sábado, 9 de marzo de 2013

VIGO EN GALEGO. PROGRAMA DE ACTIVIDADES.

https://dl-web.dropbox.com/get/Public/programa.pdf?w=AABcCABRMU8QsvMvkAxUaQ-vnmzqvNxsMGHMPVFLaqn_DQ

VIGO EN GALEGO CON ROSALÍA

17 de maio de 2013, Cantares gallegos de Rosalía de Castro, cumpre  150 anos. Esta obra, que representa o Rexurdimento da nosa lingua, foi impresa en Vigo, na imprenta de Xoan Compañel.

Por este motivo, esta cidade quere renderlle homenaxe á muller que, a pesares de nacer nunha época nada propicia para as mulleres nin para as linguas “non oficias”, foi capaz de publicar esta obra determinante para a historia da nosa lingua.
Día Oficial de Rosalía en Vigo é o 24 de febreiro por ser a data do seu nacemento.
Queremos conmemorar estas dúas datas como sobranceiras do renacer da lingua e literatura galegas, ademais de pór en relevancia a figura de Rosalía e a relación coa nosa cidade.
Rosalía en Vigo , 
Vigo con Rosalía
Na xeografía cultural e histórica de Galicia houbo un suceso que marcou para sempre o inicio dun proxecto de dignidade, dun camiño compartido, dunha esperanza de mellora para o noso pobo que nos foi modelando e nos trouxo ata aquí. Ese feito non foi unha guerra nin unha descoberta: foi un libro, foi a publicación de   Cantares gallegos. E ese feito ten un nome e ten un lugar. O nome é Rosalía de Castro, o lugar é Vigo.
Organizada desde os círculos democráticos e progresistas, foi en Vigo e arredor do xornal  La Oliva onde se xuntou o núcleo da primeira gran xeración que traballou e o deu todo por Galicia: Xoán Compañel (editor), os irmáns Alejandro e Eduardo Chao (ideólogos e políticos), José Ramón Fernández (mecenas) e Murguía (o líder intelectual). E por riba de todos eles, grazas ó seu talento literario, a poeta que co tempo
sería a escritora nacional de Galicia: Rosalía de Castro.
E foi na rúa Real de Vigo, na casa onde se editaba  La Oliva e logo  El Miño, onde Rosalía viviu varios meses, os fnais de 1859. E nesa casa que era a imprenta de Xoán Compañel, moi perto do sagrado en que a amiga de Martín Codax lle cantaba ás ondas do mar de Vigo, rexurdían as letras galegas e rexurdía Galicia. En 1863 e asinado o 17 de maio vía luz na rúa Real de Vigo  Cantares gallegos.
A vida individual e a vida comunal constrúense con grandes e pequenos feitos. Na vida de Rosalía e na historia de Galicia ese pequeno feito resultou decisivo. O pobo galego viuse retratado nas páxinas da autora. Nelas estaba a loita pola dignidade dun pobo, dunha terra, dunha fala. Nese libro proel que fendeu os mares do esquecemento en que xacía Galicia estaban a cultura e maila paisaxe, as festas e os traballos, as alegrías e os sufrimentos, as romarías e a emigración.
E as mulleres, as mulleres.
Pero aínda hai máis.  Cantares gallegos deixounos unha Galicia en proxecto, en esperanza, en “Alborada”, no que xeración tras xeración seguimos os galegos e as galegas.
Un proxecto de dignidade e liberdade. Un proxecto na lingua galega. Na rúa Real, hai 150 anos.
alumea Vigo!
alumea Rosalía!
alumea a túa lingua!
Anxo Angueira
Presidente da Fundación Rosalía de Castro
alumea a túa lingua!
alumea a túa lingua! 150 
anos de “Cantares Gallegos”

