venres, 11 de abril de 2014

GÚSTAME O GALEGO: INFANTIL E PRIMARIA

INFANTIL
Concurso de vídeos
Poderán participar nesta categoría as comunidades educativas (pais e nais, mestres, alunmos...) tanto dos centros e escolas de educación infantil como das escolas infantís.
A participación é unicamente colectiva, cada centro enviará un só vídeo. Nos vídeos deberá participar activamente o alumnado da escola, e o seu contido será de libre elección, sempre que se adapte ás normas xerais do concurso.
Os vídeos faránselle chegar nun CD ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo en formato MP4, MPEG-2, AVI ou WMV acompañado cada un deles dun sobre no que constará o nome do centro e os datos de contacto da persoa que se encarga de coordinar a actividade. Deberase indicar claramente no exterior do CD que este pertence á categoría de "vídeos de infantil".
A votación terá lugar na canle de youtube da campaña Gústame o galego, contabilizando os gústame que teña cada proposta no momento de rematar as votacións, en caso de empate decidirá un xurado da organización. O período de votación, aínda por determinar, estará comprendido entre o 29 de abril e o 31 de maio, avisarase das datas concretas aos centros.

PRIMARIA
Carteis
Nesta categoría ha participar unicamente o alumnado de primeiro ciclo de primaria dos centros. Poderá contar co asesoramento de pais e nais ou do profesorado impartindo indicacións, nunca na parte técnica dos traballos.
Os carteis terán unhas medidas mínimas de 29X21 cm e máximas de 59X42 cm e a técnica é libre. Achegaranse en papel ou cartolina, tanto os que orixinalmente teñan este formato, como os que se realizasen en formato dixital.
As propostas faránselle chegar ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, acompañada cada unha delas dun sobre rotulado coas palabras “carteis de primaria” no que constarán o nome, idade, centro e curso ao que pertence a autora ou autor, así como os datos de contacto da persoa do centro que se encarga de coordinar a actividade.
A fase final realizarase mediante votación aberta no Facebook de Gústame o galego: facebook.com/gustameogalego, onde se exporán todas as propostas recibidas. Gañará o cartel que máis gústame obteña, en caso de empate decidirá un xurado da organización.
O período de votación, aínda por determinar, estará comprendido entre o 29 de abril e o 31 de maio, avisarase das datas concretas aos centros.
Banda deseñada
No concurso de banda deseñada participará o alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria individualmente ou en grupos de ata 4 persoas. Poderá contar co asesoramento de pais e nais ou do profesorado impartindo indicacións, nunca na parte técnica dos traballos.
As páxinas serán un mínimo de unha e un máximo de catro co número de viñetas que se desexe e en formato A4; en caso de ser máis dunha deberán estar numeradas. Pódese usar calquera técnica. Os traballos achegaranse en papel, tanto os que orixinalmente teñan este formato, como os que se realizasen en formato dixital.
As propostas faránselle chegar ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, acompañada cada unha delas dun sobre rotulado no exerior coas palabras “banda deseñada de primaria” no que constarán o nome, idade, centro e curso ao que pertence o autor ou autora, así como os datos de contacto da persoa do centro que se encarga de coordinar a actividade.
O traballo gañador decidirao un xurado que valorará tanto as destrezas técnicas como a calidade argumental.
Conto ilustrado
No concurso de conto ilustrado participará o alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria individualmente ou en grupos de ata 4 persoas. Poderá contar co asesoramento de pais e nais ou do profesorado impartindo indicacións, nunca na parte técnica dos traballos.
Os contos deben entregarse en formato A4 e teñen que ter un mínimo de 4 e un máximo de 8 páxinas con textos e imaxes. Achegaranse en papel, tanto os que orixinalmente teñan este formato, como os que se realizasen en formato dixital.
As propostas faránselle chegar ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, acompañada cada unha delas dun sobre rotulado coas palabras “conto ilustrado de primaria” no que constarán o nome, idade, centro e curso ao que pertence a autora ou autor, así como os datos de contacto da persoa do centro que se encarga de coordinar a actividade.
O traballo gañador decidirao un xurado que valorará tanto as destrezas técnicas como a calidade argumental.

Ningún comentario:

Publicar un comentario