domingo, 7 de abril de 2013

OPOSICIÓNS.Concurso-oposición para o acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres para o ano 2013

Xúntase a Orde do 23 de marzo de 2013 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo  de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Prazo de solicitudes: vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia
  • O PRAZO REMATA O 24 DE ABRIL.
  • DESDE ESTES ENLACES PODEDES ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN E XERAR AS VOSAS SOLICITUDES.

Orde do  23 de marzo de 2013: Concurso-oposición para o acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres para o ano 2013

http://www.edu.xunta.es/web/oposicions2013

https://www.edu.xunta.es/oposicions/

XV ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LGTCA. INFO.



O 18 e 19 de abril celébranse os XV Encontros para a Normalización Lingüística en Santiago de Compostela. Esta nova edición prestará unha especial atención á análise dos 30 anos da Lei de normalización lingüística e ao traballo colaborativo no eido da normalización lingüística, sen esquecer a liña habitual de seguimento de iniciativas actuais, nomeadamente nos ámbitos do ensino, que centrará toda a sesión do venres á mañá: http://consellodacultura.org/mediateca/extras/programa-XV-encontros-normalizacion.pdf
Os docentes adscritos á CGENDL terán, como membros dunha das entidades colaboradores, preferencia na inscrición, que remata o 14 de abril. O formulario está disponible en http://www.consellodacultura.org/evento.php?id=200131. Aconsellámoslles ás persoas interesadas que lle soliciten canto antes o permiso de asistencia a estas xornadas á inspección educativa. 

O PROGRAMA ESTÁ COLGADO NESTA MESMA PÁXINA DO BLOG DA CDEDLG DE VIGO.

Nº 6 DE OLLOS DE AULA



Presentámosvos o nº 6 (abril) de   Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. A importancia da lectura na formación do alumnado (Agustín Fernández Paz), os Programas de Cualificación Profesional Inicial (Lines Salgado), a comunicación entre pais e fillos (Alberto Casqueiro), as propostas de ocio de Gracia Santorum e a aprendizaxe de linguas no ensino son os contidos que centran esta entrega. Coma sempre, agardamos as vosas suxestións, consultas e colaboracións no enderezo   ollosdeaula@gmail.com, así como que nos axudedes a difundila no voso contorno
Podedes descargala en:

XV ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

SANTIAGO DE COMPOSTELA
CONSELLO DA CULTURA GALEGA
18 e 19 de abril de 2013


PROGRAMA
 
XOVES, 18 de abril
09:30 ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN
10:00 INAUGURACIÓN DOS ENCONTROS
10:15 CONFERENCIA: 30 ANOS DE LEI DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
- Xaime Subiela, investigador social e consultor público
12:00 PAUSA-ENCONTRO
12:30 MESA DE TRABALLO: LINGUA E SOCIEDADE EN GALICIA: 1983-2013
- A MOBILIZACIÓN SOCIAL. Carlos Callón, MNL
- A ADMINISTRACIÓN. Paz Lamela, exdirectora xeral de Política Lgca e inspectora xubilada de educación
- OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN. Carme Vidal, xornalista
- A INICIATIVA ECONÓMICA. Iván Vaqueiro, FEGAPE
14:00 REMATE DA SESIÓN DA MAÑÁ
16:30 MESA DE TRABALLO: 30 ANOS DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA
- POLÍTICA LINGÜÍSTICA DO CATALÁN. Esteve Valls, investigador
- POLÍTICA LINGÜÍSTICA DO ÉUSCARO. Patxi Xabier Baztarrika, Viceconselleiro de Política Lgca do Goberno Vasco
18:00 PAUSA-ENCONTRO
18:30 PRESENTACIÓN-DEBATE: LINGUA, SOCIEDADE E POLÍTICA
 