PROGRAMA DA MARATÓN
alumea a túa lingua!
MARZO
Venres 1
11h00 
[Centro Cultural Valadares]
Certame de Regueifas
Certame escolar de Regueifas.
Martes 5
20h00 
[Auditorio do Edificio F. Carreras] Anxo Angueira presenta a Rosalía Charla a cargo de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.
Venres 8
Día Internacional da Muller
10h00 
[Concello de Vigo]
Pleno do Consello Municipal das Mulleres
O pleno contará coa presenza simbólica de Rosalía de Castro.
17h00 
[CRAC Coruxo]
19h00 
[Ludoteca de Valadares]
Rosalía, unha meniña
Contacontos dramatizado.
Sábado 9
20h00 
[Praza da Constitución]
Festa polo Día Internacional da Muller
(Organiza Consello Municipal das Mulleres)
Venres 15
17h00 
[Centro Cultural de Beade] Rosalía, unha meniña Contacontos dramatizado.
18h30 
[C. Cultural Nautilius Comesaña]
Rosalía, unha
Sábado 16
11h30 
[Mercado do Calvario]
Lecturas nos Mercados
Comerciantes e usuarios homenaxean a Rosalía.
Xoves 21
Día Mundial da Poesía
19h00 
[Farola de Urzáiz]
Rosalía noutras linguas
Lecturas de textos de Rosalía traducidos a outras linguas e textos dedicados á poeta.
(Colabora UVIGO)
Venres 22
20h00 
[Auditorio do Concello]
Audición Escolas Municipais de Música
As escolas municipais fan a súa particular homenaxe a Rosalía.
Sábado 23
11h30 
[Mercado de Teis] Lecturas nos Mercados
Comerciantes e usuarios homenaxean a Rosalía.
 meniña Contacontos dramatizado.
13h30 
[Restaurante Ouxo]
Regueifada
Regueifada de Luís Caruncho… e alumnado participante no certame escolar.

ABRIL
 Martes 2
Día do Libro Infantil e Xuvenil
12h00
[Biblioteca Neira Vilas]
Inauguración mostra e exposición sobre Rosalía
17h00 
[Biblioteca Neira Vilas]
Rosalía, unha meniña
Contacontos dramatizado.
Xoves 4
20h00
[Editorial Elvira. Rúa Santiago 11]
“Reconquistando espazos para a lingua”
Charla a cargo de X. Henrique Costas acompañado pola música de Clave de Fado.
Venres 5
17h30 
[C. Cultural de Coia]
Rosalía, unha meniña
Contacontos dramatizado.
Sábado 6
11h30 
[Mercado do Berbés]
Lecturas nos Mercados
Comerciantes e usuarios homenaxean a Rosalía.
12h15 
[Paseo de Afonso XII]
No Vigo de Rosalía
Camiñada polo centro da cidade para descubrir o Vigo de Rosalía
Mércores 10
19h00 
[Centro de Documentación e Recursos Feministas]
“Canon y subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro”
Presentación do libro a cargo das autoras Helena González e María do Cebreiro.
Venres 12
16h00 
[CRAC Coruxo]
Maratón Musical
Actividade para nenos e nenas a partir de 8 anos, sobre cantigas e poemas de Rosalía.
17h00 
[Ludoteca de Lavadores]
Rosalía, unha meniña
Contacontos dramatizado.
19h00 
[C. Cultural de Valadares]
Maratón Musical
Actividade para nenos e nenas a partir de 8 anos, sobre cantigas e poemas de Rosalía.
Sábado 13
11h30 
[Mercado de Bouzas]
Lecturas nos Mercados
Comerciantes e usuarios homenaxean a Rosalía.
Martes 16
19h30 
[Casa Galega da Cultura] Vigo. Capital do Rexurdimento
Charla a cargo de Xurxo Martínez González.
Xoves 18
20h30 
[Café de Catro a Catro]
Comparte os teus “Poemas”
Lectura compartida de versos de Rosalía.
Venres 19
16h15 
[C. Cultural Beade]
Maratón Musical
Actividade para nenos e nenas a partir de 8 anos, sobre cantigas e poemas de Rosalía.
20h30 
[Auditorio Martín Codax. CSM]
Nuria Lorenzo e Carlos Enrique Pérez
Concerto con 7 pezas dedicadas a Rosalía.
Sábado 20
17h00 
[C. Cultural Nautilius Comesaña]
Maratón Musical
Actividade para nenos e nenas a partir de 8 anos, sobre cantigas e poemas de Rosalía.
20h00 
[Auditorio Martín Codax. CSM]
Concerto “Rosalía 21”
Homenaxe a Rosalía de Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira.
Domingo 21
12h30 
[Verbum]
“O repoludo gaiteiro”
Representación de sombras chinesas.
Dirixido por Tanxarina Teatro.
Martes 23
Día do Libro
20h00 
[Auditorio do Concello]
Nova edición de 
Cantares gallegos
Anxo Angueira, autor do libro, acompañado por músicos do IES San Tomé de Freixeiro.
18h00 
[Biblioteca Neira Vilas]
Obradoiro de hip-hop de Rosalía
Impartido por Serxio Regos “García”.
Xoves 25
18h00 
[Biblioteca Neira Vilas]
Ola ríos, ola fontes
Contacontos musicado para xente miúda.
Venres 26
17h00 
[Vilaverde. Zamáns]
“Muíño dos Castañares”
Camiñada como remate do Curso Auga Doce.
19h00 
[Vilaverde. Zamáns]
Muiñada e Serán
Sábado 27
20h30 
[Detrás do Marco]
A Hostia en Verso
Espectáculo literario de Poetas da Hostia.
Martes 30
19h30 
[Rúa do Príncipe]
Alumea a lingua!
Animación na rúa (A. V. Casco Vello).
23h00 
[Casco Vello]
Alumea a lingua!
Representación metafórica do rito de alumear as leiras con fachos acesos.

MAIO
Xoves 2
20h30 
[Editorial Elvira. Rúa Santiago 11]
“2013. Superadas as reivindicacións de Rosalía?”
Mesa Redonda.
Venres 3
19h00 
[EMAO]
Música na Biblioteca
Concerto na biblioteca da EMAO.
Sábado 4
11h30 
[Mercado do Progreso]
Lecturas nos Mercados
Comerciantes e usuarios homenaxean a Rosalía.
12h15 
[Paseo de Afonso XII]
No Vigo de Rosalía
Camiñada polo centro da cidade para descubrir o Vigo de Rosalía.
21h30 
[Monumento a Rosalía] Ruada
22h00 
[O Lagharto Pintado]
Foliada
Martes 7
19h00 
[Centro de Documentación e Recursos Feministas]
Regreso a “Cantares gallegos”
Faladoiro a cargo de María Reimóndez.
Mércores 8
19h00 
[Casa das Mulleres]
“Daquelas que cantan… O ronsel de Rosalía de Castro”
Relatorio a cargo de Marga do Val.
Xoves 9
20h00 
[Café de Catro a Catro] Vigo. Capital do Rexurdimento
Charla a cargo de Xurxo Martínez González.
Venres 10
20h30 
[Detrás do Marco]
Concerto de AID
“Rapoemas”, obras de Rosalía rapeadas.
Sábado 11
11h30 
[Mercado de Travesas]
Lecturas nos Mercados
Comerciantes e usuarios homenaxean a Rosalía.
12h00 
[Praza do Emigrante]
Ola ríos, ola fontes
Contacontos musicado para xente miúda.
Martes 14
20h00
[Auditorio Martín Codax. CSM]
Orquestra Sinfónica e coro do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Obras de Rogelio Groba entre outros.
Mércores 15
12h00 
[Parque de Castrelos]
Correlingua. Cantalingua
Actividades do programa Correlingua.
20h30 
[Casco Vello]
Tendedeiros de versos
Distribución de poemas con traducións a 50 linguas. 
(Organiza UVIGO)
20h00 
[Auditorio Martín Codax. CSM]
Orquestra de ventos do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Xoves 16
10h00 
[Centros de Ensino]
150 anos de
Cantares gallegos
21h00 
[Diante do MARCO]
Coro UVIGO + Gli Apassionati
12 pezas dedicadas a Rosalía.
Venres 17
Día das Letras Galegas
12h00
[Casco Vello]
Alfombra de versos
Alfombra vexetal no Casco Vello e outros actos.
(Iniciativa da Fundación Rosalía de Castro)
19h00 
[IFEVI]
Certame de Corais polifónicas.
ACOPEVI
150  
anos de “Cantares Gallegos”

ACTIVIDADES NO ENSINO
23-25 Abril. Encontros de Normalización Lingüística
2-16 Maio. Concursos “Un WhatsApp a Rosalía” e “Rosalía in me”
ACTIVIDADES NO DEPORTE
Presenza e lecturas nos distintos eventos deportivos dos equipos da cidade.

NON SÓ LINGUA.

