domingo, 30 de setembro de 2012

PELÍCULAS DA BIBLIOTECA DO SNL DE VIGO.

CAMIÑO DA LINGUA. ACTIVIDADE PARA PRIMARIA

Á atención do Equipo de Dinamización Lingüística
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo,
oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

Camiño da lingua

Camiño da Lingua
é un proxecto que inclúe probas lingüísticas, culturais, xogos onde o vínculo

é a lingua galega.
O taboleiro de xogo simula o coñecido xogo da oca pero tematizado con diferentes monumentos
e lugares emblemáticos da cidade de Vigo.
Os participantes terán que superar unha serie de retos lingüísticos e culturais se queren
conseguir o tan prezado “tesouro de Rande”.
As probas abranguen retos lingüísticos con: “anacos de refráns”, “trabalinguas”, “saúdos noutras
linguas”, “palabras pirata”, “enredos lingüísticos, a “buxaina das palabras”…, etc.
Por outra banda, hai “probas culturais” sobre a nosa cidade para que os participantes coñezan o
lugar onde viven e que deberán superar se queren avanzar polo taboleiro.
E finalmente, probas lúdicas pero con retos de atención, traballo en equipo e coordinación
motora coma: “o xogo da ponte rota”, “o dominó vigués”, “o mapa tridimensional da cidade”,
“fotos de antes-fotos de agora de Vigo”, “ondas do mar de Vigo” e unha lembranza á emigración
galega con “todos a bordo”.
A sesión remata cun obradoiro onde comprobaremos a destreza manual dos participantes cun
políptico de Camiño da Lingua onde escribirán a palabra “lingua” en diferentes linguas e
linguaxes (náutica, braille, hebreo, árabe, chinés, castelán...).
Duración:
1 hora e 30 minutos
Dirixido a:
alumnado de 3.º, 4.º e 5.º de primaria (hai que especificar os cursos)
Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino (de ter alguna dúbida sobre o
desenvolvemento da actividade, poden poñerse en contacto con Rocío de Mekané 986 24 54 86,
626 33 99 91, rocio@mekanedidactica.com)
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que
se achega, o día 4 de outubro
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 4 de
outubro a partir das 9:00 h (a.m.)
Importante: non poderán concorrer a esta actividade os centros de
ensino que xa participaron nela.
Marta Souto González
Técnica do SNL
mc/
Vigo, 27 de setembro de 2012
Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org



Solicitude de participación na actividade:
Camiño da lingua
para 3.º, 4.º e 5.º de primaria
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 4 de outubro a partir das 9:00 h (a.m.)
Importante: Non se aceptarán as solicitudes que non estean
correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono de contacto: __________________ Fax de contacto: _____________________
Correo electrónico de contacto: _____________________________________________
Curso/s que solicita/n a actividade: __________________________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Indicar a preferencia (de 1 a 20) para a participación na actividade:
_____ 8 de outubro (luns), ás 9:30 h _____ 22 de outubro (luns), ás 9:30 h
_____ 8 de outubro (luns), ás 12:30 h _____ 22 de outubro (luns), ás 12:30 h
_____ 9 de outubro (martes), ás 12:30 h _____ 23 de outubro (martes), ás 12:30 h
_____ 10 de outubro (mércores), ás 12:30 h _____ 24 de outubro (mércores), ás 12:30
_____ 11 de outubro (xoves), ás 12:30 h _____ 26 de outubro (venres), ás 9:30 h
_____ 15 de outubro (luns), ás 9:30 h _____ 26 de outubro (venres), ás 12:30 h
_____ 15 de outubro (luns), ás 12:30 h _____ 29 de outubro (luns), ás 9:30 h
_____ 16 de outubro (martes), ás 12:30 h _____ 29 de outubro (luns), ás 12:30 h
_____ 17 de outubro (mércores), ás 12:30 h
_____ 18 de outubro (xoves), ás 12:30 h
_____ 19 de outubro (venres), ás 9:30 h
_____ 19 de outubro (venres), ás 12:30 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a cada
centro o/s grupo/s admitido/s, coa indicación do día e a hora
adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________

ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA, SNL DE VIGO:OS CONTOS/CANTOS DO BARDO ABELARDO

Á atención do Equipo de Dinamización Lingüística
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de
Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
-
Os contos/cantos do bardo Abelardo.

