sábado, 30 de abril de 2011

"NON HAI NOITE TAN LONGA." AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Edicións Xerais ofrece a todos os seus lectores e lectoras o primeiro capítulo en pdf de Non hai noite tan longa, a novela de Agustín Fernández Paz, que estará nas librerías a mediados do mes de maio.
Non hai noite tan longa conta o regreso de Gabriel Lamas, un home de 50 anos asentado en París, á vila galega na que naceu. É a primeira vez en trinta anos que pisa a súa terra. Non volveu nin sequera para darlle sepultura ao pai, condenado e encarcerado a finais dos sesenta por un delito que non cometeu. A Galicia coa que se atopa en 2002, tras a morte da súa nai, é moi distinta da que deixara en 1970. O que non cambiou foi a ferida que o arredou dos seus e o levou a Francia, aínda sen estiñar. A mala conciencia segue intacta. “A novela é un axuste de contas coa miña xeración”, explica Agustín Fernández Paz. Para máis información, aquí.
Descargar o primeiro capítulo de Non hai noite tal longa.

EXPOSICIÓN " LOIS PEREIRO" . VERBUM.

 O vindeiro 12 de maio co gallo da celebración do Día das letras Galegas 2011, o Verbum – Casa das Palabras inaugura a exposición Lois Pereiro. Lírica Punk.

Lírica Punk, non é unha exposición ao uso, Lois Pereiro, tampouco foi un poeta ao uso. A súa obra compón un universo creativo singular, unha cartografía da emoción humana na que o poeta teceu as súas vivencias persoais cos fíos da cultura universal. Un territorio inquietante, que invita a ser explorado. Para facelo, construímos un camiño de entrada, a través dunha metáfora tan presente na vida do poeta como a do tren. En cada parada, atoparedes referentes, linguaxes, temas, símbolos e imaxes que vos achegarán á vida e á obra de Lois Pereiro... Convidámosvos a comezar con nós esta viaxe.

A súa imaxe é un resumo perfecto dos complicados anos 80, o punk, o pop, a apertura ás influencias europeas, a renovación da poesía galega, a colza, a droga, todo un rosario de elementos que caracterizaron unha xeración completa de Galicia.

Dende o Departamento Educativo de Verbum - Casa das Palabras animámosvos a participar nas visitas comentadas organizadas ao redor da exposición.

Datas: do 18 de maio ao 26 de xuño de 2011
Destinatarios: Educación secundaria e bacharelato
Temporización: 45 min
Información e reserva: Tf. 986 240 130 ou en verbum@vigo.org
Entrada de balde

xoves, 28 de abril de 2011

OS FALADOIROS. CEIP PINTOR LAXEIRO DE VIGO.

Os "Faladoiros" é unha actividade que facemos todos os anos no CEIP Pintor Laxeiro e que aparece no noso Proxecto de Fomento do Uso do Galego.

Nesta actividade dunha forma oral, lúdica e educativa @ alumn@ disfruta preparando e participando nunha serie de actividades que lle permiten ver que o galego tamén é unha fonte de pracer e diversión.

Traballamos dous ou tres faladoiros cada ano.

 A proposta do EDLG, e partindo dun tema dado, ou ben con tema libre se así o acordamos, cada aula prepara unha actividade ( poemas, recitados, cantigas, bailes, lendas, contos, tradicións,…) para, na data fixada, representar diante d@s súas/seus compañeir@s de Ciclo ou de Centro, atendendo á organización que en cada intre se faga do mesmo.

De cada Faladoiro facemos unha montaxe fotográfica e un vídeo no que queda plasmada a actividade que realiza cada grupo de nenos/as participantes.
Se queredes disfrutar e compartir a experincia premede neste enlace e baixade o arquivo.

http://www.megaupload.com/?d=81W3BSJ0

ACTO QUEREMOS GALEGO. 30 DE ABRIL EN SANTIAGO.




O galego é a chave coa que abrimos o mundo
Reserva a túa entrada para o acto nacional que organiza a plataforma Queremos Galego este sábado
Este sábado ás 19.30 h, na sala Capitol de Santiago de Compostela, a plataforma Queremos Galego organiza un acto nacional en defensa da nosa lingua.
As entradas, ao prezo simbólico de 5 euros, reservaranse na páxina web da plataforma cidadá, www.queremosgalego.org, ou directamente na seguinte ligazón
e retiraranse na billeteira da Sala Capitol o mesmo 30 de abril a partir das 19 h.
O acto terá unha parte de concerto, coas intervencións de Ugia Pedreira, Roi Casal, Miro Casabella e Roberto Sobrado.
Ademais, intervirán Manuel Rivas, Teresa Moure, Ernesto Chao, Pilar García Negro, Carlos Negro e Carlos Callón.
Se ademais de asistires ao acto queres contribuír a darlle difusión na túa localidade, centro de estudos ou de traballo, entre os teus contactos na rede, etc., na sección de 'Materiais' da páxina da plataforma atoparás diferentes modelos de báners para colocares noutros webs, blogues persoais, etc.
A Sala Capitol está na rúa Concepción Arenal, 5, ao carón da praza de Galiza

martes, 26 de abril de 2011

QUE É UN EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA?

MONOGRÁFICO SOBRE LOIS PEREIRO

Na páxina da Coordinadora Galega de ENDL poñemos á vosa disposición un monográfico especial dedicado á figura e á obra de Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011. Nel, atoparedes unha escolma de recursos didácticos como actividades en liña, propostas de traballo para as aulas ou unha fonoteca e unha videoteca. Agardamos que vos sirva de axuda e pedímosvos que nos acheguedes novos materiais para compartir cos Equipos de Normalización e a comunidade educativa en xeral.
http://www.coordinadoraendl.org/letras2011/index.php?pax=mat

luns, 25 de abril de 2011

ACTO PÚBLICO EN PROL DA EDUCACIÓN EN GALEGO. GALIZA CO GALEGO E PROLINGUA.

A Comisión Promotora Galiza co Galego, en colaboración coa plataforma Prolingua, invítao a participar no acto público a prol da educación en galego que terá lugar o venres 29 de abril, en horario de 20:00 a 21:30 horas, na Casa Galega da Cultura situada na Praza da Princesa do Concello de Vigo.

Programa:

Presentación a cargo de dona Iolanda Veloso Ríos, concelleira da Área de Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Relatorios:

Razóns para educar en Galego”.
Relatorio a cargo de D. Manuel Bragado Rodríguez, licenciado en Ciencias da Educación, mestre de educación infantil e primaria, ex presidente da asociación pedagóxica Nova Escola Galega e director xeral de Edicións Xerais de Galicia.

Linguas minorizadas europeas en proceso de normalización”.
Relatorio a cargo de D. Xosé-Henrique Costas González, lingüista, director de Normalización Lingüística e vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo.

Construíndo futuro; escolas en galego”.
Relatorio a cargo da Comisión Galiza co Galego, con información sobre o traballo desenvolvido cara a facer efectivo o noso dereito á educación en galego.

Grazas ao apoio das/os nosas/os socias/os e dos preto de 3.000 compromisos acadados do movemento popular de Galiza co Galego, podemos realizar actos divulgativos como este.

Agradeceriamos a súa asistencia a este acto, así como a divulgación deste comunicado.


O presidente.
Francisco X. López




Situación do lugar do acto: Casa Galega da Cultura
Enderezo: Praza da Princesa, 2, 36202 Vigo
Coordenadas de localización conforme Google Earth:
42º 14' 18.68” N / 8º 43' 32.21” O


Mais información en:
Apoio económico, participación e afiliación en:
Contactos: comisiongalizacogalego@gmail.com Telf: 629891145

xoves, 21 de abril de 2011

LIBRO DAS ESTRELAS. CEIP POMBAL.

Neste enderezo podedes acceder a un libro de poesía adicado ás estrelas en formato Power Point, " O libro das estrelas", elaborado polo alumnado do CEIP Pombal de Vigo . As poesías e as ilustracións son do alumnado de tódolos ciclos. Pinchando no título accededes antes.

http://dl.dropbox.com/u/22728933/LIBRO%20%20ESTRELAS%202.ppt

martes, 19 de abril de 2011

RECOLLIDA DE SINATURAS EN DEFENSA DA LINGUA GALEGA. PROLINGUA

A plataforma Prolingua (http://prolinguagalega.org/) presentou o sábado no rexistro central da Xunta unha carta dirixida a Feijoo demandándolle o compromiso de non reformar a Lei de Normalización Lingüística de non ser por unanimidade, como foi promulgada no seu día en 1983.
(http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/un-simbolo-case-
sagrado/idEdicion-2011-04-10/idNoticia-658011/
). Isto veu motivado pola pretensión de moitas persoas de modificar o artigo 10 da LNL sobre a toponimia, último reduto de exclusividade da lingua galega en toda a normativa existente.

No sitio web de Prolingua (http://prolinguagalega.org/) podes ler a carta completa e asinala, se así o desexas. Nestes momentos preto de 1.000 persoas xa asinaron en defensa da LNL.

Plataforma Prolingua.

“Soños Ilustrados: Kalandraka, 12 anos de álbum galego"

ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS

10 ILUSTRADORES PARTICIPAN NA EXPOSICIÓN “SOÑOS ILUSTRADOS” QUE SE INAUGURA ESTE VENRES NA ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

VIGO martes 12 abril 2011

Ata o 10 de xuño a mostra recolle os orixinais dunha vintena de álbums editados por Kalandraka

Despois do éxito acadado coa exhibición de “Proxecto apertura” que inaugurou a nova sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo –-o “Espazo EMAO--, ábrese unha nova mostra da man dos mellores ilustradores que teñen publicado na recoñecida editorial Kalandraka. Ramón Trigo, Marc Taeger, David Pintor, Pablo Otero, Óscar Villán, Federico Fernández, Alicia Suárez, Juan Rivas, Francisco Pérez Porto e Kiko Da Silva son os dez ilustradores que participan na exposición “Soños Ilustrados: Kalandraka, 12 anos de álbum galego”, que se pode visitar no Espazo EMAO da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo a partir deste venres, 15 de abril, e ata o 10 de xuño. A mostra reúne -por primeira vez en Vigo- un grupo de ilustracións e traballos pertencentes a unha vintena de álbums editados por Kalandraka.


As obras abarcan unha ampla variedade de estilos e disciplinas artísticas: desde obra pictórica, ata cerámica, pasando por banda deseñada, colaxe ou figuras tridimensionais. Os comisarios da exposición, Federico Fernández e Miguel Vázquez, destacaron que esta mostra, aberta non só ao alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios, senón tamén ao público en xeral, pretende “elevar a ilustración infantil, unha modalidade que nos últimos anos acadou unha notable importancia, á categoría de ARTE en letras maiúsculas”.
O artista vigués Ramón Trigo presenta unha escolma de obras realizadas para o libro “As luces que acenden e se apagan” e mais a novela gráfica “O burato do inferno”, ambas editadas no selo Faktoría K, de Kalandraka.
Do ilustrador suizo afincado en Galicia Marc Taeger pódense contemplar ilustracións dos álbums “Garavanciño” e “A verdadeira historia de Carapuchiña” (Premio Daniel Gil de Deseño Editorial 2005).
O coruñés David Pintor, que forma parte do dúo de humor gráfico Pinto&Chinto, asina as ilustracións do libro de relatos “Contos para nenos que dormen deseguida” (Premio Xosé Neira Vilas 2011 da Asociación Galega de Editores ao mellor libro infantil). Esta última obra foi seleccionada para participar na exposición de ilustradores da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña e na Bienal de Bratislava. A título individual, tamén participa na mostra con ilustracións do caderno de viaxe titulado “Compostela”.
O ourensán Pablo Otero expón ideogramas baseados no libro “Gramática da fantasía”, de Gianni Rodari, e tamén unha parte das montaxes escenográficas que deron lugar ao libro “ABCdiario”, no que representaba artisticamente as letras do alfabeto. Tamén ourensán, afincado na bisbarra de Compostela, Óscar Villán reúne ilustracións dos álbums “O coelliño branco” (Premio Nacional de Ilustración 1999) e “A cebra Camila”.

Pola súa parte, Federico Fernández participa na mostra coas ilustracións de “Chivos chivóns” e “Onde perdeu Lúa a risa?” (Premio Nacional de Ilustración 2001 e incluido na prestixiosa selección internacional The White Ravens 2002).
Os pontevedreses Juan Rivas e Alicia Suárez contribúen con cadansúas obras a esta exposición. Juan Rivas presenta as obras elaboradas para “As fabas máxicas” e “Ire”, mentres que Alicia Suárez asina a proposta estética de “A ratiña presumida”, que serviu para editar un libro da colección Makakiños adaptado á linguaxe de pictogramas SPC, destinado a nenos e nenas con autismo e outras discapacidades intelectuais.

Do humorista gráfico e ilustrador Kiko Dasilva pódense ver algunhas montaxes tridimensionais elaboradas para os libros “A memoria das árbores” e “Moncho e a mancha”. Tamén a base de cerámica e esmalte son as pezas de Francisco Pérez Porto que ilustran o libro-cd do grupo Na Virada para o libro “Solaina”.
O Espazo EMAO abre as súas portas de martes a sábados entre as 19:00 e as 21:00 horas para compartir estes traballos artísticos. Dende o pasado mes de xaneiro, a sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios é un lugar aberto a toda a cidadanía viguesa para a difusión da cultura e da creación, en forma de coidadas obras artesás e artísticas. A oferta expositiva do Espazo EMAO complementa a faceta académica e formativa desta Escola centenaria, na que se se imparten clases de artesanía do coiro, encaixe de palillos, moda e confección, ourivaría, pintura, debuxo, volume e modelado, escultura e talla en madeira, cerámica artística, encadernación, serigrafía, clases de construcción de zanfona, gaita e luthería antiga.
Coa colaboración de Espazo EMAO
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Avda. García Barbón, 5. Tlf 986 22 80 88

emao@vigo.org
espazoemao@vigo.org


Nota de Prensa

EMAO. Concello de Vigo
García Barbón, 1 36201-Vigo.
Teléf. 986228088


PREMIOS AO DESENVOLVEMENTO DE NOVOS CONTIDOS EDUCATIVOS DIXITAIS.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén da presentar a convocatoria de premios ao desenvolvemento de novos contidos educativos dixitais. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 6 de maio de 2011, inclusive.
A publicación desta resolución está aliñada coa estratexia da Xunta de Galicia de introdución das Tecnoloxías da Información e a Comunicación na práctica educativa e ten coma obxectivo promover a elaboración de contidos educativos adaptados ao novo contexto dixital que se está a impulsar por parte das diferentes Administracións.
Pódese consultar no portal espazoAbalar 

CONFERENCIA: " POLÍTICA LINGÜÍSTICA E CIDADANÍA " 26 DE ABRIL

xoves, 14 de abril de 2011

CORRELINGUA 2011. INSCRÍBETE XA!

COMARCADATASitioestado
Santiago de Compostela 02/05/2011 Santiago de Compostela Evento sen celebrar
Baixo Miño 03/05/2011 Salceda de Caselas Evento sen celebrar
A Coruña 04/05/2011 A Coruña Evento sen celebrar
O Morrazo 04/05/2011 Bueu Evento sen celebrar
Monterrei 05/05/2011 Verín Evento sen celebrar
Ferrolterra 05/05/2011 Narón Evento sen celebrar
A Mariña 06/05/2011 Burela Evento sen celebrar
A Estrada 06/05/2011 A Estrada Evento sen celebrar
O Carballiño 09/05/2011 O Carballiño Evento sen celebrar
Ribeira Sacra 09/05/2011 Monforte Evento sen celebrar
Pontevedra 10/05/2011 Pontevedra Evento sen celebrar
Salnés 11/05/2011 Vilagarcía Evento sen celebrar
Lugo 11/05/2011 Lugo Evento sen celebrar
Vigo 12/05/2011 Vigo Evento sen celebrar
Ourense 13/05/2011 Ourense Evento sen celebrar
A Barbanza 31/12/2011 SUSPENDIDO Evento xa celebrado

domingo, 3 de abril de 2011

CAMPAÑA PARA TRABALLARMOS AS ACTITUDES LINGÜÍSTICAS

Os galegofalantes teñen que escoitar habitualmente preguntas deste tipo, preguntas que revelan os prexuízos lingüísticos que aínda perviven, e mesmo se reforzan e “actualizan”, na nosa sociedade. Mudar as imaxes negativas que existen sobre a nosa lingua é algo clave para avanzar na súa normalización.Por todo isto, dende a Coordinadora Galega de ENDL abrimos un espazo na rede para lle dar forma a unha iniciativa de longo alcance que agardamos encher co contributo de todas e todos nós: Polo de agora, compilamos algúns recursos e experiencias arredor desta temática, materiais que irán aumentando na medida en que nos fagades chegar todos aqueles que tedes elaborado nos vosos respectivos centros. Neste primeiro momento lanzamos unha campaña para provocar a reflexión sobre un dos prexuízos máis presentes cara á nosa lingua, o que se recolle no adhesivo que elaborou o debuxante Fran Bueno.
Abrimos, así mesmo, e para abaratar custes, un período de pedimentos para a edición conxunta deste adhesivo para todos aqueles equipos de normalización que esteades interesados en distribuílo no seo da comunidade educativa, especialmente entre o alumnado. O procedemento será o habitual nestes casos: débese cumprimentar o formulario que hai na páxina e ao remate do prazo, fixado para o venres 29 de abril, os paquetes serán enviados aos centros.