TRABALLO REALIZADO POLA NOVA COORDINADORA "AURIA" DE OURENSE.
https://dl-web.dropbox.com/get/Public/1-NON%20SO%20LINGUA.pdf?w=AACe6WCdHg0vV_MmJY9maMoS9iPxDCVChQF2qBmPGljzMA


COORDINADORA COMARCAL AURIA
“Non ensinar o galego, senón falar
en galego: ese é o gran labor de toda a sociedade”
Xaquín Lorenzo Fdez. “Xocas”
Ven falando ...
Xogando coa fala ...
Xogando a falar…
Falamos?

Coleccionando palabras…
LEDICIA
:Estado de ánimo ou sentimento de pracer que produce un suceso favorable; é sinónimo de alegría, dita, felicidade segundo o Dicionario da Real Academia . E neste intre a ledicia inunda aos membros da que formamos parte da Coordinadora AURIA ao poder compartir convosco as nosas inquedanzas.
Poderse expresar en diferentes linguas abre as portas a unha mellor comprensión e entendemento.
Sabías que…
… as persoas que saben galego pódense
comunicar facilmente con 280 millóns de persoas
de lingua portuguesa (de Portugal, de Brasil, de Angola, de Mozambique, etc.) Isto fai que as posibilidades profesionais para traballar con persoas destes países se amplíen notablemente (médic@s, enxeñeir@s, empresari@s…)
aos nenos e ás nenas que aprenden de pequenos dúas linguas (galego e castelán, por exemplo) despois resúltalles moito máis fácil aprender outras (inglés, francés, alemán…)
os bilingües teñen unha maior destreza en capacidades cognitivas e neurolingüísticas.
… o bilingüismo,
non só desenvolve mellores habilidades nas materias de lingua senón que reforza a capacidade de simbolización e de abstracción, polo que tamén favorece a adquisición de contidos relacionados, por exemplo, coas matemáticas ou coa plástica .
… a grande maioría dos estados do mundo
ofrece algunha modalidade de educación bilingüe: Canadá, Finlandia, Suecia, Reino Unido, Italia, EEUU, Alemaña, Bélxica, Holanda, China, …
… o
plurilingüismo é o camiño para salvagardar a diversidade cultural, e debe ser unha esixencia e unha aspiración para todas as persoas. As habilidades lingüísticas plurilingües teñen un valor práctico inmediato .
Traballando por e para a nosa lingua
LEDICIA
O día 30 de xaneiro de 2013 naceu co nome de
AURIA
a Coordinadora Comarcal de Equipos de Normalización de Ourense integrada na Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
O seu obxectivo é unir esforzos co gallo de acadar unha maior efectividade no eido da normalización da nosa lingua. O traballo verase reflectido en:
1.
NON SÓ LINGUA
Boletín trimestral informativo para facelo chegar ás casas e ao profesorado, contendo artigos de lingua, orientación escolar, sociolingüística,...
2.
AURIA OURENSE
http://www.auriaourense.blogspot.com.es/
Blogue da Coordinadora onde se colgarán actividades conxuntas (boletíns, programas radio...), e outras que cada centro queira compartir
.
3.
– Normalización do entorno dos centros educativos.
COORDINADORA COMARCAL AURIA
e-
mail: ……………………….
Boletín Informativo
Nº 1
Marzo 2013

XOGANDO COS CONTOS. ACTIVIDADE PARA O PROFESORADO.