Contos para cantar e encantar
O bardo Abelardo recolle contos e cantos da nosa rica tradición, reinterpretados para
que nenas e nenos se divirtan como o facían os nosos avós e ter así un mellor
coñecemento dela, comezando pola nosa lingua. Un repertorio basado en contos, rimas,
adiviñas e cancións participativas.
Duración:
1 hora
Dirixido a:
alumnado de infantil (3 - 4 anos)
Número de participantes:
máximo 80 en cada sesión (poderíase aumentar o número
de participantes se o centro de ensino ten a infraestrutura apropiada, consultar isto con
Servando Barreiro 671 88 30 26)
Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a
solicitude que se achega, o día 4 de outubro
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día
4 de outubro a partir das 9:00 h (a.m.)
Importante: non poderán concorrer a esta actividade os
centros de ensino que xa participaron nela.
Marta Souto González
Técnica do SNL mc/
Vigo, 27 de setembro de 2012
Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org


Solicitude de participación na actividade:
Os contos/cantos do bardo Abelardo
Contos para cantar e encantar
Número máximo de participantes nun grupo: 80 (infantil 3 - 4 anos)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 4 de outubro a partir das 9:00 h (a.m.)
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean
correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os
campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono de contacto: ____________________ Fax de contacto: ___________________
Indicar a preferencia (de 1 a 24) para a participación na actividade:
_____ 8 outubro (luns), ás 10:00 h _____ 17 outubro (mércores), ás 10:00 h
_____ 8 outubro (luns), ás 12:00 h _____ 17 outubro (mércores), ás 12:00 h
_____ 9 outubro (martes), ás 10:00 h _____ 18 outubro (xoves), ás 10:00 h
_____ 9 outubro (martes), ás 12:00 h _____ 18 outubro (xoves), ás 12:00 h
_____ 10 outubro (mércores), ás 10:00 h NOVEMBRO
_____ 10 outubro (mércores), ás 12:00 h _____ 19 novembro (luns), ás 10:00 h
_____ 11 outubro (xoves), ás 10:00 h _____ 19 novembro (luns), ás 12:00 h
_____ 11 outubro (xoves), ás 12:00 h _____ 20 novembro (martes), ás 10:00 h
_____ 15 outubro (luns), ás 10:00 h _____ 20 novembro (martes), ás 12:00 h
_____ 15 outubro (luns), ás 12:00 h _____ 21 novembro (mércores), ás 10:00
_____ 16 outubro (martes), ás 10:00 h _____ 21 novembro (mércores), ás 12:00
_____ 16 outubro (martes), ás 12:00 h _____ 22 novembro (xoves), ás 10:00 h
_____ 22 novembro (xoves), ás 12:00 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará
-por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, indicando
o día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________

TOPONIMIA DE VIGO

O próximo xoves, día 4 de outubro, ás 18:30h a Concellería de Normalización Lingüística organiza unha charla sobre a toponimia de Lavadores. O lugar escollido é o local da AVCD Lavadores, na avda. Ramón Nieto número 302.A persoa encargada de dar esa charla é o autor do libro Toponimia do Val do Fragoso. Lavadores, Iván Sestay.
Asi mesmo, aquí vos deixo o enderezo do blogue do SNL de Vigo donde podedes atopar información sobre a toponimia da nosa cidade e máis información de interese.
http://toponimiavigo.blogaliza.org/

ROTEIRO POR COIA. IES ALEIXANDRE BÓVEDA

Un traballo interdisciplinar no que se fai un exhaustivo estudo da zona de Coia, en Vigo, e un modelo a seguir para que outros centros poidan/queiran facer un estudo social, económico, histórico, lingüístico, topográfico, toponímico, etc. da zona onde está ubicado.

http://roteiroporcoia.wikispaces.com/

martes, 11 de setembro de 2012

Estimados/as amigos/as:

Esperamos que gozárades das vacacións e que repoñerades forzas para este novo e difícil curso que agora comezamos.
Como ben sabedes, foron convocadas eleccións ao Parlamento Galego para o 21 de outubro. Desde o Consello Directivo da CGENDL consideramos que é preciso facer un balance destes case catro anos de política lingüística da administración galega e, ao mesmo tempo, avanzar as nosas propostas para a normalización do galego.
É por iso que vos pedimos que, se o considerades oportuno, nos enviedes:
  1. As vosas consideracións sobre a política lingüítica desenvolvida polo goberno que agora remata mandato.
  2. Propostas de mellora da situación da nosa lingua no ensino, e na sociedade en xeral, que debemos facer desde a CGENDL.
Con estas ideas elaboraremos un documento que será remitido aos partidos politicos galegos e aos medios de comunicación para que se coñezan as propostas da CGENDL para avanzar na normalización da nosa lingua.
Pregámosvos que nolas fagades chegar desde hoxe mesmo até o 12 de setembro.
Recibide un cordial saúdo.
Consello Directivo
CGENDL

sábado, 30 de xuño de 2012

BO VERÁN A TOD@S!!!!!!!!!

Prezados/as amigos/as,
O curso 2011-2012 chega á súa fin e, durante un ano máis, desde a CGENDL tratamos de seguir traballando para facer máis doado e eficaz o labor dos nosos equipos. Para iso, ofrecémosvos tanto listaxes de actividades, ligazóns a páxinas de recursos, novas, etc., como tentamos dar saída, na medida das nosas posibilidades, a algunhas das demandas e queixas varias que nos fixestes chegar.
Como sempre vos lembramos, a CGENDL constrúese como un proxecto colectivo, polo que seguiremos agardando, no próximo curso, polas vosas propostas e suxestións para seren desenvolvidas, e pola vosa colaboración no día a día. Animámosvos a que, a pesar dos moitos atrancos que sufrimos os Equipos, sigamos a demostrar, coa vosa profesionalidade, o compromiso asumido coa lingua e a formación do noso alumnado.
Moitas grazas a todas e a  todos.
Saúdos normalizadores e recibide os nosos mellores desexos para este verán.
CGENDL



SAÚDOS A TOD@S E GRAZAS! DESDE A CDEDLG DE VIGO E BISBARRA.

VIDEO DO CPR NS ESPERANZA

http://dl.dropbox.com/u/22728933/TRABAJO%20TERCERO%20ESO.wmv

CANTIGA DE AMIGA E ESCARNIO!? PROBA DE VIDEO PROMOCIONAL

Aquí vos deixo o segundo video.

VIDEO PROMOCIONAL DAS CANTIGAS DE AMIGA

Este video é unha mostra, con " tomas falsas" incluidas, do traballo realizado por alumnas e alumnos do CPR Esperanza e o IES de Teis co gallo de promocionar entre a xuventude a recuperación das nosas cantigas tradicionais de xeito " moderno" e adaptadas ás novas tecnoloxías. Os alumnos participaron nun obradoiro de cantigas, aprenderon a construilas,gravaron as súas propias cantigas, e meses despois, en conxunto, os dous centros participaron nunha xornada onde realizaron dous video-clips do seu traballo conxunto. A actividade estivo promocionada polo ENDL do Concello de Vigo, e coordinada por Brais, de Xandobela, coa colaboración e entusiasmo das profesoras destes xoves artistas Pilar e Mabel, e a inestimabel axuda, no tocante a vestiario, de Marta Souto que nos acompañou na xornada de convivio.
Parabéns a tod@s

