mércores, 8 de outubro de 2014

Ops: a nosa vantaxe / a nossa vantagem

Ops! é un obradoiro para lle mostrar ao alumnado dos centros de ensino de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional que o galego é:
- Unha entrada privilexiada para acceder ao mundo en portugués
- A nosa vantaxe competitiva no cadro español e europeo

A Concellaría de Normalización Lingüística achégalles esta actividade aos centros de ensino para compartirmos esta vantaxe que posuímos as e os galegofalantes, mais tamén coñecedora de que a maioría do noso estudantado apenas ten contacto coa lingua e cultura portuguesas.
Descoñecemos, non valoramos a lingua que temos máis preto, a lingua compartida, e lingua que é hoxe en día a sexta máis falada no mundo; oficial en 4 continentes e 8 países, sendo un deles Brasil, potencia emerxente.

A lingua galega ten no portugués unha ferramenta para afianzarse, valorarse e así... normalizarse. Sabendo galego, achegámonos aos falantes de portugués, a novos mercados, posibilidades, intercambios, cultura... Temos, pois, moito que gañar.

Duración: 100 minutos

Dirixido a: alumnado de Secundaria, Bacharelato e FP, (hai que indicar o curso)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. No caso de que o obradoiro non se realice na súa aula habitual (onde o alumnado ten as súas cousas) deben levar para o obradoiro algo para escribir: bolígrafo, lapis, libreta...


Necesidades técnicas: unha sala con proxector e pantalla para poder mostrar a presentación e os sitios web, así como unha saída de son dun computador e conexión a internet (de ter algunha dúbida sobre o desenvolvemento desta actividade, poden poñerse en contacto con Loaira 633 82 54 10).

Contidos:

1.- Temos moito que gañar
    Mostrar a vantaxe competitiva da Galiza en relación á Lusofonía
    Mostrar o que a Lusofonía representa en termos xeográficos, culturais e económicos
    Tomar consciencia do que sabemos e descoñecemos respecto aos países que falan portugués
    Mostrar o que a poboación galega ten a gañar sabendo portugués
2.- Ler está ao alcance do teus ollos (ortografía)
        Mostrar que as palabras e as letras poden ser lidas de distintas formas
        Mostrar como se len á galega  as letras do alfabeto portugués non presentes na ortografía da lingua galega

Entre as unidades 2 e 3 xogaremos a preencher buracos na letra dunha canción brasileira.

3.- Sabemos moito mais non nos debemos confiar (léxico e gramática)
           Mostrar a nosa vantaxe competitiva en termos de comprensión escrita (gramática e léxico)
          Mostrar que a maioría do léxico é común
         Advertir das dificultades léxicas: sinónimos, falsos amigos, palabrar modernas, anglicismos

4.- Podes aprender ti mesmo(a)
      Fornecer recursos para os alumnos e alumnas seren autónomos na aprendizaxe
       Fornecer recursos culturais (música, cinema, xornais, ebooks, xogos) para que se mergullen no mundo do portugués

O/a relator/a exprésase en portugués de Portugal ou de Brasil, indistintamente. Utilízanse presentacións en Office Impress, Internet, música e audio-visual.

Para máis información poden consultar o site web ops.agal-gz.org/


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 13 de outubro.

As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o 13 de outubro a partir das 9:30 h e ata as 14:00 h


Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.