XOGANDO COS CONTOS

PROXECTO PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA NA EDUCACIÓN DESDE O ÁMBITO ORAL E TEATRAL, POR ANA CARREIRA 
ÍNDICE
1. PRESENTACIÓN
2. ANÁLISE DA REALIDADE E XUSTIFICACIÓN
3. OBXECTIVOS
3.1. OBXECTIVOS XERAIS
3.2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
4. METODOLOXÍA E ACTIVIDADES
1. PRESENTACIÓN
A proposta leva por título Xogando cos contos, obradoiro para docentes sobre xogo dramático e narración oral, impartido por ANA CARREIRA, actriz e narradora oral.
2. ANÁLISE DA REALIDADE E XUSTIFICACIÓN
Esta proposta preséntase ao equipo de Normalización Lingüística de Vigo, por diferentes motivos:
-Obsérvase a tendencia da lingua galega tende a desaparecer dos medios de comunicación en xeral e do mundo do espectáculo en particular. Ademais, en moitas Xogando cos contos Páxina 1 de 3 ocasións está traballada de modo incorrecto tanto no uso do léxico, como da fonética ou das estruturas gramaticais.
-A lingua galega como lingua de ficción ou de espectáculo está supeditada ao mínimo espazo que resta a outras con máis presenza no panorama espectacular. Do mesmo xeito, o sector editorial en galego tén unha relevancia non proporcional aos posibles falantes da nosa lingua. É por isto, que a ficción se relaciona automaticamente en moitos casos co castelán fronte ao galego.
-O descoñecemento de termos específicos en diferentes eidos da vida cultural, científica e cotiá levan ao uso incorrecto do léxico en galego e, polo tanto, a non espallarse a idea da lingua como vehículo de comunicación xeral.
-Polo tanto, o teatro e a narración oral virían reforzar a normalización da lingua galega. Mediante esta combinación, o galego introdúcese de xeito transversal á actividade pero forma unha parte substancial dela, sendo o teatro e o conto elementos motivadores que axuden aos nenos a expresarse en grupo e, por tanto, en sociedade e en galego.
3. OBXECTIVOS
3.1. OBXECTIVOS XERAIS
- Potenciar as habilidades dos nenos tanto no sentido teatral como no da reafirmación da nosa lingua a través dunha experiencia didáctica diferente.
- Explorar as posibilidades creativas dos participantes.
3.2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
-Fomentar a comunicación en galego, especialmente no eido da expresión oral e das artes escénicas, pero impulsando tamén a animación á lectura e á escritura.
-Presentar determinados contos nos que se dean situacións dramáticas que se correspondan con contextos que axuden aos nenos a identificar léxicos específicos e crear a curiosidade básica na aprendizaxe.
-Potenciar a capacidade social a través da relación entre os nenos e nenas, en galego, valorando o respecto polas linguas en xeral, fomentando a igualdade, a inclusión e a responsabilidade do seu uso.
4. METODOLOXÍA E ACTIVIDADES
O aspecto lúdico e o mundo da ficción son imprescindibles para favorecer a aprendizaxe do neno ou nena, reforzando a expresión e a comunicación. É por isto que os recursos básicos das sesións serían o xogo dramático e o conto.
Xogando cos contos Páxina 2 de 3
Serán sesións prácticas nas que a monitora proporá unha serie de exercicios e xogos nos que se observará a participación de todos os asistentes. Tentarase unha explicación fundamentada dos recursos que se usan para acadar certas competencias en xogo dramático e narración oral.
Instalados nas premisas dos exercicios proporanse diferentes xogos nos que se traballará conxuntamente no coñecemento do esquema corporal e a narratividade oral, así coma as posibilidades motrices, físicas e cognitivas sen esquecer os estímulos producidos a partir de estímulos narrativos.
Unha das finalidades será acadar recursos para o entramado de posibles dramaturxias de contos para escenificar.

INSCRICIÓN
A Concellaría de Normalización Lingüística achégavos trimestre tras trimestre actividades dinamizadoras da lingua de noso para compartirdes co voso alumnado.
Moitas destas actividades teñen como eixo central o conto: contos teatralizados, contos musicados, contadas...
Desta volta queremos invitarvos a participar dunha acción pensada e deseñada para todas e todos vós: XOGANDO COS CONTOS.
Cremos necesario achegarlle tamén ao profesorado actividades nas que/coas que lle tiredes maior proveito a aquelas que ofertamos para, principalmente, o voso alumnado.
XOGANDO COS CONTOS é un obradoiro impartido por Ana Carreira (actriz e narradora oral) co que pretendemos que lle tiredes todo o proveito posible ao xogo dramático e á narración oral, potenciando as habilidades tanto no sentido teatral como no da reafirmación da nosa lingua a través desta experiencia didáctica e explorando as vosas (e as deles e delas) posibilidades creativas.
Dende unha perspectiva lúdica e do mundo da ficción (re)afirmaremos as potencialidades expresivas e comunicativas a partir do xogo e do conto.
O curso terá lugar no Instituto Municipal de Educación (IME-camiño do Chouzo, núm. 2) os días 10 e 11 de abril, dende as 17:00 ás 19:30 horas.
A actividade é gratuíta e para vos inscribir debedes remitir -cubertos todos os apartados- a correspondente ficha entre o 2 de abril e o 5 de abril ao correo electrónico: ofi.normalizacion@vigo.org
O número de prazas é de 30 e a inscrición é por orde de chegada do correo electrónico.
Achegamos máis información sobre a actividade no ficheiro anexo.
Graciñas pola vosa colaboración.

