mércores, 14 de maio de 2014

RIFA SOLIDARIA EN PRO DE AVOAESCOLA

En Galiza co Galego apoiamos a campaña en favor de Avoaescola.
Cada ano máis de 25.000 nenas e nenos na Galiza perden o contacto coa língua galega.
A mellor defensa do galego é apoiar a educación en galego da infancia.
http://www.galizacogalego.com/aipeavoaescola

PERCUSSOES

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Percussões
É un obradoiro onde se descobren os puntos en común entre dúas culturas irmás: a brasileira e a galega. Música, fauna, tradicións, comidas típicas e outras curiosidades… fan que se esperte de maneira lúdica e interactiva o interese polas diversidades e a un tempo semellanzas de dous países que comparten a mesma lingua. Tamén imos facer algunha actividade musical en grupo para gozarmos da esencia dos ritmos afrobrasileiros.
O obxectivo é mostrar como os alumnos e alumnas por medio do galego poden aproximarse, relacionarse e entender perfectamente ese inmenso país que xa é a quinta economía do planeta e un referente político e cultural a nivel mundial.
Isto vai transformar a lingua galega nunha vantaxe e provocará un reforzo para o seu estatuto e o dos seus falantes dentro da aula e co profesorado. O relator usará un formato de lingua portuguesa próximo, en termos lexicais, ás falas galegas que os alumnos coñecen pasiva ou activamente. A metodoloxía do obradoiro será práctica, procurando unha alta implicación das rapazas e rapaces.
Quen os imparte?
Xurxo Troncoso ten estudos de percusión brasileira así como tamén de instrumentos populares. Traballou como percusionista no Brasil e como profesor de teatro e música en Madrid durante 7 anos. Ten un extenso labor de pesquisa en sistemas pedagóxicos alternativos e experiencias de aplicación destes en centros educativos, conservatorios, etc. Foi profesor de diferentes obradoiros de Percusión Brasileira e de música folque para nenos e nenas. Profesor e fundador do ”Laboratorio Infantil“ dedicado a aulas de fomación artística e musical que desenvolven espectáculos na cidade de Pontevedra. Performances na rúa, presentacións do “Salón do livro” e máis de 6 espectáculos propios.
Como músico ten colaborado con Carlinhos Brown, Uxia Senlle, en grupos de percusión de rúa en Madrid, Holanda, Alemaña, Francia e Galiza.

Duración: 50 minutos
Dirixido a: alumnado de infantil (5 anos)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (espazo amplo e con boa acústica)
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 26 de maio ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 26 de maio a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.



Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Percussões para infantil (5 anos)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 26 de maio a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número de participantes do seu centro: ________________________

Número máximo de participantes nun grupo: 40


Indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade.


Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

_____ 2 xuño (luns), ás 09:30                             _____ 5 xuño (xoves), ás 09:30
_____ 2 xuño (luns), ás 12:30                             _____ 5 xuño (xoves), ás 12:30
_____ 3 xuño (martes), ás 09:30                         _____ 6 xuño (venres), ás 09:30
_____ 3 xuño (martes), ás 12:30                         _____ 6 xuño (venres), ás 12:30
_____ 4 xuño (mércores), ás 09:30
_____ 4 xuño (mércores), ás 12:30


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

FILME " O APÓSTOLO"

O sábado 7 de xuño vaise proxectar o filme "O Apóstolo" no Auditorio Municipal.
A proxección está aberta a todo o público (a partir de 10 anos), achégase o cartel publicitario para que fagan difusión desta actividade.

CARTEL



Amais, achéganse uns enlaces no documento anexo para que traballen nas aulas sobre este filme.

Tráiler película 'O APOSTOLO' http://oapostolo.com/pelicula/trailer/


Estes son os enlaces ao traballo que está a facer TRIBU2.O, no blog pódese ver o traballo que se está a facer xa nalgúns centros educativos:


Blog tribu 2.0- O APOSTOLO http://animasoapostolo.blogspot.com.es/


enlace do exemplo do traballo que están a facer nos colexios, este é o que fixeron sobre a película no Luis Vives de Ourense https://sites.google.com/site/petodasanimas/


NOVAS DA COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN

PENÉLOPE


DOCUMENTAL SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


BIOGRAFÍA DE DÍAZ CASTRO


PENÉLOPE


TELEXORNAL DÍAZ CASTRO


mércores, 7 de maio de 2014

CAMPAÑA DE APOIO Á LECTURA

A Asociación de comerciantes e industriais da zona de Pi Y Margall, por mor do " Día das Letras Galegas", a semana do 17 de maio, agasallan as compras cun libro.
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22728933/comerciantes%20pi%20y%20margall.pdf

I CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS


http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro#OutrasIniciativas

ACTIVIDADES PARA O " DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

Estimados/as amigos/as,
Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro: http://coordinadoraendl.org/letras2014.
Nela, partíllanse recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. que foron elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo dos centros escolares, institucións, asociacións, etc. Dende a CGENDL pretendemos novamente facilitar o voso labor nas aulas; por iso, agardamos polos vosos traballos, propostas e experiencias para partillar co resto do profesorado e as familias: correo@coordinadoraendl.org.
Por último, queremos lembrarvos que xa está en marcha o Premio Leixaprén, de recoñecemento á defensa e promoción do idioma, ata o 30 de maio coas candidaturas de Fernando Vázquez, María Xosé Silvar “Sés”, María Mera e Esther García del Barrio. Poden participar todos os Equipos de Normalización adscritos á Coordinadora a través do sitio web: http://www.coordinadoraendl.org/premioleixapren2014/index.php.
Dende a CGENDL animámosvos a participar nesta rede colaborativa que construímos entre todos/as co voso traballo e o voso compromiso coa lingua e a formación do noso alumnado.
Saúdos normalizadores
CGENDL


xoves, 1 de maio de 2014

XA VÉN O MAIO


CICLO DE CINE INFANTIL E XUVENIL

CICLO DE CINE INFANTIL E XUVENIL

   SESIÓNS MATINAIS OS SÁBADOS ÁS 11,30H


A Concellería de Igualdade informa que durante os cinco sábados do mes de maio proxectará no auditorio municipal 5 filmes dixiridos ao público infantil e xuvenil.

Os títulos elixidos corresponden a filmes nos que o papel protagonista, e polo tanto activo no guión, o interpreta unha nena, ou un grupo equitativo de rapaces e rapazas.

A entrada é de balde e libre ata completar as localidades
Lugar: Auditorio municipal (Praza do Rei, núm. 1)
Datas: sábados 3, 10, 17, 24 e 31 de maio
Hora de comezo das proxeccións: 11:30h

No arquivo adxunto pódese obter información sobre as 5 películas que se proxectaran neste ciclo.

A organización resérvase o dereito de modificar o programa establecido.

Agardamos que esta información sexa do voso interese e agradecemos que a difundades entre as vosas amizades.

PROGRAMA DESTE MES

martes, 29 de abril de 2014

CONTOS DO MEDIO

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Contos do medio

Atendendo á importancia da reprodución das plantas para o mantemento dos ecosistemas, os Contos do medio contarán cunhas protagonistas de vital importancia. Son as abellas.

Para entender o seu mundo, os Contos do medio falarán das estacións do ano e pararémonos na primavera -estación na que desenvolven unha grande actividade-, ensinarán pegadas dos bosques e matos nos que se atopan estes animais tan fermosos, os perigos aos que se enfrontan, produtos elaborados por elas e rematarán coa “Historia dunha abella”.

Duración: 50 minutos (este tempo pode ser ampliado en función do interese do centro escolar)

Dirixido a: alumnado de infantil (4 e 5 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino

Necesidades técnicas da actividade: unha aula cun pequeno espazo baleiro de mesas; pode haber cadeiras ou algunha colchoneta para que o alumnado estea cómodo.

Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con  Marcelo Rodríguez 686 99 87 06

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 12 de maio ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 12 de maio a partir das 09:30 e até as 14:00




Marta Souto González
Técnica do SNL
mc/
Vigo, 22 de abril de 2014
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Contos do medio para infantil (4 e 5 anos)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 12 de maio a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 30


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade.

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.


_____ 26 maio (luns), ás 09:30                           _____ 29 maio (xoves), ás 09:30
_____ 26 maio (luns), ás 12:00                           _____ 29 maio (xoves), ás 12:00
_____ 27 maio (martes), ás 09:30                       _____ 30 maio (venres), ás 09:30
_____ 27 maio (martes), ás 12:00                       _____ 30 maio (venres), ás 12:00
_____ 28 maio (mércores), ás 09:30
_____ 28 maio (mércores), ás 12:00


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

PREMIO LEIXAPRÉN DE RECOÑECEMENTO Á DEFENSA E PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA

A CGENDL convoca un ano máis o Premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino adscritos á CGENDL.
Nas bases que podedes consultar na páxina web establécese que os destinatarios do premio serán persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega en diferentes ámbitos de actuación. As candidaturas seleccionadas nesta edición son:
  • Fernando Vázquez
  • María Xosé Silvar “Sés”
  • María Mera
  • Esther García del Barrio
Na páxina referida e no documento anexo podedes acceder a un breve currículum das candidaturas.
Como participar?
O prazo de votación remata o 30 de maio e farase a través da páxina web e da persoa que coordine o Equipo do voso centro, que deberá utilizar o enderezo electrónico que deu para adscribirse á CGENDL. Para resolver calquera problema ou facer as vosas consultas podedes dirixirvos a correo@coordinadoraendl.org.
Difusión no centro escolar
Dende a CGENGL animámosvos a participar nesta iniciativa proactiva que procura apoiar publicamente a aposta decidida que polo idioma fan día a día persoas, institucións, colectivos e empresas no seo da sociedade.
Para que teña difusión entre o alumnado, pódese organizar unha actividade para dar a coñecer os/as candidatos/as por medio dun mural, panel ou taboleiro no que se penduren as súas imaxes, a biografía e novas relacionadas con eles, tanto da súa faceta profesional como de apoio á lingua. Tamén se poden proxectar a través dos sitios web dos equipos e centros (páxinas, blogues, redes sociais....), nos que ademais se pode recorrer a vídeos dos protagonistas.
Finalmente, pódese organizar unha votación entre o alumnado e o profesorado a través de urna ou de medios electrónicos premiando a participación con algún agasallo simbólico.
Saúdos normalizadores
CGENDL

www.coordinadoraendl.org

Neste enlace podedes ver a ficha d@s candidat@s para poder votar. Animádevos!

https://dl.dropboxusercontent.com/u/22728933/premio-leixapren-bn.pdf