A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Xogos musicais
Obradoiro destinado
a fomentar o desenvolvemento psicomotriz e musical, con melodías, cancións e
danzas en colectivo, co galego como idioma vehicular.
Comezaremos o obradoiro cun par de cantigas con letras sinxelas e
repetitivas, explicando os instrumentos cos que tocamos, para rematar bailando
todos unhas danzas básicas con pasos moi
doados.
Duración: 1 hora
Dirixido a: alumnado de infantil (4 e 5 anos)
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino
Necesidades técnicas da actividade: habitación con
capacidade suficiente para acoller con comodidade aos participantes (40), sen
mobiliario polo medio. O chan, a poder ser, de cortiza ou madeira, posto que
comezaremos a sesión sentados, para rematar bailando.
Dúas cadeiras sen brazos. Toma de corrente próxima.
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade
poden consultar con Luís Prego 627 45 68 83
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 13 de outubro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 13 de outubro a partir das 09:30 e até as 14:00
Solicitude de
participación na actividade:
Xogos musicais para
infantil (4 e 5 anos)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 13 de outubro
a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 40
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 14) para a
participación na actividade.
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
_____ 15 outubro (mércores), ás
10:00 _____ 24 outubro
(venres), ás 10:00
_____ 15 outubro (mércores), ás
12:00 _____ 24 outubro
(venres), ás 12:00
_____ 17 outubro (venres), ás 10:00 _____ 27 outubro (luns), ás
10:00
_____ 17 outubro (venres), ás 12:00 _____ 27 outubro (luns), ás
12:00
_____ 20 outubro (luns), ás 10:00 _____ 29 outubro
(mércores), ás 10:00
_____ 20 outubro (luns), ás 12:00 _____ 29 outubro
(mércores), ás 12:00
_____ 22 outubro (mércores), ás
10:00
_____ 22 outubro (mércores), ás
12:00
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario