sábado, 6 de novembro de 2010

PROXECTO CELGA: MATERIAIS

http://www.xunta.es/linguagalega/celga_1

O Magosto


O magosto é unha festa tradicional de Galicia e, con maiores ou menores similitudes, doutras zonas do norte e oeste da Península Ibérica (Babia, O Bierzo, La Cabrera, Laciana, Maragatería e Montaña de Riaño,, na provincia de León; Sanabria e Benavente e Os Valles.

Historia
Castañas asadas.

Desde o paleolítico o home alimentouse de castañas e landras. Coa expansión do cultivo de castaños polos romanos, o seu froito converteuse na base da alimentación da poboación, tanto como froito fresco, seco ou moído para facer fariña. No século XVI a chegada do millo e a pataca de América fixeron que as castañas perdesen o seu protagonismo na alimentación campesiña.
Hai varias teorías sobre a orixe do termo “ magosto” : Magnus Ustus (gran lume) ou Magum Ustum (resaltando o carácter máxico do lume).Tradicionalmente esta festa realizábase coa recolleita deste froito e servía tamén como agradecemento pola colleita recibida.
A festa
Nos días comprendidos entre o 1 de novembro (Todos os Santos) e o 11 de novembro (San Martín) (pode celebrarse, tamén en datas próximas), adoitase celebrar esta festa onde non faltan
as castañas asadas no lume, o viño novo e os chourizos.

Tixolo con castañas.
A festa consiste en realizar unha fogueira e, unha vez hai brasas, colócase sobre elas un cilindro metálico con furados na súa base, chamado “ tambor”  ou, nalgunhas zonas, tixolo. Sobre este recipiente, ou outro polo estilo, esténdense as castañas ás que previamente se lles realizou un corte nun extremo para que non salten ou exploten. Unha vez asadas pélanse e cómense. É común tisnarse a cara cos restos da fogueira, saltar as fogueiras, xa que trae sorte, así como realizar diferentes xogos tradicionais, contar contos e cantar cancións populares.
No caso de Ourense a festa celébrase coincidindo coa festividade do seu patrón, San Martín de Tours, o 11 de novembro. É costume estendido ir a un monte próximo (no caso da cidade un dos máis usados para este fin é o Monte Alegre) e acender unha fogueira na que se asarán a carne de porco, os chourizos e as castañas. Aproveitase a ocasión para a degustación do viño novo da colleita.

Festas irmás
Magusto
O magusto é a celebración da festa da castaña en Portugal. Nesta festa a xente faise bromas, mánchanse coas cinzas e cantan cancións. Realízase en datas festivas: no día de San Simón,
no Día de Todos os Santos ou no día de San Martín.
Na Aldeia Viçosa o "Magusto dá Velha" é unha tradición local. Leite de Vasconcelos consideraba ao magusto como o vestixio dun antigo sacrificio en honor dos mortos e refire que en Barqueiros era tradición preparar, a media noite, unha mesa con castañas para que os mortos da familia fosen a comer; ninguén máis tocaba as castañas porque se dicía que estaban “babadas dos defuntos ”.
A celebración do magusto está asociado a unha lenda que dicía que un soldado romano, ao pasar dacabalo viu un mendigo case ispo, como non tiña nada para darlle, cortou a súa capa pola metade coa súa espada; estaba un día chuvioso e dise que nese preciso momento parou de chover, de aí vén a expresión: "Verán de San Martín".

CIENTÍFICA GALEGA

María J. Wonemburger                 

Matemática

Naceu en Montrove (Oleiros, A Coruña) en 1927.
En 1950 obtén o título de licenciada en matemáticas pola Universidade Central de Madrid. En 1957 doutorouse na Universidade de Yale coa tese titulada On the group of similitudes and its projective group. O seu traballo estivo tutelado por Nathan Jacobson, un dos alxebristas máis destacados do século XX.
A liña de investigación de María Wonemburger centrouse, principalmente na teoría de grupos e álxebras de Lie.

INVENTORES GALEGOS

Ramón Silvestre           
Verea García
                   
 Inventor da máquina de calcular

Naceu o 11 de decembro de 1833 en San Miguel de Curantes.
Estudou en Santiago de Compostela. Emigrou a Cuba. En 1865 trasládase a Nova York, onde inventará a súa máquina de calcular. A oficina de patentes estadounidense concedeulle a patente o 10 de setembro de 1878, no mesmo ano gañou unha medalla da Exposición Mundial de Inventos de Cuba.
A súa calculadora era unha máquina dunhas 50 libras de peso, 14 de longo, 12 de largo e 8 de alto, capaz de sumar, multiplicar e dividir números de nove cifras, admitindo até seis números no multiplicador e quince no produto. O seu invento deixou pegada na computación, como base para futuras máquinas. A máquina que inventou está depositada na seda central de IBM, en Nova York, formando parte da colección iniciada en 1930 polo fundador de IBM.


OUTRO INVENTOR GALEGO



Alejandro Finisterre                

Inventor do futbolín

Fillo  dun  fabricante  de  calzado  da  Coruña.
Alejandro  inventou  o  futbolín  mentres  convalecía  preto  de  Montserrat,  das  feridas  da  guerra  feitas  por  unha  bomba  nazi,  das  que  lanzaron  sobre  Madrid.  Cando  o  levaron  ao  hospital  de  Montserrat  mirou  que  a  maioría  dos que estaban alí eran mutilados de guerra. Pensou que  se existía un tenis de mesa, tamén podería existir o fútbol  de  mesa.  Xunto  cun  carpinteiro  vasco  creou  o  primeiro  futbolín. A principios de 1937, patentouno.
http://snl.vigo.org/index.php?id=234
http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/magosto.htm
http://www.edugaliza.org/hiparcos/xeografia/galicia/magosto
http://www.blogoteca.com/nlcampolongo/
http://www.coordinadoraendl.org/cienciaengalego/