venres, 3 de outubro de 2014

REUNIÓN EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN

Ola ! o vindeiro luns 6 de outubro, ás 18/30 terá lugar no IME ( Camiño do Chouzo) a xuntanza de principio de curso coa representante do SNL do Concello, contamos con tod@s vós!
 Normas das actividades:
Á atención do Equipo de Dinamización Lingüística
O Servizo de Normalización Lingüística estavos ofertando aos centros de ensino unha ampla variedade de actividades dinamizadoras do galego. Oferta que fomos ampliando curso tras curso grazas á vosa acollida e colaboración, e por crermos que é unha maneira axeitada de achegar o alumnado á lingua propia.
O obxectivo destas accións é pór á disposición dos equipos de dinamización lingüística actividades que mesturen o lúdico co educativo, que complementen áreas e temas do curriculum escolar sempre fomentando o coñecemento da lingua de noso, propiciando espazos para a comunicación en galego, facendo aniñar no alumnado sentimentos cara á lingua de noso.
Dirixímonos aos equipos como interlocutores pois compartimos un mesmo desexo: que os cativos e cativas, que as mozas e mozos coñezan, usen, valoren e sintan como de seu a lingua propia de Galicia.
Tras a realización da actividade solicitamos a vosa avaliación e suxestións e, asemade, pedímoslles ás empresas que realizan as accións unha memoria avaliativa e suxestións.
Xa daquela, cando analizamos as memorias non chegamos a comprender certos comentarios que reflicten actitudes, ausencias e pouca colaboración que mostra o profesorado nalgunhas (afortunadamente as menos) actividades solicitadas a este SNL.
Comentarios que se repiten por parte das distintas empresas o que nos leva a consideralo non só como algo puntual, e na que "reinciden" certos centros de ensino.
Dende o curso pasado indicamos que teriamos en conta estas memorias á hora de achegar aos centros novas actividades, e que a actitude do propio profesorado ía pesar moito, sen esquecer o máis importante: son actividades dende o SNL co fin de dinamizar o uso do galego.
Para este novo curso, seguiremos cos criterios do pasado ano, que vos lembramos:
1.- As actividades teñen o obxectivo de fomentar o uso e coñecemento do galego por parte do alumnado. Que o profesorado non media palabra ningunha en galego durante a actividade pouco -por non dicir nada- favorecen este obxectivo.
2.- As actividades desenvólvense en horario escolar e, na súa maioría, nos centros de ensino. Entendemos, daquela, que o pfoesorado ha estar na aula durante a realización da actividade. O feito de deixar o alumnado só co monitor ou monitora e ausentarse durante toda a actividade pouco ou nada axuda ao normal desenvolvemento da actividade.
Os e as monitoras non son persoal docente, van realizar a actividade e contan
-ou cren contar- co profesorado. Mais a ausencia deste leva a que non poidan
realizar a actividade nas mellores condicións ou mesmo teñan que, deixar de
facela, por ter que mediar en leas entre o alumnado ou pasar case todo o
tempo pedindo orde e colaboración.
3.- A colaboración, o interese, a participación do profesorado durante o
desenvolvemento da actividade leva, xeralmente, implícito un maior interese
por parte do alumnado.
4.- Cómpre tamén sinalar que:
a) As fichas de inscrición que se remiten para informar e apuntarse ás actividades deberán achegar todos os datos solicitados.
b) Han de se respectar os horarios para o envío das solicitudes.
O uso da lingua galega -sobre todo por parte do profesorado-, a presenza durante a actividade por parte do profesorado (non sendo que nun intre o monitor ou monitora pida expresamente que saia), e a implicación deste (ao cabo, a actividade tamén vai dirixida a vós), van ser tamén considerados á hora de outorgar as actividades, sen esquencermos a orde de chegada da solicitude e que esta estea completa.
E sempre valoramos as vosas avaliacións e suxestións; así tentaremos ofertar novas actividades, repetir aquelas que contan coas mellores valoracións e proporcionarvos material complementario.
As actividades realízanas diferentes empresas, polo que queremos facer fincapé que sempre vos indicamos o número de teléfono de contacto da empresa, xa que vos pode solventar certas dúbidas ou proporcionar máis información puntual.
Somos conscientes de que resultan escasas as sesións ante as vosas demandas, mais os nosos medios e recursos -humanos e orzamentarios- son reducidos. E o noso labor non só abrangue o ensino nin a poboación infantil e xuvenil, malia iso temos dedicado a maior parte do noso orzamento ao ensino.
Con todo agardamos seguir traballando e contar co compromiso e colaboración que nos estades brindando.