VENRES, 19 de abril

10:00 DEBATE: O GALEGO NO ENSINO: MARCO NORMATIVO
- A PROGRESIVIDADE DA LNL NOS DECRETOS PARA O ENSINO. Dalila Dopazo, Maxistrada do Xulgado do Social de Lugo
- A EVOLUCIÓN DA LEXISLACIÓN ARREDOR DO GALEGO E DO ENSINO. Xosé Luís Janeiro, UV
- CARA ONDE SE LEVA O GALEGO NO SISTEMA EDUCATIVO. Mariló Candedo, NEG
- A FORMACIÓN DO PROFESORADO DENTRO DUN MARCO PLURILINGÜE E NORMALIZADOR. Bieito Silva, USC
11:30 PAUSA-ENCONTRO
12:00 MESA DE EXPERIENCIAS: O GALEGO NO ENSINO: EXPERIENCIAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA
- EU FUN ALUMNA DE SECCIÓN BILINGÜE. Laura Prego, estudante
- SCIENCE NO COÑECEMENTO DO MEDIO. Ana Castro, nai de alumnado de centro plurilingüe
- O GALEGO NUNHA POESÍA. Begoña Villaverde, nai de alumnado de centro non plurilingüe
- DOCENTES DE MANS ATADAS. Belén Escariz, docente de E. Infantil
- UNHA LANDRA ENTRE EUCALIPTOS. Manuel García, docente de E. Secundaria en centro concertado
- TIL: OUTRO ENFOQUE É POSIBLE. Francisco C. Díaz, Cefore de Pontevedra
14:00 REMATE DA SESIÓN DA MAÑÁ
16:30 RELATORIO. AS ACTITUDES DA MOCIDADE CARA AO GALEGO
- Bernardette O´Rourke, Heriot-Watt University
17:30 PROPOSTAS DE ANÁLISE: O TRABALLO COLABORATIVO E DE IMPLICACIÓN APLICABLE Á NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
- A COMUNICACIÓN COA CIDADANÍA E A SÚA IMPLICACIÓN NOS PROXECTOS SOCIAIS (IMPLICAD@S NO DESENVOLVEMENTO). María Reimóndez, Implicad@s no Desenvolvemento
- O CROWFUNDING EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (VITAMINAS PARA O GALEGO).
Henrique Sanfi z, Vitamina para o Galego
18:30 PAUSA-ENCONTRO
19:00 PROPOSTAS DE ESPAZOS
- APLICACIÓN DE BUSCATERMOS PARA DISPOSITIVOS MÓBILES. Xusto Rodríguez e Alberto López, USC
- VIVEIRO DE PROPOSTAS NORMALIZADORAS. Queca Carballo, CTNL
19:30 CLAUSURA DOS ENCONTROS

ORGANIZA
Consello da Cultura Galega
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia
COLABORA
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua
Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
COMISIÓN ORGANIZADORA
Manuel Bermúdez Blanco
Concepción Cochón Rodríguez
Valentina Formoso Gosende
Valentín García Gómez
Henrique Monteagudo Romero
Xoán Rivas Cid
Nel Vidal Barral
COORDINACIÓN
Henrique Monteagudo Romero
Susana Mayo Redondo

INSCRICIÓN
.- A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario habilitado no web do CCG.
.- Establécese en 100 o límite de prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. Teñen preferencia,
en todo caso, os/as socios/as da CTNL e da CGENDL.
.- Prazo de inscrición: do 3 ao 14 de abril
.- Listaxe de admitidos/as: 15 de abril
.- Entregarase diploma acreditativo de participación nos XV Encontros, emitido polo Consello da Cultura Galega.
.- Para acadar o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
Inscrición e máis información
www.consellodacultura.org
www.consellodacultura.org/cdsg/
T 881 995 146 // 881 995 142
Lugar de realización
Salón de actos
Consello da Cultura Galega

