Os estudantes de 2º de Produción de Audiovisuais e Espectáculos en colaboración co EDNL do centro, organizan o vindeiro 17 de febreiro o foro musical "Percebe Son" http://percebeson.wordpress.com/actividades/. Como poderedes comprobar na relación de actividades, é unha excelente mostra do que esta á facer na nosa lingua na actualidade no eido músical. E pensamos que combina actividades didácticas ( como a charla , ou a gravación ao vivo dun programa de radio) cunhas outras lúdicas que teñen como eixo o galego.
O desexo do noso EDNL é o de convidar ao maior número de Equipos a que veñan a gozar da xornada canda nós, xa que será unha estupenda ocasión para que os rapaces coñezan unha realidade á que non adoitan a ter acceso. Pensamos que é unha actividade especialmente axeitada para rapaces de bacharelato ou ciclos formativos ( por razóns de idade). Así que os que consideredes que sexa factible vir, seredes máis que benvidos
Máis somos conscientes da dificultade, organizativa e económica, que supón o desprazamento até o noso centro. Cando menos queríamos pedirvos a colaboración, moi especialmente aos de Vigo e arredores, de que difundirades a actividade entre o alumnado que poidades considerar público potencial
Moitas grazas de ante man pola vosa axuda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario