mércores, 21 de decembro de 2011

BO NADAL DESDE A CDEDLG DE VIGO

A CDEDLG de Vigo e Bisbarra agradécevos a vosa colaboración durante este ano que remata e deséxavos un Bo Nadal e un Próspero Aninovo para vós e para a lingua!

Que o 2012 traia esperanza e feitos para a lingua de noso!

Parabéns a tod@s compañeir@s!

FELICITACIÓN EDITORIAL GALAXIA

EMISIÓN DE SIMBAD NA TVG

XOVES 22 DE DECEMBRO ÁS 23/45.

http://dl.dropbox.com/u/22728933/emision_sinbad.pdf

FELICITACIÓN GAÑADORA DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DA CONSELLERÍA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística con intención de favorecer o uso do galego nas mensaxes de felicitación de Nadal nos novos formatos e a través das novas tecnoloxías, así como de crear un corpo de presentacións de Nadal en galego para difundir na Rede entre o público xeral, pon á vosa disposición os seguintes recursos:
-  Galería de presentacións de Nadal. Na ligazón que abaixo indicamos, podedes atopar os traballos gañadores e outros seleccionados que tamén participaron no Concurso de presentacións electrónicas de Nadal.  

-  Espazo con postais en galego. Este espazo, ademais de ofrecer diferentes modelos de postais, contén unha aplicación que permite felicitar directamente a través da Rede. Recoméndase utilizalas con correos xenéricos, non corporativos e podedes acceder indo á seguinte ligazón:

        Aproveitamos tamén para desexarvos unhas felices festas coa presentación gañadora do concurso deste ano.

Bo Nadal!  


No enlace que vén ou clicando no título do post podedes ver o ppt da postal gañadora. 

http://dl.dropbox.com/u/22728933/postal%20nadal_ganhador_6infantil.ppt

venres, 16 de decembro de 2011

INFORMACIÓN SOBRE MATERIAIS NO WEB DO SNL DA CONSELLERÍA

20 ANIVERSARIO DOS EDLG

Este ano celébrase o vixésimo aniversario da creación, en todos os centros educativos de primaria e secundaria de Galicia, dos actuais equipos de dinamización da lingua galega. O amplo traballo realizado polos equipos durante estas dúas décadas permitiu alcanzar dous obxectivos fundamentais: por unha banda, promover unha imaxe positiva do galego e, por outra, favorecer a visibilización
e o uso do idioma nas actividades
do centro.  Por este motivo,
a Secretaría Xeral de Política
Lingüística quere celebrar os
seus 20 anos de existencia, de ilusión
e de esforzo compartido mediante
dúas iniciativas. En primeiro lugar, unha exposición de revistas escolares elaboradas polos equipos desde o inicio da súa andaina, que pode visitarse do 15 de decembro 2011 ao 15 de marzo de 2012 no Museo Pedagóxico de Galicia (achegamos o díptico como documento adxunto). En segundo lugar, a conmemoración deste aniversario complétase cunha mostra virtual de 20 experiencias dinamizadoras, entre as que se atopan diversas propostas actuais para todas as etapas educativas. A través destas dúas iniciativas convidámosvos a celebrar conxuntamente o aniversario dos equipos e a homenaxe ao seu traballo.
Podedes acceder  á mostra virtual a máis información sobre exposición de revistas dixitais  na seguinte ligazón:
                          

NOVOS MATERIAIS NO WEB
         Ademais  das actuacións que conmemoran o aniversario dos EDLG, a SXPL vén de publicar no espazo web outras iniciativas elaboradas polos EDLG  durante o curso 2010-11. Achegamos en enlace adxunto  máis información e as ligazóns para que poidades acceder.

Parabéns a todos/as!

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Gabinete Provincial de Normalización Lingüística
Rúa Fernández Ladreda nº 43, 8º andar
CP 36003.
Pontevedra

sxpl.pontevedra@xunta.es


ENLACE DE MATERIAIS E LIGAZÓNS ( CDEDLG de VIGO)
http://dl.dropbox.com/u/22728933/aviso%20dos%20materiais%20colgados%20na%20primeira%20quenda.doc

UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE O NADAL

Aquí vos deixamos unha unidade didáctica sobre o Nadal a proposta do SNL do Concello de Vigo.
Hai cantigas, pasatempos, contos e outras actividades para entreter ao alumnado nestas datas de lecer, tanto nas aulas como na casa se enlazades a Unidade aos vosos blogues.

http://dl.dropbox.com/u/22728933/unidade_didactica_nadal.pdf

xoves, 15 de decembro de 2011

II PREMIO APALPADOR

Este ano convócase de novo o " Premio Apalpador" para escolares, con algunhas variantes con respecto ao ano anterior, para máis información accedede á páxina " O sitio web do Apalpador". http://www.apalpador.com/?q=user

ACTIVIDADES DE NADAL

Esta fin de semana o SNL do Concello de Vigo oferta actividades para @s máis cativ@s nas que ocupar o tempo de lecer, estas son:

" Polo correo do vento" o venres 16 ás 18/00 h en Gran Vía de Vigo.
" Antón, o Apalpador" o sábado 17 ás 12/00 h na Biblioteca Central de Vigo
" Polo correo do vento" o domingo 18 ás 17/00 h en " Detrás do Marco".

Podedes ver os cartaces nos seguintes enderezos:
http://dl.dropbox.com/u/22728933/CC_gran_via_polocorreodovento.pdf
http://dl.dropbox.com/u/22728933/cartel%20_AOA%20_bibliotecacentral.pdf
http://dl.dropbox.com/u/22728933/detras_do_marco_polocorreodovento.pdf

Ademais clicando no título podedes acceder a tódalas actividades ofertadas para este Nadal.

sábado, 10 de decembro de 2011

FELICITACIÓNS DE NADAL

Prezados/as compañeiros/as,
Lembrámosvos que un ano máis poñemos á vosa disposición un  espazo web para recoller as felicitacións elaboradas polo alumnado . As postais, unha vez dixitalizadas, poden ser enviadas a través da nosa propia páxina   e dun modo moi sinxelo polos propios nenos e nenas, as súas familias e os docentes á dirección de correo electrónico que desexen. O prazo de recepción de postais segue aberto ata o 19 de decembro. Nos documentos anexos remitimos as instrucións e un modelo de autorización para podermos subir á rede os traballos do alumnado:  http://www.coordinadoraendl.org/nadal2011/index11.php .
Así mesmo, grazas á vosa colaboración acabamos de actualizar o  monográfico especial Nadal 2011  con novos recursos didácticos para traballardes esta celebración nas aulas. Agardamos seguir completándoo coas vosas achegas e pedímosvos que nos axudedes a difundir esta iniciativa nos vosos centros e o voso contorno.
Saúdos normalizadores e moitas grazas por todo
Coordinadora Galega de ENDL

MODELO DE AUTORIZACIÓN
http://dl.dropbox.com/u/22728933/modelo%20autorizaci%C3%B3n%20postais.doc

martes, 6 de decembro de 2011

RECURSOS DE NADAL CGENDL

" O RECANTO DE LEO" PREMIO A DINAMIZACIÓN E INNOVACIÓN DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

PARABÉNS!

Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede

Durante a segunda quincena de novembro desenvolveuse no Centro Autonómico de Formación e Innovación da Consellaría de Educación o curso “Competencia comunicativa e dixital nas áreas de Lingua”, dirixido ao profesorado de lingua galega e castelá co obxectivo de reflexionar sobre a integración das TIC no desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística nas aulas de linguas a partir do coñecemento dalgunhas experiencias, dunha boa escolma de boas prácticas, de secuencias didácticas de traballo co alumnado e de  determinadas ferramentas. Foi unha mágoa non asistir como alumno aos relatorios de compañeiros e compañeiras aos que sigo como Rosa Salgueiro, Luciano Fernández ou Loly Lago, alma mater do imprescindíbel O Segrel do Penedo, mais a través da Aula Virtual do CAFI podemos acceder aos seus materiais.

ROMÁN LANDÍN

TEATRO XOANIÑA


Xa chega un ano máis o teatro de Xoaniña!!!!!!!!!!!!!
Este ano propoñémosvos "Os Horacios e os Curiacios" adaptación da obra Bertolt Brecht e dirixida por Xerpo  Cultural.

A cita será o 10 de Decembro as 18:00 horas no Auditorio de Salceda de Caselas  e  a 
recadación da venda de entradas será entregada á ONG Shanga India, quen leva traballando dende hai moitos anos  en diferentes proxectos na India.

Unha tarde de teatro, cos máis pequenos...e non tan pequenos, de divertimento e risas.
Sempre gracias pola vosa colaboración e interés en todo o que facemos.....
Saúdos
E.I.Xoaniña

PUBLICACIÓN DE UNIDADES DIDÁCTICAS

Velaquí as unidades didácticas froito do Obradoiro de elaboración de unidades didácticas, publicadas polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, dependente da Vicerreitoría de Cultura, descargables en formato .pdf
  • Ciencias experimentais
  • Ciencias da saúde
  • Ciencias sociais e xurídicas
  • Ensinanzas técnicas
  • Humanidades