mércores, 14 de decembro de 2016

1º TESOURO HUMANO VIVO DO CASCO VELLO

O venres 16 de decembro, ás 20 horas, a Asociación Cultural da Vila de Bouzas, presenta ao 1º Tesouro Humano Vivo do Casco Vello, Isidro, un home que adicou toda a sua vida ao mar e que nos tansmitirá as súas vivencias, o seu saber...  O Acto celébrase en colaboración coa Asociación Casco Vello de Vigo,  que apoia a iniciativa de Tesouros Humanos Vivos que promove a Unesco como un modo de preservar ás tradicións, e se celebra na nova sede da Asociación de  Mariñeiros Tradicionais e Deportivos de Bouzas.  Haberá u ha proxección dun documental, intervirá Isidro e o público poderá intervir no coloquio contando as súas experiencias no mar. 

Adxuntamos cartaz do evento, por si fose do seu interese.

Un saúdo

Patricia Bastida
698 121 016

Imagen   Asociación Cultural da Vila de Bouzas
                     



A FERIDA DO VENTO



A libraría Libraida convídavos ao faladoiro con

ANTÓN RIVEIRO COELLO

arredor da sua novela “A FERIDA DO VENTO”
(Editorial  Galaxia)




Xoves, 15 de decembro ás 20:30 na libraría.


Presenta: Carlos Méixome


Novela de formación, escrita cunha ollada lírica e sensible, onde o autor non só nos ofrece un fresco humano da súa vila, poboada de personaxes memorables, entre os que figura o escritor Carlos Casares, senón tamén a reprentación exquisita do paso da infancia á adolescencia.



Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) cursou estudios de Dereito na Universidade de Santiago e actualmente traballa na administración autonómica. Riveiro Coello é un dos narradores máis premiados dos xurdidos na literatura galega durante a pasada década.



Librería Libraida.
Rosalía de Castro, 13 – 36380
Gondomar (Pontevedra)
T. 986 389 199

MEL NAS FILLOAS


COUSAS NO TEATRO

o información arredor da montaxe teatral de Cousas por se é de interese.




A Editorial Galaxia e Os Quinquilláns Teatro levarán por toda Galicia a adaptación de Cousas de Castelao

A montaxe de Cousas será vista por 10.000 alumnos/as galegos/as

A representación pasará por máis de 40 localidades galegas, entre elas Vigo, Santiago, Ourense, Vilagarcía ou Rianxo, a terra natal de Castelao.


Durante todo o curso a peza teatral Cousas, baseada na coñecida obra do escritor Alfonso Daniel R. Castelao, será representada, na adaptación proposta por Os Quinquilláns Teatro, en máis de 40 localidades de toda Galicia. Esta cifra aumenta día a día ao sumárense novos lugares que queren levar a montaxe aos centros de ensino e, así, achegarlle ao alumnado dunha maneira diferente a lectura desta obra de referencia. Os Quinquilláns xa percorreron Galicia o curso pasado coa peza O espantallo amigo, de Xosé Neira Vilas, que viron case 20.000 rapaces e rapazas de toda Galicia.

Nesta proposta teatral inténtase ser fiel ao mesmo espírito co que Castelao creou as cousas, eses pequenos relatos que ilustraba cun debuxo. Na esencia da obra está a sociedade galega, o retrato dunha época que está afastada no tempo, pois trasládanos aos anos vinte do século pasado, pero que ten moito de global e de atemporal.

A montaxe provoca en moitos momentos o riso, posto que Castelao manexaba coma ninguén a retranca, a comedia, a farsa, pero tamén está moi presente a tristura e a traxedia, sentimentos variados que se desprenden das páxinas da obra e tamén da representación teatral. Aparecen en escena relatos tan coñecidos como "O pai do Migueliño", que recrea a dureza da emigración, unha temática que tristemente segue a resultar actual; ou o "Rifante" que despois de coñecer o éxito non soubo xestionar unha época mala e cría que a vergoña era peor que a fame, un tema, o da caída económica, que resulta familiar en tempos de crise. E así outros moitos relatos que aparecen en escena mesturados con pinceladas sobre o propio Castelao, para facer así unha representación dinámica, educativa e entretida.
60 minutos para achegar ao público máis novo, e non só, a unha das obras sobranceiras da literatura galega, e tamén ao seu autor, Castelao, un dos grandes renovadores da nosa prosa e tamén un dos que mellor entendeu e representou o pobo galego.
Cousas é a creación máis orixinal que nos deixou Castelao. Con este libro publicado por primeira vez no ano 1926, o de Rianxo inventa un xénero novo e persoal. A través destas breves narracións consegue expresar a realidade esencial do pobo galego. Emoción e sentimento únense a un senso do humor extraordinario que fai da súa lectura unha experiencia única e agora tamén da súa representación en escena.
GALERÍA
https://www.dropbox.com/sh/c5g6xu4qgzehh39/AADGOG1G-CW-C7zpjeNGIe41a?dl=0