xoves, 5 de febreiro de 2015

PRESENTACIÓN DE FEITIZO DE SANGUE

Cando hai dous veráns saiu do prelo BÁGOA DE LÚA, de Sabela González, libro que inaugurou a triloxía fantástica AS CRÓNICAS DE LANDEREINA foron moitos os lectores e lectoras que, dende o primeiro instante, comezaron a reclamar a continuación da historia. Por iso ao pouco tempo tivemos xa que reeditar.
FEITIZO DE SANGUE, esa esperada segunda parte, chega agora ás librerías de todo o país disposto a reproducir o éxito do primeiro. E a emoción e as aventuras que viven os seus protagonistas.
Seguimos á procura da Pedra de Lúa…
Editorial Galaxia



A librería Librouro e a Editorial Galaxia comprácense en convidalo/a á presentación do libro de Sabela González: FEITIZO DE SANGUE
Segunda parte da triloxía AS CRÓNICAS DE LANDEREINA


Vindeiro martes, 10 de febreiro, ás 20.00 horas na librería Librouro (Eduardo Iglesias, 12 de Vigo).
A autora estará acompañada polo editor Francisco Castro.


CURSO DE AUGA SALGADA


mércores, 4 de febreiro de 2015

DOBRAXE NA ESCOLA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Dobraxe na escola
É unha actividade lúdico educativa que ten como finalidade achegarlles aos nenos e nenas, dun xeito ameno e didáctico, o mundo da dobraxe.
Fases:
Primeiro, utilizando monicreques, os actores e dobradores, Manuel Pombal e Suso Pando, fan un xogo dramático moi divertido no que nos mostran todos os pasos da elaboración dunha película; desde a creación do guión ata a súa dobraxe.
Logo, sen abandonar o ton lúdico e teatral, preséntalles os personaxes do “mini capítulo” que “o propio alumnado” vai dobrar, sorprendéndose con exóticas versións orixinais, en idiomas que probablemente xamáis escoitaran.
Acto seguido, ensaiamos todos xuntos un fragmento da película, aprendendo a encaixarmos as propias voces nas bocas dos personaxes.
-”Probámolo e experimentámolo todos...? Ben. Agora... Quen quere saír?
Xa temos os/as dobradores/as. // Lemos o guión, ensaiamos, axustamos e... // Silencio! Imos gravar! // Gravamos... e, moi sorprendidos/as, escoitamos o resultado.

Duración: os responsables do desenvolvemento da actividade poranse en contacto co centro escolar para axeitar a duración da actividade. Faranse 4 sesións consecutivas de 50 minutos (máximo, 35 participantes por sesión), adaptándose aos horarios do centro escolar

Dirixido a: alumnado de primaria (3.º 4.º 5.º e 6.º)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino.
Horario: a actividade comezará ás 10:00, se ben, para preparala, os responsables do desenvolvemento da actividade estarán no centro escolar ás 09:00
Necesidades técnicas da actividade: os responsables do desenvolvemento da actividade poranse en contacto co centro escolar para solventar posibles cuestións técnicas

Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Manuel Pombal 605 06 69 17

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 9 de febreiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 9 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.


Marta Souto González
Técnica do SNL
mc/
Vigo, 29 de xaneiro de 2015
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Dobrase na escola para primaria (3.º, 4.º, 5.º e 6.º)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 9 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 35


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 7) para a participación na actividade.

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

_____ 23 febreiro (luns)
_____ 24 febreiro (martes)
_____ 25 febreiro (mércores)
_____ 26 febreiro (xoves)
_____ 27 febreiro (venres)
_____ 2 marzo (luns)
_____ 3 marzo (martes)


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

O ESQUÍO RAMPANTE

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Polo correo do vento “O esquío rampante”

É un proxecto didáctico no que a palabra e a imaxe constitúen as ferramentas esenciais para activar a creatividade e imaxinación dos máis novos.

Desenvólvese un conto de xeito oral e no tempo do relato debúxase un mural correspondente a unha escena clave da narración. Posteriormente, unha rolda de prensa participativa incrementará e completará os misterios e as curiosidades do conto e da ilustración. Nunha segunda parte, nun obradoiro, debúxase, paso a paso, unha personaxe principal da historia, todos xuntos, guiados polo ilustrador. Por último, remátase cun xogo didáctico característico das páxinas finais dos álbumes da colección "Polo correo do vento".


Duración: 60 minutos

Dirixido a: alumnado de 1.º de primaria

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino


Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Polo correo do vento 695 62 32 61

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 10 de febreiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 10 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00



Marta Souto González
Técnica do SNL
mc/
Vigo, 30 de xaneiro de 2015
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Polo correo do vento “O esquío rampante”
 para primaria (1.º)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 10 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 35


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 14) para a participación na actividade.

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

_____ 23 febreiro (luns) 09:30                                          _____ 26 febreiro (xoves) 12:30
_____ 23 febreiro (luns) 12:30                                          _____ 27 febreiro (venres) 09:30
_____ 24 febreiro (martes) 09:30                                      _____ 27 febreiro (venres) 12:30
_____ 24 febreiro (martes) 12:30                                      _____ 2 marzo (luns) 09:30
_____ 25 febreiro (mércores) 09:30                                 _____ 2 marzo (luns) 12:30
_____ 25 febreiro (mércores) 12:30                                 _____ 3 marzo (martes) 09:30
_____ 26 febreiro (xoves) 09:30                                        _____ 3 marzo (martes) 12:30


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

NOVO NÚMERO DE "OLLOS DE AULA"

Prezados/as amigos/as,
Remitímosvos o número 19 (febreiro de 2015) de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado e que anexamos neste correo ou que podedes descargar en: 
Nesta primeira entrega do ano, Carmen Díaz Simón, orientadora do IES Lucus Augusti, valora cando as familias e o alumnado deben acudir ao Departamento de Orientación. Pola súa banda, Mª Dolores González Piñeiro, orientadora do CEIP San Clemente de Caldas de Reis, ofrece algunas estratexias para estimular a intelixencia emocional. Así mesmo, Lines Salgado achégase e formula interrogantes sobre os famosos centros plurilingües e as seccións bilingües, mentres que Gracia Santórum nos agasalla unha vez máis cunha boa presada de atractivos títulos literarios.
E non esquezamos, como nos di a contracapa, que, “cando se trata da lingua… a última palabra tamén a tes ti, o teu contorno, a túa familia”... todos nós!
Dende a CGENDL agardamos que este novo número responda aos vosos intereses e ao das familias. Pedímosvos, coma sempre, que nos axudedes a difundila na comunidade educativa.  Que tal probar desta volta a imprimir algúns números e deixalos na biblioteca municipal, na sala de espera do centro médico ou na cafetería de costume?
Saúdos normalizadores
CGENDL