XOGANDO COS CONTOS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Xogando cos contos
O aspecto lúdico e o mundo da ficción son imprescindibles para favorecer a aprendizaxe das nenas e nenos, reforzando a expresión e a comunicación.
O xogo dramático e o conto son os dous elementos que lle dan "vida" a esta actividade que vos achegamos.
METODOLOXÍA:
A monitora proporá unha serie de exercicios e xogos que se traballarán con xuntamento no coñecemento do esquema corporal e a narrativa oral.
Na contada escenificaranse diferentes contos.
OBXECTIVOS:
Potenciar as habilidades das nenas e nenos no sentido teatral.
Explorar as súas posibilidades creativas.
Fomentar a comunicación en galego, especialmente na expresión oral.
Duración: 50 minutos
Dirixido a: alumnado de primaria (2.º e 3.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (espazo amplo e con boa acústica)
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 15 de abril.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 15 de abril a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h

Solicitude de participación na actividade:
Xogando cos contos para primaria (2.º e 3.º)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 15 de abril a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 80 (poderíase aumentar o número de participantes se o centro de ensino ten a infraestrutura apropiada. Débese consultar con Ana Carreira 606 607 648)
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 14) para a participación na actividade:
______ 22 abril (luns), ás 9:30 h ______ 25 abril (xoves), ás 12:30 h
______ 22 abril (luns), ás 12:30 h ______ 26 abril (venres), ás 9:30 h
______ 23 abril (martes), ás 9:30 h ______ 26 abril (venres), ás 12:30 h
______ 23 abril (martes), ás 12:30 h ______ 29 abril (luns), ás 9:30 h
______ 24 abril (mércores), ás 9:30 h ______ 29 abril (luns), ás 12:30 h
______ 24 abril (mércores), ás 12:30 h ______ 30 abril (martes), ás 9:30 h
______ 25 abril (xoves), ás 9:30 h ______ 30 abril (martes), ás 12:30 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________

mércores, 20 de marzo de 2013

CORRELINGUA 2013

Que é o Correlingua?

Desde a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG-Ensino, A Mesa pola normalización Lingüística, e os concellos de Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense, vimos organizando unha actividade de carácter nacional que transita a través dunha a outra localidade cun denominador común que é a dinamización lingüística da mocidade.
CORRELINGUA, denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
O Correlingua, que xa vai pola súa sexta edición, alcanzou ao longo destes anos unha alta participación dos centros de ensino e do alumnado, así como o apoio de persoeiros e organizacións de todo tipo.

Por que naceu o Correlingua?

O interese que ten a dinamización lingüística entre a mocidade é evidente se temos en conta a importante perda de falantes que se está a producir entre a poboación máis nova, situación que confirman os diversos estudios que se teñen realizado, e recentemente o censo de poboación de 2001. É preciso, xa que logo, chamar a atención de todas as instancias político-sociais a respecto da necesidade de intervir de maneira efectiva no mantemento e difusión do idioma e facelo, pola súa vez, coa participación activa dos propios destinatarios: a mocidade.
De cara a esta nova edición que agora se presenta, establécense máis elementos comúns que se explican a seguir, deixando asemade a cada comarca ou localidade a posibilidade de ampliar a oferta de actividades en función dos recursos dispoñíbeis. Isto vai mellorar os aspectos organizativos e dar maior difusión á mensaxe sen que se perda a iniciativa propia de cada lugar para facer conxuntamente unha verdadeira Correlingua nacional.

Obxectivos 

- Propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións en prol dela.
- Sensibilizar a sociedade, a través da poboación xuvenil, da importancia da defensa da lingua.
- Asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares.

Destinatarios/as

Prioritariamente diríxese ao alumnado dos centros de ensino secundario –en especial as actividades preparatorias-, aínda que tamén poden participar nenos e nenas de primaria e infantil. A través de fórmulas de colaboración varias, participan tamén entidades asociativas e ámbitos diversos.Coa difusión en medios de comunicación e coas propias actividades difúndense tamén mensaxes de defensa e promoción do idioma na sociedade en xeral.

