sábado, 9 de marzo de 2013

XOGANDO COS CONTOS. ACTIVIDADE PARA O PROFESORADO.

XOGANDO COS CONTOS

PROXECTO PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA NA EDUCACIÓN DESDE O ÁMBITO ORAL E TEATRAL, POR ANA CARREIRA 
ÍNDICE
1. PRESENTACIÓN
2. ANÁLISE DA REALIDADE E XUSTIFICACIÓN
3. OBXECTIVOS
3.1. OBXECTIVOS XERAIS
3.2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
4. METODOLOXÍA E ACTIVIDADES
1. PRESENTACIÓN
A proposta leva por título Xogando cos contos, obradoiro para docentes sobre xogo dramático e narración oral, impartido por ANA CARREIRA, actriz e narradora oral.
2. ANÁLISE DA REALIDADE E XUSTIFICACIÓN
Esta proposta preséntase ao equipo de Normalización Lingüística de Vigo, por diferentes motivos:
-Obsérvase a tendencia da lingua galega tende a desaparecer dos medios de comunicación en xeral e do mundo do espectáculo en particular. Ademais, en moitas Xogando cos contos Páxina 1 de 3 ocasións está traballada de modo incorrecto tanto no uso do léxico, como da fonética ou das estruturas gramaticais.
-A lingua galega como lingua de ficción ou de espectáculo está supeditada ao mínimo espazo que resta a outras con máis presenza no panorama espectacular. Do mesmo xeito, o sector editorial en galego tén unha relevancia non proporcional aos posibles falantes da nosa lingua. É por isto, que a ficción se relaciona automaticamente en moitos casos co castelán fronte ao galego.
-O descoñecemento de termos específicos en diferentes eidos da vida cultural, científica e cotiá levan ao uso incorrecto do léxico en galego e, polo tanto, a non espallarse a idea da lingua como vehículo de comunicación xeral.
-Polo tanto, o teatro e a narración oral virían reforzar a normalización da lingua galega. Mediante esta combinación, o galego introdúcese de xeito transversal á actividade pero forma unha parte substancial dela, sendo o teatro e o conto elementos motivadores que axuden aos nenos a expresarse en grupo e, por tanto, en sociedade e en galego.
3. OBXECTIVOS
3.1. OBXECTIVOS XERAIS
- Potenciar as habilidades dos nenos tanto no sentido teatral como no da reafirmación da nosa lingua a través dunha experiencia didáctica diferente.
- Explorar as posibilidades creativas dos participantes.
3.2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
-Fomentar a comunicación en galego, especialmente no eido da expresión oral e das artes escénicas, pero impulsando tamén a animación á lectura e á escritura.
-Presentar determinados contos nos que se dean situacións dramáticas que se correspondan con contextos que axuden aos nenos a identificar léxicos específicos e crear a curiosidade básica na aprendizaxe.
-Potenciar a capacidade social a través da relación entre os nenos e nenas, en galego, valorando o respecto polas linguas en xeral, fomentando a igualdade, a inclusión e a responsabilidade do seu uso.
4. METODOLOXÍA E ACTIVIDADES
O aspecto lúdico e o mundo da ficción son imprescindibles para favorecer a aprendizaxe do neno ou nena, reforzando a expresión e a comunicación. É por isto que os recursos básicos das sesións serían o xogo dramático e o conto.
Xogando cos contos Páxina 2 de 3
Serán sesións prácticas nas que a monitora proporá unha serie de exercicios e xogos nos que se observará a participación de todos os asistentes. Tentarase unha explicación fundamentada dos recursos que se usan para acadar certas competencias en xogo dramático e narración oral.
Instalados nas premisas dos exercicios proporanse diferentes xogos nos que se traballará conxuntamente no coñecemento do esquema corporal e a narratividade oral, así coma as posibilidades motrices, físicas e cognitivas sen esquecer os estímulos producidos a partir de estímulos narrativos.
Unha das finalidades será acadar recursos para o entramado de posibles dramaturxias de contos para escenificar.

INSCRICIÓN
A Concellaría de Normalización Lingüística achégavos trimestre tras trimestre actividades dinamizadoras da lingua de noso para compartirdes co voso alumnado.
Moitas destas actividades teñen como eixo central o conto: contos teatralizados, contos musicados, contadas...
Desta volta queremos invitarvos a participar dunha acción pensada e deseñada para todas e todos vós: XOGANDO COS CONTOS.
Cremos necesario achegarlle tamén ao profesorado actividades nas que/coas que lle tiredes maior proveito a aquelas que ofertamos para, principalmente, o voso alumnado.
XOGANDO COS CONTOS é un obradoiro impartido por Ana Carreira (actriz e narradora oral) co que pretendemos que lle tiredes todo o proveito posible ao xogo dramático e á narración oral, potenciando as habilidades tanto no sentido teatral como no da reafirmación da nosa lingua a través desta experiencia didáctica e explorando as vosas (e as deles e delas) posibilidades creativas.
Dende unha perspectiva lúdica e do mundo da ficción (re)afirmaremos as potencialidades expresivas e comunicativas a partir do xogo e do conto.
O curso terá lugar no Instituto Municipal de Educación (IME-camiño do Chouzo, núm. 2) os días 10 e 11 de abril, dende as 17:00 ás 19:30 horas.
A actividade é gratuíta e para vos inscribir debedes remitir -cubertos todos os apartados- a correspondente ficha entre o 2 de abril e o 5 de abril ao correo electrónico: ofi.normalizacion@vigo.org
O número de prazas é de 30 e a inscrición é por orde de chegada do correo electrónico.
Achegamos máis información sobre a actividade no ficheiro anexo.
Graciñas pola vosa colaboración.

FICHA DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE XOGANDO COS CONTOS
DIXIRIDA AO PROFESORADO (enviar estes datos ao correo electrónico: ofi.normalizacion@vigo.org)
NOME E APELIDOS
CENTRO DE ENSINO
CURSOS AOS QUE IMPARTE AULAS
MATERIAS
TELÉFONO DE CONTACTO
CORREO ELECTRÓNICO DE CONTACTO

Ningún comentario:

Publicar un comentario