domingo, 24 de xuño de 2012

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA OS ENDL

Prezados/as amigos/as,
Como ben sabedes, unha das nosas liñas de traballo é a de ser transmisores de todos aqueles materiais didácticos, proxectos ou recursos en galego que nos fan chegar á CGENDL, e que poidan ser útiles para os nosos equipos.
Neste sentido, informámosvos que podedes consultar nos seguintes enlaces dous recursos que nos enviaron recentemente:
  1. na ligazón http://83.165.217.41/ebooks/Axenda_escolar_2012_2013/index.html atoparedes información sobre unha axenda escolar en galego que podería ser un punto de arrinque para o novo curso escolar.
  2. na ligazón http://www.20editora.com/index.php/dicionario-moderno-ingles-galego.html atoparedes información sobre o primeiro Dicionario moderno inglés-galego que acaba de realizar a Universidade de Vigo.
Así mesmo, a Consellería vén de resolver as axudas ao fomento do uso do galego no ensino a falta de tres días para o remate do curso (http://praza.com/ciencia-e-tecnoloxia/1286/educacion-concede-as-axudas-para-o-galego-no-ensino-a-tres-dias-da-fin-do-curso). Nos arquivos anexos tedes a listaxe de axudas por provincias (DOG, nº 116, de 19 de xuño) e unhas orientacións que a SXPL está enviando aos centros para a súa correcta xustificación. 
Saúdos normalizadores
CGENDL


INFORMACIÓN
http://dl.dropbox.com/u/22728933/Orientaci%C3%B3ns%20da%20SXPL%20para%20a%20xustificaci%C3%B3n%20das%20axudas%20aos%20equipos.doc

ONDAS DO MAR DE VIGO. CPR NS ESPERANZA

http://dl.dropbox.com/u/22728933/TRABAJO%20TERCERO%20ESO.wmv

Video realizado por alumn@s de 3º de ESO do CPR NS Esperanza para traballar no aula as cantigas.

venres, 18 de maio de 2012

QUE PLURILINGÜISMO QUEREMOS? CDEDLG DE VIGO, CGENDL

  Unha imaxe: a de tres irmás que a pesar do seu peso reciben exactamente a mesma ración de comida diaria. Unha delas, a única filla biolóxica, está moi delgada, débil e non serve para traballar porque non ten forza; outra, medio-irmá, está bastante máis vigorosa pero é útil unicamente para a realización de certos traballos; a última, filla adoptada, é grande, forte e goza dunha férrea saúde polo que é a requirida para os traballos importantes. Se os seus pais dan a todas a mesma ración de comida, que ocorrerá? NADA. Velaí o problema. Co tempo, todos verán a filla máis débil como un estorbo que non serve para nada e pode ata que a deixen morrer. Paradoxal, que dúbida cabe!, sendo ela a única filla de dereito. Pois ben, así actuaron os nosos políticos, decidiron alimentar unicamente ás fortes e denominárono "plurilingüismo". Do mesmo xeito que no caso anterior, a filla máis débil está destinada a morrer pero, neste caso, decidiuse asestarlle o golpe definitivo defendendo que supón un risco para a súa medio-irmá que, sen dúbida, se puidese consumir a comida da desaparecida sería moito máis forte. Namentres, a filla adoptada, aproveitando esta absurda discusión, come a ración das súas irmás deixándoas moribundas. A máis débil, á que só quedan migallas, pode que non dure moito. A súa medio-irmá é posible que sobreviva pero a súa saúde resentirase. Ao final, de tres irmás só unha servirá para algo. Non sería mellor repartir a comida en función do estado de saúde de cada unha delas e lograr así, tres fillas fortes útiles para realización de calquera traballo?
Que temos agora?
Centros plurilingües que botaron a andar sen atender ao contexto sociolingüístico no que se encontran e sen planificación adecuada.
Alumnado que non adquire as competencias básicas nin as competencias lingüísticas propostas polo Marco Europeo Común de Referencia.
Alumnado que non lle saca rendibilidade á súa condición de bilingüe nativo.
Alumnado que accede a unha lingua estranxeira cando aínda non ten asentada a súa lingua inicial, nin a outra lingua da comunidade.
Profesorado sen formación suficiente (a titulación B2 ou a especialización de inglés de CCs de educación non abonda).

Prexuízos graves desta situación Peor formación xeral do alumnado e aumento do fracaso escolar. O alumnado bo segue as clases pero non entenderá moitos conceptos e o alumando menos bo nin segue as clases nin percibe os conceptos. Discriminación da maioría do profesorado que non pode participar no concurso de traslados paralelo que privilexia a quen participa neste programa.


Que queremos? Plurilingüismo, pero inclusivo e con equidade.
Como se consegue? Co Tratamento Integrado de Linguas (TIL).
O TIL non é:
un reparto de linguas por materias.
aprender só inglés e castelán.
memorizar palabras e deixar de aprender contidos.
O TIL é:
Aprender realmente moitas linguas pero partindo das dúas existentes na comunidade. Non se pode abandonar unha delas para aprender outra de fóra.
Partir dun enfoque comunicativo (ten que ter sentido o uso da lingua. O alumnado aprende linguas para usalas).
Explotar as estratexias de transferencia de linguas: conseguir desde a lingua propia saber como se xestionan as outras.
Facer unha planificación conxunta para traballar as linguas de forma relacionada.
Adquirir competencia plurilingüe e intercultural, cunha gradación do dominio das diferentes linguas.
Conseguir acordos e complicidades entre o profesorado e as familias. Cada lingua que aprendemos non pasa a ocupar un oco no noso cerebro, senón que temos unha competencia subxacente común desde a que somos capaces de xestionar as linguas que aprendemos [J. Cummins]
Se queres + información: www.coordinadoraendl.org/plurilinguismo/index.html

domingo, 13 de maio de 2012

COPITO DE NEVE

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS: VALENTIN PAZ ANDRADE.

http://www.coordinadoraendl.org/letras2012/index.html

MATERIAIS " DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas

17 de MAIO. MANIFESTO "QUEREMOS GALEGO", AGUSTÍN FDEZ. PAZ

17 de maio. 12 horas. Alameda de Santiago de Compostela.
Haberá autobuses desde diferentes puntos do País.
POLA LINGUA QUE NOS UNE. PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO.


Manifesto elaborado polo escritor Agustín Fernández Paz para a manifestación do 17 de maio


VOARES DE ESPERANZA
Don Ramón Otero Pedraio, para loar o labor entusiasta da imprenta de Ánxel Casal e de María Miramontes, chamoulle a aquel obradoiro «pombeiro de voares de esperanza». Pombeiro de voares de esperanza!  A frase era o tal, pois desde alí botaban a voar os libros que recollían o mellor do pensamento e da creación en galego. Aqueles non eran tempos doados, mais os azos dos homes e mulleres das Irmandades da Fala foron enchendo de luz as vilas e cidades de Galiza e conseguiron facer visible socialmente a lingua de nós.
Nesas persoas están as nosas raíces, somos elos dunha cadea que vén de lonxe. Rosalía de Castro e tanta outra xente que traballou pola recuperación e o prestixio da lingua e da cultura conforman o ADN onde nos debemos recoñecer. Un ADN que ten algúns tramos da dobre hélice especialmente fértiles, coma o das Irmandades, semente das ideas que hoxe constitúen a nosa cerna: Galiza, célula de universalidade. A vontade de sermos unha peza máis, en pé de igualdade, no mosaico mundial das culturas.
Non foron fáciles as épocas pasadas e tampouco non o son os tempos que nos toca vivir. Non é preciso reiterarmos aquí as agresións destes últimos anos, cunha boa parte das elites políticas, financeiras e mediáticas obsesionadas por esborrallar os avances que traballosamente foramos acadando. O seu obxectivo: facer do galego unha lingua socialmente invisible, que permaneza recluída no gueto e non acade un uso normalizado. Que o castelán sexa a lingua por defecto e o galego, a rareza, a lingua oculta. Tratala coma un bonsai ao que cómpre retallarlle as pólas que se obstinan en medrar máis do permitido.
            Que ilusos! Non coñecen as palabras do sociolingüista Colin Baker: «A substitución dunha lingua non é un proceso evolutivo natural. Alí onde a xente está determinada a manter viva unha lingua, parece imposible destruíla.» Non saben que as agresións nos fan máis fortes, que nos impulsan a ampliar o tamaño da nosa esperanza, que medra en nós a vontade de construírmos espazos de encontro e mais de unión.
Na súa novela 1984, George Orwell describe unha sociedade oprimida por unha minoría, onde a neolingua é o instrumento utilizado para construír a realidade deformada que lle interesa ao poder: baléiranse de significado as vellas palabras e énchense con outros que mellor conveñan. Como non lembrar a Orwell cando vemos como se retorce o significado de palabras como imposición, liberdade, bilingüe,normalización ou, ultimamente, plurilingüe? Do mesmo xeito que a Policía do Pensamento obrigaba o protagonista da distopía de Orwell a aceptar que 2 + 2 = 5, a quen controlan os fíos do poder válelles todo para ofreceren unha falsa visión da realidade.
Contra as mentiras, non cansaremos de lembrar o evidente: a lingua que naceu hai máis de mil anos neste país é de todas as persoas que vivimos e soñamos nel. Tamén é das persoas que chegan a Galiza desde calquera lugar do mundo, empuxadas polo desexo dunha vida mellor, e deciden quedar aquí. E tamén, xaora, de tanta xente que ten na nosa terra as súas raíces e anda espallada polo mundo adiante, pois nós fomos –aínda o somos, e ben que nos doe- un país de emigración.
Do mesmo xeito que unha planta precisa dunhas condicións ambientais determinadas para medrar, tamén as necesita unha lingua que se encontre nunha situación minorizada, como lle ocorre ao galego. Por iso urxe crear as medidas precisas facer realidade un "nicho ecolóxico" favorable á lingua. Unhas medidas nas que nunca deben faltar dúas constantes: o exemplo práctico de que o galego é útil en calquera ámbito e para todas as funcións e a vontade de crear actitudes positivas cara á lingua. Para que na sociedade non haxa cidadáns de primeira e de segunda, deben crearse as condicións para que se poida vivir en galego con normalidade. Cousa que hoxe non ocorre, como constatamos día tras día.
Como ten reiterado Xabier DoCampo, «nós non mentimos». Imos sempre coa verdade por diante, conscientes da xustiza das nosas ideas e propostas. Con alegría, desmontando na práctica os insidiosos prexuízos que outros sementan na sociedade e nas familias, impulsando actividades que fagan posible vivir en galego. Porque amamos e defendemos a pluralidade lingüística, xaora que si, mais non a costa de deixar arrombada a nosa lingua no faiado.
Somos conscientes do labor que nos agarda. Mais tamén sabemos que paga a pena empregar todas as nosas enerxías nel, e que non hai lugar para o desánimo. Como escribiu Bertolt Brecht, nos anos da longa noite de pedra que asolagaba Europa: «Quen aínda estea vivo non diga “xamais”. / De quen depende que siga a opresión? De nós. / De quen que remate? De nós tamén. / Pois os vencidos de hoxe son os vencedores de mañá / e o xamais convértese en hoxe mesmo.»
Todas as persoas que amamos o galego temos que erguer un pombal no noso interior, un pombal do que xurdan os voares de esperanza que encherán de vida os ceos da patria da lingua que nos une.

sábado, 12 de maio de 2012

PREMIO LEIXAPRÉN. CGENDL.


A CGENDL convoca o premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega , unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino na que vos convidamos a participar antes do remate do prazo , xoves 17 de maio , día das Letras Galegas.
Nas bases (tamén en http://www.coordinadoraendl.org/premioleixapren/ ), establécese que os destinatarios do premio serán persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega en diferentes ámbitos de actuación.
O Comité de Selección orientou o galardón nesta edición cara ao Ámbito Económico e Empresarial en consonancia co perfil profesional de Valentín Paz-Andrade e coa iniciativa "Empresa en Galego" que lanzou a CGENDL:  http://www.coordinadoraendl.org/empresaengalego . As candidaturas preseleccionadas son: A-1 Seguridade, Alimentos Amorodo, Imaxín Software, Bodegas Martín Códax e R Telecomunicacións.
A votación realízase a través de http://www.coordinadoraendl.org/premioleixapren/ e da persoa que coordine o Equipo do voso centro, que deberá utilizar o enderezo electrónico que deu para adscribirse á CGENDL. Para resolver calquera problema ou facer as vosas consultas non dubidedes en dirixirvos a correo@coordinadoraendl.org .
O premio será entregado o sábado 26 de maio no decurso dun xantar (25€) que terá lugar ás 14.30h no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela: as persoas interesadas xa poden confirmar asistencia. A partir desa data estará disponible o libro XX anos dos Equipos de Normalización Lingüística .

Saúdos normalizadores
CGENDL