FICHA DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE XOGANDO COS CONTOS
DIXIRIDA AO PROFESORADO (enviar estes datos ao correo electrónico: ofi.normalizacion@vigo.org)
NOME E APELIDOS
CENTRO DE ENSINO
CURSOS AOS QUE IMPARTE AULAS
MATERIAS
TELÉFONO DE CONTACTO
CORREO ELECTRÓNICO DE CONTACTO

ROSALÍA, UNHA MENIÑA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Rosalía, unha meniña
É a historia dunha nena que se chama Rosalía, que soubo sentir, soubo escoitar e soubo cantar nunha lingua de pobres que daquela non se escribía.
Contidos:
- Vida e obra de Rosalía de Castro
- Importancia da poesía e da sensibilidade artística
- Conto ao estilo clásico, galego e universal
Duración: 45 minutos
Dirixido a: alumnado de primaria (3.º, 4.º, 5.º e 6.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (espazo amplo, confortable e con boa acústica, xa que o espectáculo conta con música ao vivo) para calquera dúbida sobre este tema poden consultar con Brais Falcón 663 007 395
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 18 de marzo.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 18 de marzo a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h Solicitude de participación na actividade:
Rosalía, unha meniña para primaria (3.º, 4.º, 5.º e 6.º)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 18 de marzo a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Curso/s: _______________________________________________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 100 (poderíase aumentar o
número de participantes se o centro de ensino ten a infraestrutura apropiada. Débese
consultar con Brais Falcón 663 007 395)
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 16) para a participación na actividade:
______ 3 abril (mércores), ás 10:30 h ______ 9 abril (martes), ás 10:30 h
______ 3 abril (mércores), ás 12:30 h ______ 9 abril (martes), ás 12:30 h
______ 4 abril (xoves), ás 10:30 h ______ 10 abril (mércores), ás 10:30 h
______ 4 abril (xoves), ás 12:30 h ______ 10 abril (mércores), ás 12:30 h
______ 5 abril (venres), ás 10:30 h ______ 11 abril (xoves), ás 10:30 h
______ 5 abril (venres), ás 12:30 h ______ 11 abril (xoves), ás 12:30 h
______ 8 abril (luns), ás 10:30 h ______ 12 abril (venres), ás 10:30 h
______ 8 abril (luns), ás 12:30 h ______ 12 abril (venres), ás 12:30 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a
cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora
adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________

PARTICIPADE NO PREMIO LEIXAPRÉN



Prezados/as amigos/as,
A CGENDL convoca o  premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino.
Nas bases que enviamos no documento anexo e que podedes consultar en http://coordinadoraendl.org/premioleixapren/index.php, establécese que os destinatarios do premio serán persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega en diferentes ámbitos de actuación. O Comité de Selección orientou o galardón nesta edición cara ao Ámbito do Deporte, unha das manifestacións sociais máis recoñecidas e tamén máis influíntes na conformación de modelos de comportamento. O compromiso lingüístico dos deportistas galegos e galegas merece premio. As candidaturas preseleccionadas son:
  • Gustavo César Veloso.
  • Javier Gómez Noya.
  • Pilar Neira Martínez.
  • Verónica Boquete.
Na páxina referida podedes acceder ao perfil destas empresas. O prazo de votación remata o 25 de abril e farase a través de http://www.coordinadoraendl.org/premioleixapren  e da persoa que coordine o Equipo do voso centro, que deberá utilizar o enderezo electrónico que deu para adscribirse á CGENDL. Para resolver calquera problema ou facer as vosas consultas podedes dirixirvos a correo@coordinadoraendl.org .
Dende a CGENDL animámosvos a participar nesta iniciativa proactiva que procura apoiar publicamente a aposta decidida que polo idioma fan día a día persoas, institucións, colectivos e empresas no seo da sociedade.
Saúdos normalizadores
CGENDL