sábado, 22 de febreiro de 2014

OS MERDEIROS


http://normalizacionesperanza.blogspot.com.es/2014/02/os-merdeiros.html?spref=fb

A REGUEIFA

http://normalizacionesperanza.blogspot.com.es/2014/02/a-regueifa.html?spref=fb

ACTIVIDADES SOBRE O ENTROIDO, CEIP POMBAL

http://normalizacionesperanza.blogspot.com.es/2014/02/actividades-sobre-o-entroido.html?spref=fb

AVOAESCOLA, ENSINO INFANTIL EN GALEGO

Estimada amiga
Estimado amigo

No ano 2009, iniciamos un proxecto: a creación dunha Rede Popular de Escolas Infantís en Galego que permitirán a educación dende a etapa infantil, para que as crianzas non perdan o contacto coa lingua galega, o noso ben prezado.
De 2009 a 2011 conseguimos reunir 3173 apoios –entre os que te encontras– en favor deste proxecto de futuro para o País.
No ano 2014 demos materializado o proxecto na Escola Infantil Avoaescola de Ferrolterra durante  tres meses, mais por problemas económicos tivemos que suspender  a actividade ata o vindeiro curso 2014-2015. Para superar estas circunstancias e  poder abrir con perspectivas de futuro necesitamos 15.000€.
Sabemos que vivimos nun tempo moi solidario debido precisamente á situación actual, mais tamén sabemos que entre todas e todos o esforzo é menor e que para obter os recursos necesarios abondaría con que os APOIOS achegasen tan só 5€.
A axuda pode facerse efectiva por:
Ingreso na conta de Galiza co Galego Caixa Rural Galega nº 3070-0044-58- 6085308424
No caso de facelo dende o estranxeiro, IBAN: ES57 3070 0044 5860 8530 8424 BIC: BCOEESMM070
Ou tamén, na plataforma Verkami http://vkm.is/avoaescola (operativa dende as 20:00h do 13 de febreiro ata as 20:00h do 25 de marzo).
Agradecemos nos envíes, ou indiques o teu correo para poder manterte informado/a e facerche chegar o noso agradecemento.

Recibe un cordial saúdo.
C.R. Galiza co Galego /Avoaescola

Mais información en www.galizacogalego.com
www.avoaescola.com
ou no contacto comisiongalizacogalego@gmail.com


--
Comisión Galiza co Galego
http://www.galizacocogalego.com
http://limiargalego.blogspot.com
Venezuela, 33, B, 15404, Ferrol, A Coruña


ORDE do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140219/AnuncioG0164-120214-0004_gl.html

A TEA DE ARAÑA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- A tea de araña

Actividade baseada no conto de Xoán Babarro A tea de araña que todo o apaña que se desenvolve en tres partes:
  1. Contacontos. Relátase a historia recollida no libro ao tempo que se explican as características dos diferentes animais que caen na arañeira por medio de figuras de material reciclado.
  2. Expresión corporal. Cada nena ou neno representa un animal do conto empregando xestos e sons que permitan que o resto de participantes o identifiquen. Ao xuntárense os “animais” da mesma especie fórmanse grupos de traballo.
  3. Banda deseñada. Despois dunha breve explicación das principais características da banda deseñada, cada grupo debe discorrer como era a vida do animal que representan antes de chegar á arañeira e plasmalo nun cadriño que se presentará ás súas compañeiras e compañeiros ao remate da actividade nunha banda deseñada colectiva.

Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de infantil (5 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino

Necesidades técnicas da actividade: mesas para traballar ou un chan acondicionado

Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Ruth Caramés 675 51 88 91 ou ruth@fabaloba.com

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 27 de febreiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 27 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00


Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
A tea de araña para infantil (5 anos)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 27 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 30

Indicar a preferencia (de 1 a 12) para a participación na actividade.

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.


_____ 10 marzo (luns), ás 10:00                         _____ 13 marzo (xoves), ás 10:00
_____ 10 marzo (luns), ás 12:30                         _____ 13 marzo (xoves), ás 12:30
_____ 11 marzo (martes), ás 10:00                    _____ 14 marzo (venres), ás 10:00
_____ 11 marzo (martes), ás 12:30                    _____ 14 marzo (venres), ás 12:30
_____ 12 marzo (mércores), ás 10:00                _____ 17 marzo (luns), ás 10:00
_____ 12 marzo (mércores), ás 12:30                _____ 17 marzo (luns), ás 12:30


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

A RELEVANCIA DE VIGO NO REXURDIMENTO

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- A relevancia de Vigo no Rexurdimento

O obxectivo desta actividade-charla é que o alumnado coñeza e saiba valorar a importancia do propio Rexurdimento na historia de Galicia e do sinalado papel que tivo Vigo: a publicación de Cantares gallegos, o círculo social vigués achegado a Rosalía de Castro, a importancia da imprenta de Juan Compañel, o papel da prensa (La Oliva-El Miño), etc.

Para isto, e mediante esta charla apoiada en vídeos, imaxes e música, procuraremos indicar lugares exactos da actual cidade que foron protagonistas naquel entón e así facilitar a relación do alumnado coa realidade urbana e a súa historia.


Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de 3.º, 4.º ESO e Bacharelato

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino

Necesidades técnicas da actividade: un ordenador con microsoft office, pantalla, altofalantes e canón reprodutor

Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Xurxo Martínez 659 11 74 38

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 28 de febreiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 28 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00



Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
O rexurdimento para 3.º, 4.º ESO e Bacharelato
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 28 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 30


Indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade.


Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.


_____ 10 marzo (luns), ás 09:30                         _____ 13 marzo (xoves), ás 09:30
_____ 10 marzo (luns), ás 12:30                         _____ 13 marzo (xoves), ás 12:30
_____ 11 marzo (martes), ás 09:30                    _____ 14 marzo (venres), ás 09:30
_____ 11 marzo (martes), ás 12:30                    _____ 14 marzo (venres), ás 12:30
_____ 12 marzo (mércores), ás 09:30
_____ 12 marzo (mércores), ás 12:30


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

CAMIÑO DA LINGUA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Camiño da lingua
Camiño da Lingua é un proxecto que inclúe probas lingüísticas, culturais, xogos  onde o vínculo é a lingua galega.
O taboleiro de xogo simula o coñecido xogo da oca pero tematizado con diferentes monumentos e lugares emblemáticos da cidade de Vigo.
Os participantes terán que superar unha serie de retos lingüísticos e culturais se queren conseguir o tan prezado tesouro de Rande.
As probas abranguen retos lingüísticos con: anacos de refráns, trabalinguas, “saúdos noutras linguas, palabras pirata, enredos lingüísticos, a buxaina das palabras”…, etc.
Por outra banda, hai probas culturais sobre a nosa cidade para que os participantes coñezan o lugar onde viven e que deberán superar se queren avanzar polo taboleiro.
E finalmente, probas lúdicas pero con retos de atención, traballo en equipo e coordinación motora coma: o xogo da ponte rota,o dominó vigués, o mapa tridimensional da cidade, fotos de antes-fotos de agora de Vigo, “ondas do mar de Vigo” e unha lembranza á emigración galega con “todos a bordo”.
A sesión remata cun obradoiro onde comprobaremos a destreza manual dos participantes cun políptico de Camiño da Lingua onde escribirán a palabra “lingua” en diferentes linguas e linguaxes (náutica, braille, hebreo, árabe, chinés, castelán...).

Duración: 1 hora e 30 minutos

Dirixido a: alumnado de 3.º, 4.º e 5.º de primaria

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (de ter alguna dúbida sobre o desenvolvemento da actividade, poden poñerse en contacto con Rocío de Mekané 986 24 54 86, 626 33 99 91, rocio@mekanedidactica.com)

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 26 de febreiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 26 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.



Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Camiño da lingua para 3.º, 4.º e 5.º de primaria

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 26 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 30
Indicar a preferencia (de 1 a 20) para a participación na actividade.
Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

_____ 10 marzo (luns), ás 09:30                         _____ 17 marzo (luns), ás 09:30
_____ 10 marzo (luns), ás 12:30                         _____ 17 marzo (luns), ás 12:30
_____ 11 marzo (martes), ás 09:30                    _____ 18 marzo (martes), ás 09:30
_____ 11 marzo (martes), ás 12:30                    _____ 18 marzo (martes), ás 12:30
_____ 12 marzo (mércores), ás 09:30                _____ 19 marzo (mércores), ás 09:30
_____ 12 marzo (mércores), ás 12:30                _____ 19 marzo (mércores), ás 12:30
_____ 13 marzo (xoves), ás 09:30                      _____ 20 marzo (xoves), ás 09:30
_____ 13 marzo (xoves), ás 12:30                      _____ 20 marzo (xoves), ás 12:30
_____ 14 marzo (venres), ás 09:30                    _____ 21 marzo (venres), ás 09:30
_____ 14 marzo (venres), ás 12:30                    _____ 21 marzo (venres), ás 12:30


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

CELEBRANDO O ENTROIDO

A páxina web da CGENDL acolle unha vez máis un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nas aulas, nos centros escolares e nas casas: http://coordinadoraendl.org/2014entroido/index.php. Este sitio web reúne recursos didácticos de diferente fasquía como actividades, vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións, etc., así como diferentes novas de actualidade relacionadas con esta celebración: concursos, experiencias, etc. Concibido como un espazo colaborativo, o monográfico está aberto ás vosas achegas; por iso, pedímosvos que remitades novos materiais elaborados nos vosos e noutros centros, que serán identificados ou redireccionados convenientemente.
Neste sentido, lembrámosvos novamente que a CGENDL mantén unha páxina de recursos de acceso libre para todo o profesorado:
Dende a Coordinadora  consideramos que entre todos e todas podemos contribuír a dotar de material este apartado de recursos no que, ademais de poder consultar un amplo abano de propostas para desenvolverdes co voso alumnado, podedes achegar a través dun sinxelo formulario (http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_subir.php) aqueles materiais que consideredes que poden ser de utilidade para traballar tanto nas diferentes áreas do currículo como nas diferentes actividades que levan a cabo os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
Se tedes calquera dúbida ou problema á hora de cumprimentar o formulario e enviar os recursos, escribide a:  correo@coordinadoraendl.org..
Aproveitamos para adiantarvos que o seguinte número da revista “Ollos de aula” terá carácter bimensual (marzo-abril) por mor das vacacións de Semana Santa.
Saúdos normalizadores

CGENDL

venres, 7 de febreiro de 2014

O MERDEIRO PARA 6º DE PRIMARIA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- O merdeiro

Obxectivos:
- Coñecer a figura do merdeiro inserida no entroido tradicional vigués
- Achegar a historia do entroido tradicional vigués
- Identificar a figura do merdeiro, a súa historia, carácter...
Devenvolvemento da actividade:
1.- Presentación e contextualización do entroido vigués
2.- A figura do Merdeiro: historia, recuperación vestimenta...
3.- Representación dunha saída do merdeiro. Visualizarase un documental sobre a súa recuperación

Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de primaria (6.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Necesidades técnicas da actividade:  un proxector, un ordenador e mesas para facer manualidades.

Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Fiz Axeitos 629 87 65 36


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 14 de febreiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 14 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00


LIBROS PARA SOÑAR. LIBRARÍA ESPECIALIZADA EN LITERATURA INFANTIL E XUVENIL.

A NARRADORA BEA CAMPOS IMPARTE ESTE MES UN CURSO DE CONTACONTOS PARA ADULTOS
LIBROS PARA SOÑAR vai acoller a celebración dunha nova edición do curso de contacontos para adultos que imparte a actriz e narradora Beatriz Campos. Será do 17 ao 21 deste mes de febreiro de 10:30 a 13:30 horas pola mañá, ou de 17:00 a 20:00 horas pola tarde, ofrecéndolles ás persoas interesadas a posibilidade de escoller entre a quenda matinal ou a vespertina. Está dirixido a educadores e docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.
As sesións vanse dividir en tres partes: comezarán cunha clasificación dos álbums ilustrados por idades, atendendo á súa temática e formato, con mostras dos materiais que se atopan actualmente no mercado.
Tamén se tratarán pautas sobre como organizar unha sesión de contacontos en función dos intereses e das expectativas do público, segundo sexan bebés, nenos ou maiores. Nesta sección atenderase especialmente a recuperación e a posta en valor da tradición oral e do cancioneiro popular, así como o legado cultural co que medraron e se formaron as xeracións pasadas.
Finalmente, a través de xogos de expresión e de exercicios de relaxación, abordaranse as técnicas para aprender a contar; presentaranse e analizaranse as fases de preparación dunha sesión de contacontos.
Bea Campos é licenciada en Arte Dramática. Está vencellada ao teatro dende moi nova a través da compañía Migallas, coa que representou diversas obras e interviu en actividades infantís como o programa “Á procura do tesouro”, que se desenvolve no Concello de Pontevedra. Traballou no equipo de animación á lectura de KALANDRAKA realizando sesións de contos e música en escolas galegas, librarías, bibliotecas e centros culturais. Colabora cos grupos Inversa Teatro, Arela das Artes, Matreska Teatro e Triatreros.
Nos últimos anos -xunto co actor e músico David González- realiza a sesión de bebés “Entre arrolos e contiños”. Ademais, protagoniza a sesión de narración oral “Contos nas orellas” que se representa por toda Galicia e coa que estivo de xira por Latinoamérica, onde participou como narradora no III Festival de las Artes Escénicas Gran Caribe. Participa en espectáculos de improvisación e foi intérprete no documental “Pelo Gato 24”. Imparte clases a grupos de teatro afeccionado e cursos de formación en expresión oral e narración para o profesorado.
Xa está aberto o prazo de inscrición para este curso de contacontos, cun custe de 35 euros (30 € no caso de estudantes e desempregados).

LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf. 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com

ACTOS POLO " DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO"

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do vinte e sete de febreiro de 2012 aprobou, por unanimidade, declarar o 24 de febreiro como “Día de Rosalía de Castro no Concello de Vigo”.
Como consecuencia da dita declaración o concello organiza diferentes actividades para difundir o coñecemento da escritora, da súa obra e do seu papel sobranceiro no Rexurdimento galego, e do galego.
A Concellaría de Normalización Lingüística, en colaboración con Edicións Xerais de Galicia, organiza o
LUNS 24 DE FEBREIRO ÁS 12.00 H, NO AUDITORIO MUNICIPAL (praza do Rei) unha CONFERENCIA do profesor FERNANDO PEREIRA BUENO, autor do libro "Rosalía de Castro. Imaxe e realidade", sobre a ICONOGRAFÍA DA POETA.DIRIXIDA AO ALUMNADO DE 3.º e 4.º da ESO e BAC.
É este o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía de Castro. Nel analízanse algunhas das interpretacións que da imaxe e do espírito da poeta fixeron as e os artistas plásticos en diferentes épocas. O estudo de todo este material icónico contribúe a que Rosalía permaneza no tempo e alcance maior visibilidade e popularidade.
Ao remate, achegarémoslles aos centros participantes un exemplar do citado libro. Asemade, comunicámosvos que na TARDE do luns 24, a partir das 17.30 horas e até as 19.30, na CASA GALEGA DA CULTURA, haberá unha LECTURA ININTERROMPIDA DE POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO.
Remata este acto coa conferencia de FERNANDO PEREIRA BUENO sobre a ICONOGRAFÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.
De quererdes participar co voso alumnado na lectura podedes comunicárnolo por correo electrónico (ofi.normalizacion@vigo.org) para organizarmos o acto. Precisariamos saber que número de alumnos/as poden asistir, e hora de chegada para leren.
Este acto está organizado xunto coa Universidade de Vigo, o que nos permitirá contar con “Erasmus” e deste xeito darémoslle voz a Rosalía en diferentes linguas.
Se considerades que algún ou algunha alumna do voso centro pode participar nesta lectura con poema(s) en diferentes linguas, podedes tamén indicárnolo.
Moitas grazas pola vosa colaboración que nos permite poder levar a cabo estas e outras moitas actividades.

CAMBIOS NA PROGRAMACIÓN

ENL DE VIGO:

 Na pasada reunión de coordinación, indicabámosvos que a actividade “Bibliotecas viventes” se levaría a cabo no mes de marzo.

Por razóns de disposición dos “libros”, temos que adiala ao mes de abril, concretamente os días 8, 9, 10 e 11 de abril.

 Estamos vendo posibilidades de achegarvos outras actividades:

- 24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro.
Charla de Fernando Pereira Bueno sobre a iconografía de Rosalía de Castro no Auditorio municipal.
De estar interasadas/os, solicitámosvos que nolo indiquedes no correo electrónico ofi.normalizacion@vigo.org o máis axiña posible.

- Charla sobre a relevancia de Vigo no Rexurdimento e na produción literaria, por conta de Xurxo Martínez González.
Sería nos centros de ensino entre os días 11 ao 17 de marzo.
De estar interasadas/os, solicitámosvos que nolo indiquedes no correo electrónico ofi.normalizacion@vigo.org o máis axiña posible.



Vigo, 4 de febreiro de 2014

ACTIVIDADES SOBRE " O MERDEIRO"

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- O merdeiro

Obxectivos:
- Coñecer a figura do merdeiro inserida no entroido tradicional vigués
- Achegar a historia do entroido tradicional vigués
- Identificar a figura do merdeiro, a súa historia, carácter...
Devenvolvemento da actividade:
1.- Presentación e contextualización do entroido vigués
2.- A figura do Merdeiro: historia, recuperación vestimenta...
3.- Representación dunha saída do merdeiro. Visualizarase un documental sobre a súa recuperación

Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de ESO (1.º e 2.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Necesidades técnicas da actividade:  un proxector, un ordenador e mesas para facer manualidades.

Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Fiz Axeitos 629 87 65 36


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 11 de febreiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 11 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00