luns, 3 de xuño de 2013

XORNADAS DE TOPONIMIA

7 e 8 de xuño de 2013

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello, coa colaboración da Comunidade de Montes de Zamáns, a Asociación Veciñal San Mamede de Zamáns e o Instituto de Estudos Miñoranos organizamos unhas novas xornadas sobre toponimia. Xornadas para debater, coñecer, informarse sobre, achegarnos a aplicacións didácticas... e coñecer o traballo que dende estas institucións en colaboración con entidades veciñais estamos a desenvolver cara a recuperar, pór en valor e difundir a toponimia do val do Fragoso, a toponimia viguesa.
O pasado ano estas institucións xunto cos concellos de Ourense e Pontevedra coa colaboración do Concello de Redondela e o IEM, organizamos o primeiro curso para formar especialistas na recollida de toponimia.
Froito deste curso, estase a traballar na recollida de topónimos, o seu estudo e divulgación en diversas parroquias destes concellos.
No Concello de Vigo contamos coa colaboración das comunidades de montes en man común de Cabral, Candeán, Comesaña e Zamáns, e a Entidade Local Menor de Bembrive.
Nestas xornadas as distintas persoas que están a facer este magnífico traballo e mais representantes das entidades informarannos do estado do seu labor e das actividades que, logo desta recollida e estudo, poden realizarse cara a divulgar todo este legado.
Grazas a esta recollida de toponimia estamos recuperando parte da nosa historia, ampliamos coñecementos sobre o noso pasado, sobre a nosa lingua, lendas, ditos, costumes... e da voz de quen viviu, recorda e está en disposición de transmitirnos estes coñecementos para tecermos todas e todos o noso futuro sen traizoarmos o pasado de noso.
Ao remate da xornada do sábado e logo de xantar no parque forestal (comida pola conta de cadaquén) haberá un roteiro guiado e acompañarannos informantes desta parroquia.
Convidámosvos a participar nestas xornadas abertas a toda a cidadanía, para o que cómpre encher esta ficha de inscrición e mandala por correo electrónico a ofi.normalizacion@vigo.org, antes do 6 de xuño.
Entregarase diploma xustificativo da asistencia.


7 DE XUÑO:
VERBUM (avda. Samil, 17)

17.15 h: Presentación da xornada. Isaura Abelairas, concelleira de Normalización Lingüística e Manuel Fernández, vicerreitor de Relacións Internacionais e Extensión Universitaria
17.30 h: Toponimia de Vigo: Gonzalo Navaza (profesor da Uvigo e membro de AGON)
18.15 h: Descanso
18.30 h: Ferramentas informáticas (Cartografía/Informática Concello de Vigo )
19.00 h: Sárdoma-Freixeiro (Iván Sestay); Beade (Lorena Carrasco); Arcade (Iria Míguez Seoane)

8 DE XUÑO:
ASOCIACIÓN VECIÑAL SAN MAMEDE, ZAMÁNS (estrada Zamáns, 251)

10.00 h: Situación do proxecto Toponimia do val do Fragoso
10.30 h: Bembrive: Marta Álvarez e Roberto Ballesteros (alcalde pedáneo da Entidade  Local Menor de Bembrive)
11.00 h: Cabral: Iván Sestay
11.30 h: Candeán: Afonso González e Xoán Colazo Pazó (vogal da Comunidade de Montes de Candeán)
12.00 h: Pausa
12.20 h: Valadares: Laura Benedicto
12.40 h: Comesaña: Anxo Rodríguez e Carlos Alonso (presidente da Comunidade de Montes en Man Común)
13.10 h: Zamáns: Beatriz Varandas e Juan Carlos Rodríguez Torres (presidente da A.V. de Zamáns)
13.40 h: Contada sobre toponimia, por Avelino González
Xantar. Parque forestal de Zamáns
16.30 h: Percorrido
Organizan
:Concellería de Normalización Lgtca. ,Concello de Vigo, Universidade de Vigo
Colaboran: AVCR San Mamede de Zamáns, Xunta de montes de Zamáns, IEM 


INSCRICIÓN XORNADAS DE TOPONIMIA
NOME E APELIDOS: ....................................................................................................................
DOCUMENTO DE IDENTIDADE...................................................................................................
ENTIDADE Á QUE PERTENCE -colabora/traballa- (comunidade de montes, asociación, centro
de ensino...)...................................................................................................................................
.......................................................................................................................................................
INTERESE NAS XORNADAS POR: .............................................................................................
.......................................................................................................................................................