SNL, Concello de Vigo

Apertas! Mabel

martes, 16 de setembro de 2014

CURSO LINGUA DE SIGNOS







MENSAXE DE BENVIDA DA CGENDL

Prezados/as amigos/as,
Dende a CGENDL retomamos a comunicación con vós neste comezo de curso para dar continuidade ao labor normalizador que desenvolvemos entre todos/as. Un ano máis, procuraremos canalizar cara á administración as demandas dos Equipos e de todos/as os/as docentes que apostamos pola normalización do galego no ensino, así como partillar recursos, actividades e experiencias que redunden nese labor.
Neste primeiro correo, aproveitamos para para informarvos de novos materiais e dunha nova cita formativa de interese:
  • Calendarios e materiais de planificación do curso: na nosa páxina podedes descargar o calendario escolar 2014-2015 (para os distintos niveis e en varios formatos e temporalizacións) e axendas escolares elaboradas por docentes, servizos de normalización, etc. http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_calendario.php
  • XVI Encontros para a Normalización Lingüística: o CDSG do Consello de Cultura organiza unha nova edición destas xornadas os vindeiros 24 e 25 de setembro en Santiago de Compostela para analizar as políticas lingüísticas e a evolución dos diferentes procesos de normalización das linguas cooficiais. O profesorado que forma parte da CGENDL ten preferencia na inscrición. Na páxina do CCG atoparedes o programa e o formulario de inscrición: http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200202
  • Renovación das adscricións. Pedímosvos que nos informedes dos cambios que se producen á fronte dos Equipos e que lles indiquedes ás novas persoas coordinadoras que se poden adscribir á CGENDL en http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rexistro_rex.php.
Sen máis, animámosvos a retomar o traballo normalizador con enerxía, ilusión e alegría, como a que mostran os nenos e nenas do CEIP de Sárdoma neste traballo do seu Equipo de Normalización: http://youtu.be/zG9PZPZinuk.
Saúdos normalizadores
Coordinadora Galega de ENDL

http://coordinadoraendl.org/

BENVID@S AO NOVO CURSO ESCOLAR 2014-15

Ola de novo! empezamos, como en anos anteriores, a nosa tarefa de mantervos informad@s das novidades normalizadoras que están ao noso alcance . Queremos darvo-la benvida ao novo curso escolar, e darvos azos para seguir nesta marabillosa, aínda que difícil tarefa en tempos de crise, máis ben de valores morais, de desenvolver e defender a lingua de noso.
Coma sempre esperamos con cariño e ilusión as vosas aportacións. Este blog é unha fiestra aberta ao traballo que desenvolvemos , e coma sempre estou disposta a servirvos de canle de comunicación e difusión do voso traballo.
Deixovos un novo enderezo electrónico que reviso máis polo miúdo : mabel.esperanza@edu.xunta.es, podedes enviar todo o que queirades, críticas e suxerencias incluídas.
Máis nada. agradecervos, coma sempre, que me teñades aturado, ateigareivos de novo con novas de interese, e coma sempre estou á vosa disposición para o que queirades.
Apertiñas e bicos para todas e todos.
Feliz curso! ánimo e paciencia! jajajaj(:-)
Mabel

mércores, 21 de maio de 2014

O BARDO ABELARDO PARA INFANTIL DE 0 A 3

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Os contos/cantos do bardo Abelardo.
      Contos para cantar e encantar

O bardo Abelardo recolle contos e cantos da nosa rica tradición, reinterpretados para que nenas e neos se divirtan como o facían os nosos avós e ter así un mellor coñecemento dela, comezando pola nosa lingua. Un repertorio baseado en contos, rimas, adiviñas e cancións participativas.

Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de infantil (de 0 a 3 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 27 de maio ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 27 de maio a partir das 9:30 h e até as 14:00 h



Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.


Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.orgg / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Os contos/cantos do bardo Abelardo
para infantil de 0 a 3 anos


Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 27 de maio a partir das 9:30 h e até as 14:00 h


Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).


DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________

Teléfono: ____________________________


Número máximo de participantes nun grupo: 80 (poderíase aumentar o número de participantes se o centro de ensino ten a infraestrutura apropiada, consultar isto con Servando Barreiro 671 88 30 26)


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade:


______ 2 xuño (luns), 10:00 h                            ______ 9 xuño (luns), 10:00 h
______ 3 xuño (martes), 10:00 h                        ______ 10 xuño (martes), 10:00 h
______ 4 xuño (mércores), 10:00 h                    ______ 11 xuño (mércores), 10:00 h
______ 5 xuño (xoves), 10:00 h                          ______ 12 xuño (xoves), 10:00 h
______ 6 xuño (venres), 10:00 h                        ______ 13 xuño (venres), 10:00 h