Actividades 

A nosa intención é que esta actividade non sexa só un acto puntual que coincide coa celebración do Día das Letras Galegas, senón unha actividade extensa no tempo que serve de pretexto para a dinamización lingüística nos centros de ensino. De aí a importancia que lle concedemos á elaboración de material e á proposta de actividades que se inicien co curso e culminen na carreira datada en maio.
Despois do traballo realizado en edicións anteriores os centros contan hoxe xa con algún material elaborado especificamente para esta actividade:

Concursos escolares

Hai tres modalidades: elaboración do manifesto, dirixido ao alumnado de Secundaria, banda deseñada, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria, e vídeo para o conxunto do alumnado.
No inicio do curso , convócanse os concursos entre todos os centros escolares que desexaron participar. A convocatoria destes concursos ten o obxectivo de oferecer aos centros actividades preparatorias que permiten a reflexión sobre o idioma e serven de preparación para a participación na recta final do Correlingua.
Os gañadores dos Concursos reciben como premio a participación ben no proxecto Terra, organizado polo Colexio de Arquitecto de Galiza xunto coa AS-PG, ben unha visita á Eira da Xoana, espazo de xestión medioambiental impulsado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, onde acompañados/as de monitores/as cos realizarán diversas actividades sociolinguísticas, e de coñecemento do medio natural do Alto Ulla.

Carreira

En torno ao Día das Letras ten lugar o acto central de Correlingua, unha carreira non competitiva que percorre dez localidades. Cada localidade escollerá unha ou varias persoas do ámbito artístico, cultural, deportivo, ... que destaquen no uso e defensa do noso idioma, para ser portadora do testemuño e que lerá o manifesto gañador do concurso escolar.

Festa final

Ao rematar a carreira ten lugar un acto festivo coa presenza de todas as organización convocantes e participantes, con actuacións musicais, teatrais e a participación directa do alumnado.

PARA SE INSCRIBIR
http://www.correlingua.org/


Comunicado da CGENDL sobre a situación da lingua no ensino trala anulación parcial do Decreto de Plurilingüismo

Desde a Coordinadora Galega de ENDL (CGENDL) queremos comunicarlle a toda a comunidade escolar que, dado que a Consellería de Educación se resiste a recoñecer que o Decreto 79/2010 para o Plurilingüismo atenta contra a propia Lei de Normalización Lingüística (LNL) nos artigos que se declararon nulos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), faise necesario aclarar certos aspectos da súa aplicación a partir deste momento.
Como CGENDL, gustaríanos manifestar cal é a nosa interpretación do proceso xurídico que afectou ao Decreto de Plurilingüismo; así mesmo, trataremos de matizar certos posicionamentos públicos da Xunta de Galicia, pois entendemos que non contribúen a reconducir a política lingüística cara a un necesario enfoque pedagóxico. Por tanto, afirmamos:
1. Os usos da lingua galega no ensino non universitario polo momento seguen rexidos polo Decreto do Plurilingüismo (D79/2010) que se aprobou apoiado en dúas ideas base:
a. A presunta posibilidade de escolla –por parte das familias- da lingua de ensino para as súas fillas e fillos.
b. O hipotético dereito do alumnado a usar a lingua da súa preferencia, independentemente da lingua vehicular de cada materia.
2. Estes dous argumentos foron invalidados polo TSXG ao anular os dous artigos do devandito Decreto 79/2010 que aluden a estas cuestións: o 5.2, que se refire a que a lingua en educación infantil se vai decidir a través dunha enquisa efectuada ás familias do alumnado; e o 12.3, que lle permitía empregar ao alumnado o castelán cando a materia se imparta en galego (pois é nos ámbitos urbanos castelanfalantes onde se producen as protestas dunha ínfima porcentaxe de discentes e familias por teren que aprender na lingua propia de Galicia que, supostamente, lles é descoñecida.
3. A Xunta de Galicia segue teimando en realizar a consulta ás familias, mais segundo o ditado polo TSXG:
(...) os poderes públicos teñen encomendada a programación xeral do ensino, de cuxa potestade
a Administración, neste caso Educativa, non pode abdicar, sometendo a votación un aspecto tan fundamental como a lingua a empregar na etapa de educación infantil
(...)
Non cabe dúbida de que a dita abdicación da potestade de ordenación xeral do ensino ten lugar cando se establece que
o profesorado usará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, reputando decisivo para determinala o resultado dunha pregunta que se lles efectuará aos pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumnos antes do comezo do curso escolar acerca da lingua materna da súa filla ou fillo.
Polo tanto, a Xunta de Galicia non pode menosprezar a legalidade e pretender determinar a lingua do ensino en educación infantil a través de ningunha enquisa, tal e como se fixo en cursos anteriores, xa que non respecta o que formula o artigo 13.1 da Lei de Normalización Lingüística (LNL) nin o establecido no Plan Xeral de normalización da lingua galega (PXNLG).
4. Desde a
administración autonómica estáselle a pedir ao profesorado "flexibilidade" para que se lle permita ao alumnado empregar a lingua da súa preferencia, é dicir, o castelán. Mais non se pode esquecer que persiste unha situación social de enorme desigualdade entre galego e castelán, a favor desta última, propiciada tanto por prexuízos históricos como por posicionamentos políticos e mediáticos moi agresivos contra as linguas minorizadas. Estas circunstancias fan imprescindible que a escola funcione como un espazo de socialización onde o alumnado poida adquirir competencia plena na lingua propia da súa comunidade.
A sentenza do TSXG invalida o precepto 12.3 desde unha tripla perspectiva xurídica:
a) segundo a LNL e a doutrina do Tribunal Constitucional, a lingua galega será con carácter xeral o vehículo de comunicación no ensino non universitario.
b) segundo os Tribunais Supremo e Constitucional, a lingua no ensino non pode estar condicionada pola liberdade de opción das persoas interesadas.
c) rómpese o fomento do uso progresivo do galego no ensino que marca a LNL.
Por conseguinte, dálles a razón ás organizacións demandantes que argumentaban que o alumnado precisaba aínda de consolidar as súas destrezas en lingua galega, nas diferentes materias.
Aclarado todo isto, a CGENDL considera:
a. que o goberno autonómico debe reconsiderar as estratexias de promoción da nosa lingua e debe asumir como deber inexcusable as potencialidades que posúe o sistema educativo como axente efectivo tanto para a normalización do galego como para a integración social e comunitaria.
b. que se fai necesario aplicar os principios xerais da Lei de Normalización Lingüística, e que, sen renunciar ao obxectivo do plurilingüismo, se garanta que o alumnado adquira unha competencia plena en lingua galega ao rematar o ensino obrigatorio.
c. que a Xunta de Galicia, e os seus portavoces ante a sociedade, deixen de fomentar preconceptos en contra da promoción social do galego, pois deben actuar con enorme responsabilidade e altura política nun momento moi crítico para a transmisión interxeracional da nosa lingua.
d. que as autoridades educativas fomenten sen complexos a presenza do idioma en calquera materia, nomeadamente nas científicas e tecnolóxicas e que lles permitan adoptar aos centros aquelas medidas normalizadoras que se adapten ao seu contexto e impliquen, na medida do posible, a toda a comunidade.
Galicia, 18 de marzo de 2013
Coordinadora Galega de ENDL

sábado, 9 de marzo de 2013

VIGO EN GALEGO. PROGRAMA DE ACTIVIDADES.

https://dl-web.dropbox.com/get/Public/programa.pdf?w=AABcCABRMU8QsvMvkAxUaQ-vnmzqvNxsMGHMPVFLaqn_DQ

VIGO EN GALEGO CON ROSALÍA

17 de maio de 2013, Cantares gallegos de Rosalía de Castro, cumpre  150 anos. Esta obra, que representa o Rexurdimento da nosa lingua, foi impresa en Vigo, na imprenta de Xoan Compañel.

