venres, 28 de novembro de 2014

NOVA CAMPAÑA : " PRESUME DE GALEGO"

Prezados/as amigos/as,
Tal e como avanzamos no Consello Zonal de principios de curso, estamos organizando unha campaña na que trataremos de poñer en valor ante a sociedade o coñecemento e uso que fan da lingua no día a día os e as galegofalantes máis novos.
Queremos escapar de estereotipos porque queremos fomentar a autoestima dos galegofalantes contemporáneos (rurais, urbanos, periurbanos…) que pronuncian sete vogais, e calquera outro fonema propio do galego, que teñen acento autóctono e que, con menos de 18 anos, son quen de expresar na súa lingua o que pensan sobre calquera tema. Se estes senten orgullo da súa lingua non mudarán tan doadamente para o castelán fóra do seu contexto habitual e diante de persoas que empregan este idioma. Isto é, buscamos que os falantes de galego en xeral, pero sobre todo o alumnado galegofalante en particular, sinta orgullo da súa fala.
Aínda que está en proceso o deseño da campaña, xa programamos unha acción ( Presume de galego) que queremos testar con todos e todas vós.
Trátase de realizar gravacións de galegofalantes como primeira medida de poñelos en valor. Recollendo, en menos de 1 minuto, as súas voces, poderán escoitarse no noso web como os mellores galegofalantes do mundo. A eles poderán acceder tamén xentes de contextos castelanfalantes, para que o alumnado que reside neles comproben que existe xente da súa idade que fala en galego habitualmente dos mesmos temas que poderían falar eles/as.
De aí que ideásemos a primeira acción Presumo de galego que consiste en realizar gravacións de menos de 1 minuto seguindo as instrucións que están en http://coordinadoraendl.org/presume_de_galego/
Animádevos a participar!
Saúdos normalizadores
Consello Directivo
CGENDL



mércores, 19 de novembro de 2014

TOPO QUE?

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Topo que?

Este obradoiro contén unha serie de actividades coas que se pretende que o alumnado comprenda conceptos como topónimo e toponimia, que saiban identificar un topónimo e que sexan capaces de clasificalos segundo o seu significado.
Farase fincapé na importancia que teñen os topónimos como localizadores e a súa dimensión como patrimonio inmaterial a conservar.

Duración: 90 minutos

Dirixido a: alumnado de primaria (4.º e/ou 5.º)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino, na propia aula. Traballarase en grupos de 4 ou 5 alumnas/os, polo que se necesitará agrupar as mesas no caso de que sexan individuais

Necesidades técnicas da actividade: farase uso do encerado. O alumnado deberá dispór de: lapis, gomas, folios, pinturas, tesoiras e cinta adhesiva

Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con  Marta Álvarez 608 05 71 87 (c.marta.ap@gmail.com)
Para cuestións relacionadas coa solicitude da actividade dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística 986 81 02 81

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 1 de decembro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 1 de decembro a partir das 09:30 e até as 14:00


Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.


Solicitude de participación na actividade:
Topo que? para primaria (4.º e/ou 5.º)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 1 de decembro a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 25


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade.

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.


_____ 9 decembro (martes) 9:30                          _____ 12 decembro (venres) 9:30
_____ 9 decembro (martes) 12:00                        _____ 12 decembro (venres) 12:00
_____ 10 decembro (mércores) 9:30                   _____ 15 decembro (luns) 9:30
_____ 10 decembro (mércores) 12:00                 _____ 15 decembro (luns) 12:00
_____ 11 decembro (xoves) 9:30 
_____ 11 decembro (xoves) 12:00

Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

OBRADOIRO DE REGUEIFA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro de regueifa para primaria

Achegamento á improvisación oral, ao ritmo, rima, aos xogos de palabras... a través da regueifa de man de Luís O'Caruncho e Pinto de Herbón.

Duración: 1 hora e 30 minutos

Dirixido a: alumnado de 6.º de primaria

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino

Necesidades do profesorado do obradoiro: unha pizarra ou veleda

Para calquera dúbida sobre esta actividade poden poñerse en contacto con Carlos Alonso 986 46 70 53


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 27 de novembro ao correo electrónico  actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 27 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartido o pasado curso escolar.


Solicitude de participación na actividade:
Obradoiro de regueifa para 6.º de primaria

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 27 de novembro a partir das 9:30 e até as 14:00

Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono: ____________________________

Número máximo de participantes nun grupo: 50

Hai que indicar a preferencia (de 1 a 12) para a participación na actividade:

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

______ 3 decembro (mércores) 9:30                   ______ 10 decembro (mércores) 9:30
______ 3 decembro (mércores) 12:00                 ______ 10 decembro (mércores) 12:00
______ 4 decembro (xoves) 9:30                          ______ 11 decembro (xoves) 9:30
______ 4 decembro (xoves) 12:00                       ______ 11 decembro (xoves) 12:00
______ 5 decembro (venres) 9:30                        ______ 12 decembro (venres) 9:30
______ 5 decembro (venres) 12:00                      ______ 12 decembro (venres) 12:00


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

CARTAS AO APALPADOR

Escribe a túa carta!
O Apalpador
Apdo. 7070
15002 A Coruña

Outro ano máis, todas as cartas que recibamos entrarán no Premio de Cartas ao Apalpador. Só tendes que enviar a vosa carta ao apartado 7070 da Coruña. Valoraremos as máis inxeniosas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos.
Como non se trata dun concurso de misses, non vale pedir «… a paz no mundo», «… que non haxa máis guerras», «… a cura de todas as enfermidades» nin «… que o ano que vén me porte mellor…». Todo isto está moi ben, pero ese desexo xa llo supomos a todos vós (e nós). Tampouco imos valorar os adornos das cartas, poden facerse, craro que si! Pero non se premiarán as mellor adornadas, ou por que sexan máis bonitas.
Tamén é importante pór a idade, pois clasificarémolas por tramos. O concurso está aberto a todo o mundo que lle escriba ao Apalpador, mais está destinado principalmente a estudantes de infantil, primaria e primeiro ciclo de ESO. Tamén poderán participar grupos cunha carta común; pensamos en aulas, asociacións, clubes, familias, ou mesmo unha panda de colegas.

O resultado do concurso darase a coñecer o 31 de decembro, na Noite do Apalpadoiro, a través deste sitio web: www.apalpador.com (temos solicitado o www.apalpador.gal mais aínda non están outorgados a día de hoxe)
Se alguén quere escribilas no noso papel de carta ao Apalpador non teñen máis que pórse en contacto connosco para facerllo chegar, son de balde, só hay que facernos chegar o importe do envío.

O ano pasado gañaron tres nenas do CEIP Amaro Refojo de Verín e unha de Agolada.
Animádevos!



sábado, 1 de novembro de 2014

ELABORACIÓN DE ACEITES ESENCIAIS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias: Elaboración de aceites esenciais a partir de plantas aromáticas

A través da exposición de cinco plantas aromáticas falaremos das súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terreos nos que medran, simboloxía, tradición oral, toponimia, variantes...
Proceso de destilación que dá como resultado unha auga floral con trazos de aceite esencial de planta.

Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de 2.º e 3.º da ESO

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino.

Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 998 706

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 10 de novembro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 10 de novembro a partir das 9:30 e até as 14:00


Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartido o pasado curso escolar.

Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de aceites esenciais a partir de plantas aromáticas para 2.º e 3.º da ESO


Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 10 de novembro a partir das 9:30 e até as 14:00


Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono: ____________________________

Número máximo de participantes nun grupo: 30

Hai que indicar a preferencia (de 1 a 12) para a participación na actividade:

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

______ 17 novembro (luns), ás 9:30                   ______ 20 novembro (xoves), ás 9:30
______ 17 novembro (luns), ás 12:00                 ______ 20 novembro (xoves), ás 12:00
______ 18 novembro (martes), ás 9:30               ______ 21 novembro (venres), ás 9:30
______ 18 novembro (martes), ás 12:00 ______ 21 novembro (venres), ás 12:00
______ 19 novembro (mércores), ás 9:30           ______ 24 novembro (luns), ás 9:30
______ 19 novembro (mércores), ás 12:00        ______ 24 novembro (luns), ás 12:00
Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

Concurso da XUNTA DE GALICIA "Inventa en galego"

Prazo de recepción dos proxectos: 9 de novembro de 2014. Os traballos presentados deben ser inéditos.  O xurado estará composto por 2 membros de Igaciencia e un por cada patrocinador.

Patrocinado por: Secretaría Xeral de Política Lingüística e EducaBarrié.

Premios: Dous premios por valor de 300 e 200 euros respectivamente, e a participación no estand de educaBarrié en Galiciencia (Ourense) e en Ciencia na Rúa en Coruña. Poden participar varios grupos dun mesmo centro, pero só se concederá un premio por centro.

Destinatarios: grupos de alumnos e alumnas de centros educativos de nivel ata bacharelato e formación profesional de grao medio, inclusive.


Enlace coa web do concurso da Xunta de Galicia