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

mércores, 14 de maio de 2014

RIFA SOLIDARIA EN PRO DE AVOAESCOLA

En Galiza co Galego apoiamos a campaña en favor de Avoaescola.
Cada ano máis de 25.000 nenas e nenos na Galiza perden o contacto coa língua galega.
A mellor defensa do galego é apoiar a educación en galego da infancia.
http://www.galizacogalego.com/aipeavoaescola

PERCUSSOES

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Percussões
É un obradoiro onde se descobren os puntos en común entre dúas culturas irmás: a brasileira e a galega. Música, fauna, tradicións, comidas típicas e outras curiosidades… fan que se esperte de maneira lúdica e interactiva o interese polas diversidades e a un tempo semellanzas de dous países que comparten a mesma lingua. Tamén imos facer algunha actividade musical en grupo para gozarmos da esencia dos ritmos afrobrasileiros.
O obxectivo é mostrar como os alumnos e alumnas por medio do galego poden aproximarse, relacionarse e entender perfectamente ese inmenso país que xa é a quinta economía do planeta e un referente político e cultural a nivel mundial.
Isto vai transformar a lingua galega nunha vantaxe e provocará un reforzo para o seu estatuto e o dos seus falantes dentro da aula e co profesorado. O relator usará un formato de lingua portuguesa próximo, en termos lexicais, ás falas galegas que os alumnos coñecen pasiva ou activamente. A metodoloxía do obradoiro será práctica, procurando unha alta implicación das rapazas e rapaces.
Quen os imparte?
Xurxo Troncoso ten estudos de percusión brasileira así como tamén de instrumentos populares. Traballou como percusionista no Brasil e como profesor de teatro e música en Madrid durante 7 anos. Ten un extenso labor de pesquisa en sistemas pedagóxicos alternativos e experiencias de aplicación destes en centros educativos, conservatorios, etc. Foi profesor de diferentes obradoiros de Percusión Brasileira e de música folque para nenos e nenas. Profesor e fundador do ”Laboratorio Infantil“ dedicado a aulas de fomación artística e musical que desenvolven espectáculos na cidade de Pontevedra. Performances na rúa, presentacións do “Salón do livro” e máis de 6 espectáculos propios.
Como músico ten colaborado con Carlinhos Brown, Uxia Senlle, en grupos de percusión de rúa en Madrid, Holanda, Alemaña, Francia e Galiza.

Duración: 50 minutos
Dirixido a: alumnado de infantil (5 anos)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (espazo amplo e con boa acústica)
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 26 de maio ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 26 de maio a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.



Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Percussões para infantil (5 anos)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 26 de maio a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número de participantes do seu centro: ________________________

Número máximo de participantes nun grupo: 40


Indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade.


Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

_____ 2 xuño (luns), ás 09:30                             _____ 5 xuño (xoves), ás 09:30
_____ 2 xuño (luns), ás 12:30                             _____ 5 xuño (xoves), ás 12:30
_____ 3 xuño (martes), ás 09:30                         _____ 6 xuño (venres), ás 09:30
_____ 3 xuño (martes), ás 12:30                         _____ 6 xuño (venres), ás 12:30
_____ 4 xuño (mércores), ás 09:30
_____ 4 xuño (mércores), ás 12:30


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

FILME " O APÓSTOLO"

O sábado 7 de xuño vaise proxectar o filme "O Apóstolo" no Auditorio Municipal.
A proxección está aberta a todo o público (a partir de 10 anos), achégase o cartel publicitario para que fagan difusión desta actividade.

CARTEL



Amais, achéganse uns enlaces no documento anexo para que traballen nas aulas sobre este filme.

Tráiler película 'O APOSTOLO' http://oapostolo.com/pelicula/trailer/


Estes son os enlaces ao traballo que está a facer TRIBU2.O, no blog pódese ver o traballo que se está a facer xa nalgúns centros educativos:


Blog tribu 2.0- O APOSTOLO http://animasoapostolo.blogspot.com.es/


enlace do exemplo do traballo que están a facer nos colexios, este é o que fixeron sobre a película no Luis Vives de Ourense https://sites.google.com/site/petodasanimas/


NOVAS DA COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN

PENÉLOPE


DOCUMENTAL SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


BIOGRAFÍA DE DÍAZ CASTRO