Por este motivo, esta cidade quere renderlle homenaxe á muller que, a pesares de nacer nunha época nada propicia para as mulleres nin para as linguas “non oficias”, foi capaz de publicar esta obra determinante para a historia da nosa lingua.
Día Oficial de Rosalía en Vigo é o 24 de febreiro por ser a data do seu nacemento.
Queremos conmemorar estas dúas datas como sobranceiras do renacer da lingua e literatura galegas, ademais de pór en relevancia a figura de Rosalía e a relación coa nosa cidade.
Rosalía en Vigo , 
Vigo con Rosalía
Na xeografía cultural e histórica de Galicia houbo un suceso que marcou para sempre o inicio dun proxecto de dignidade, dun camiño compartido, dunha esperanza de mellora para o noso pobo que nos foi modelando e nos trouxo ata aquí. Ese feito non foi unha guerra nin unha descoberta: foi un libro, foi a publicación de   Cantares gallegos. E ese feito ten un nome e ten un lugar. O nome é Rosalía de Castro, o lugar é Vigo.
Organizada desde os círculos democráticos e progresistas, foi en Vigo e arredor do xornal  La Oliva onde se xuntou o núcleo da primeira gran xeración que traballou e o deu todo por Galicia: Xoán Compañel (editor), os irmáns Alejandro e Eduardo Chao (ideólogos e políticos), José Ramón Fernández (mecenas) e Murguía (o líder intelectual). E por riba de todos eles, grazas ó seu talento literario, a poeta que co tempo
sería a escritora nacional de Galicia: Rosalía de Castro.
E foi na rúa Real de Vigo, na casa onde se editaba  La Oliva e logo  El Miño, onde Rosalía viviu varios meses, os fnais de 1859. E nesa casa que era a imprenta de Xoán Compañel, moi perto do sagrado en que a amiga de Martín Codax lle cantaba ás ondas do mar de Vigo, rexurdían as letras galegas e rexurdía Galicia. En 1863 e asinado o 17 de maio vía luz na rúa Real de Vigo  Cantares gallegos.
A vida individual e a vida comunal constrúense con grandes e pequenos feitos. Na vida de Rosalía e na historia de Galicia ese pequeno feito resultou decisivo. O pobo galego viuse retratado nas páxinas da autora. Nelas estaba a loita pola dignidade dun pobo, dunha terra, dunha fala. Nese libro proel que fendeu os mares do esquecemento en que xacía Galicia estaban a cultura e maila paisaxe, as festas e os traballos, as alegrías e os sufrimentos, as romarías e a emigración.
E as mulleres, as mulleres.
Pero aínda hai máis.  Cantares gallegos deixounos unha Galicia en proxecto, en esperanza, en “Alborada”, no que xeración tras xeración seguimos os galegos e as galegas.
Un proxecto de dignidade e liberdade. Un proxecto na lingua galega. Na rúa Real, hai 150 anos.
alumea Vigo!
alumea Rosalía!
alumea a túa lingua!
Anxo Angueira
Presidente da Fundación Rosalía de Castro
alumea a túa lingua!
alumea a túa lingua! 150 
anos de “Cantares Gallegos”

PROGRAMA DA MARATÓN
alumea a túa lingua!
MARZO
Venres 1
11h00 
[Centro Cultural Valadares]
Certame de Regueifas
Certame escolar de Regueifas.
Martes 5
20h00 
[Auditorio do Edificio F. Carreras] Anxo Angueira presenta a Rosalía Charla a cargo de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.
Venres 8
Día Internacional da Muller
10h00 
[Concello de Vigo]
Pleno do Consello Municipal das Mulleres
O pleno contará coa presenza simbólica de Rosalía de Castro.
17h00 
[CRAC Coruxo]
19h00 
[Ludoteca de Valadares]
Rosalía, unha meniña
Contacontos dramatizado.
Sábado 9
20h00 
[Praza da Constitución]
Festa polo Día Internacional da Muller
(Organiza Consello Municipal das Mulleres)
Venres 15
17h00 
[Centro Cultural de Beade] Rosalía, unha meniña Contacontos dramatizado.
18h30 
[C. Cultural Nautilius Comesaña]
Rosalía, unha
Sábado 16
11h30 
[Mercado do Calvario]
Lecturas nos Mercados
Comerciantes e usuarios homenaxean a Rosalía.
Xoves 21
Día Mundial da Poesía
19h00 
[Farola de Urzáiz]
Rosalía noutras linguas
Lecturas de textos de Rosalía traducidos a outras linguas e textos dedicados á poeta.
(Colabora UVIGO)
Venres 22
20h00 
[Auditorio do Concello]
Audición Escolas Municipais de Música
As escolas municipais fan a súa particular homenaxe a Rosalía.
Sábado 23
11h30 
[Mercado de Teis] Lecturas nos Mercados
Comerciantes e usuarios homenaxean a Rosalía.
 meniña Contacontos dramatizado.
13h30 
[Restaurante Ouxo]
Regueifada
Regueifada de Luís Caruncho… e alumnado participante no certame escolar.

ABRIL
 Martes 2
Día do Libro Infantil e Xuvenil
12h00
[Biblioteca Neira Vilas]
Inauguración mostra e exposición sobre Rosalía
17h00 
[Biblioteca Neira Vilas]
Rosalía, unha meniña
Contacontos dramatizado.
Xoves 4
20h00
[Editorial Elvira. Rúa Santiago 11]
“Reconquistando espazos para a lingua”
Charla a cargo de X. Henrique Costas acompañado pola música de Clave de Fado.
Venres 5
17h30 
[C. Cultural de Coia]
Rosalía, unha meniña
Contacontos dramatizado.
Sábado 6
11h30 
[Mercado do Berbés]
Lecturas nos Mercados
Comerciantes e usuarios homenaxean a Rosalía.
12h15 
[Paseo de Afonso XII]
No Vigo de Rosalía
Camiñada polo centro da cidade para descubrir o Vigo de Rosalía
Mércores 10
19h00 
[Centro de Documentación e Recursos Feministas]
“Canon y subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro”
Presentación do libro a cargo das autoras Helena González e María do Cebreiro.
Venres 12
16h00 
[CRAC Coruxo]
Maratón Musical
Actividade para nenos e nenas a partir de 8 anos, sobre cantigas e poemas de Rosalía.
17h00 
[Ludoteca de Lavadores]
Rosalía, unha meniña
Contacontos dramatizado.
19h00 
[C. Cultural de Valadares]
Maratón Musical
Actividade para nenos e nenas a partir de 8 anos, sobre cantigas e poemas de Rosalía.
Sábado 13
11h30 
[Mercado de Bouzas]
Lecturas nos Mercados
Comerciantes e usuarios homenaxean a Rosalía.
Martes 16
19h30 
[Casa Galega da Cultura] Vigo. Capital do Rexurdimento
Charla a cargo de Xurxo Martínez González.
Xoves 18
20h30 
[Café de Catro a Catro]
Comparte os teus “Poemas”
Lectura compartida de versos de Rosalía.
Venres 19
16h15 
[C. Cultural Beade]
Maratón Musical
Actividade para nenos e nenas a partir de 8 anos, sobre cantigas e poemas de Rosalía.
20h30 
[Auditorio Martín Codax. CSM]
Nuria Lorenzo e Carlos Enrique Pérez
Concerto con 7 pezas dedicadas a Rosalía.
Sábado 20
17h00 
[C. Cultural Nautilius Comesaña]
Maratón Musical
Actividade para nenos e nenas a partir de 8 anos, sobre cantigas e poemas de Rosalía.
20h00 
[Auditorio Martín Codax. CSM]
Concerto “Rosalía 21”
Homenaxe a Rosalía de Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira.
Domingo 21
12h30 
[Verbum]
“O repoludo gaiteiro”
Representación de sombras chinesas.
Dirixido por Tanxarina Teatro.
Martes 23
Día do Libro
20h00 
[Auditorio do Concello]
Nova edición de 
Cantares gallegos
Anxo Angueira, autor do libro, acompañado por músicos do IES San Tomé de Freixeiro.
18h00 
[Biblioteca Neira Vilas]
Obradoiro de hip-hop de Rosalía
Impartido por Serxio Regos “García”.
Xoves 25
18h00 
[Biblioteca Neira Vilas]
Ola ríos, ola fontes
Contacontos musicado para xente miúda.
Venres 26
17h00 
[Vilaverde. Zamáns]
“Muíño dos Castañares”
Camiñada como remate do Curso Auga Doce.
19h00 
[Vilaverde. Zamáns]
Muiñada e Serán
Sábado 27
20h30 
[Detrás do Marco]
A Hostia en Verso
Espectáculo literario de Poetas da Hostia.
Martes 30
19h30 
[Rúa do Príncipe]
Alumea a lingua!
Animación na rúa (A. V. Casco Vello).
23h00 
[Casco Vello]
Alumea a lingua!
Representación metafórica do rito de alumear as leiras con fachos acesos.

