis, procuraremos canalizar cara á administración as demandas dos Equipos e de todos/as os/as docentes que apostamos pola normalización do galego no ensino, así como partillar recursos, actividades e experiencias que redunden nese labor.
Neste primeiro correo, aproveitamos para para informarvos de novos materiais e dunha nova cita formativa de interese:
  • Calendarios e materiais de planificación do curso: na nosa páxina podedes descargar o calendario escolar 2014-2015 (para os distintos niveis e en varios formatos e temporalizacións) e axendas escolares elaboradas por docentes, servizos de normalización, etc. http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_calendario.php
  • XVI Encontros para a Normalización Lingüística: o CDSG do Consello de Cultura organiza unha nova edición destas xornadas os vindeiros 24 e 25 de setembro en Santiago de Compostela para analizar as políticas lingüísticas e a evolución dos diferentes procesos de normalización das linguas cooficiais. O profesorado que forma parte da CGENDL ten preferencia na inscrición. Na páxina do CCG atoparedes o programa e o formulario de inscrición: http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200202
  • Renovación das adscricións. Pedímosvos que nos informedes dos cambios que se producen á fronte dos Equipos e que lles indiquedes ás novas persoas coordinadoras que se poden adscribir á CGENDL en http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rexistro_rex.php.
Sen máis, animámosvos a retomar o traballo normalizador con enerxía, ilusión e alegría, como a que mostran os nenos e nenas do CEIP de Sárdoma neste traballo do seu Equipo de Normalización: http://youtu.be/zG9PZPZinuk.
Saúdos normalizadores
Coordinadora Galega de ENDL

http://coordinadoraendl.org/

BENVID@S AO NOVO CURSO ESCOLAR 2014-15

Ola de novo! empezamos, como en anos anteriores, a nosa tarefa de mantervos informad@s das novidades normalizadoras que están ao noso alcance . Queremos darvo-la benvida ao novo curso escolar, e darvos azos para seguir nesta marabillosa, aínda que difícil tarefa en tempos de crise, máis ben de valores morais, de desenvolver e defender a lingua de noso.
Coma sempre esperamos con cariño e ilusión as vosas aportacións. Este blog é unha fiestra aberta ao traballo que desenvolvemos , e coma sempre estou disposta a servirvos de canle de comunicación e difusión do voso traballo.
Deixovos un novo enderezo electrónico que reviso máis polo miúdo : mabel.esperanza@edu.xunta.es, podedes enviar todo o que queirades, críticas e suxerencias incluídas.
Máis nada. agradecervos, coma sempre, que me teñades aturado, ateigareivos de novo con novas de interese, e coma sempre estou á vosa disposición para o que queirades.
Apertiñas e bicos para todas e todos.
Feliz curso! ánimo e paciencia! jajajaj(:-)
Mabel