MAIO
Xoves 2
20h30 
[Editorial Elvira. Rúa Santiago 11]
“2013. Superadas as reivindicacións de Rosalía?”
Mesa Redonda.
Venres 3
19h00 
[EMAO]
Música na Biblioteca
Concerto na biblioteca da EMAO.
Sábado 4
11h30 
[Mercado do Progreso]
Lecturas nos Mercados
Comerciantes e usuarios homenaxean a Rosalía.
12h15 
[Paseo de Afonso XII]
No Vigo de Rosalía
Camiñada polo centro da cidade para descubrir o Vigo de Rosalía.
21h30 
[Monumento a Rosalía] Ruada
22h00 
[O Lagharto Pintado]
Foliada
Martes 7
19h00 
[Centro de Documentación e Recursos Feministas]
Regreso a “Cantares gallegos”
Faladoiro a cargo de María Reimóndez.
Mércores 8
19h00 
[Casa das Mulleres]
“Daquelas que cantan… O ronsel de Rosalía de Castro”
Relatorio a cargo de Marga do Val.
Xoves 9
20h00 
[Café de Catro a Catro] Vigo. Capital do Rexurdimento
Charla a cargo de Xurxo Martínez González.
Venres 10
20h30 
[Detrás do Marco]
Concerto de AID
“Rapoemas”, obras de Rosalía rapeadas.
Sábado 11
11h30 
[Mercado de Travesas]
Lecturas nos Mercados
Comerciantes e usuarios homenaxean a Rosalía.
12h00 
[Praza do Emigrante]
Ola ríos, ola fontes
Contacontos musicado para xente miúda.
Martes 14
20h00
[Auditorio Martín Codax. CSM]
Orquestra Sinfónica e coro do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Obras de Rogelio Groba entre outros.
Mércores 15
12h00 
[Parque de Castrelos]
Correlingua. Cantalingua
Actividades do programa Correlingua.
20h30 
[Casco Vello]
Tendedeiros de versos
Distribución de poemas con traducións a 50 linguas. 
(Organiza UVIGO)
20h00 
[Auditorio Martín Codax. CSM]
Orquestra de ventos do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Xoves 16
10h00 
[Centros de Ensino]
150 anos de
Cantares gallegos
21h00 
[Diante do MARCO]
Coro UVIGO + Gli Apassionati
12 pezas dedicadas a Rosalía.
Venres 17
Día das Letras Galegas
12h00
[Casco Vello]
Alfombra de versos
Alfombra vexetal no Casco Vello e outros actos.
(Iniciativa da Fundación Rosalía de Castro)
19h00 
[IFEVI]
Certame de Corais polifónicas.
ACOPEVI
150  
anos de “Cantares Gallegos”

ACTIVIDADES NO ENSINO
23-25 Abril. Encontros de Normalización Lingüística
2-16 Maio. Concursos “Un WhatsApp a Rosalía” e “Rosalía in me”
ACTIVIDADES NO DEPORTE
Presenza e lecturas nos distintos eventos deportivos dos equipos da cidade.