mércores, 4 de febreiro de 2015

NOVO NÚMERO DE "OLLOS DE AULA"

Prezados/as amigos/as,
Remitímosvos o número 19 (febreiro de 2015) de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado e que anexamos neste correo ou que podedes descargar en: 
Nesta primeira entrega do ano, Carmen Díaz Simón, orientadora do IES Lucus Augusti, valora cando as familias e o alumnado deben acudir ao Departamento de Orientación. Pola súa banda, Mª Dolores González Piñeiro, orientadora do CEIP San Clemente de Caldas de Reis, ofrece algunas estratexias para estimular a intelixencia emocional. Así mesmo, Lines Salgado achégase e formula interrogantes sobre os famosos centros plurilingües e as seccións bilingües, mentres que Gracia Santórum nos agasalla unha vez máis cunha boa presada de atractivos títulos literarios.
E non esquezamos, como nos di a contracapa, que, “cando se trata da lingua… a última palabra tamén a tes ti, o teu contorno, a túa familia”... todos nós!
Dende a CGENDL agardamos que este novo número responda aos vosos intereses e ao das familias. Pedímosvos, coma sempre, que nos axudedes a difundila na comunidade educativa.  Que tal probar desta volta a imprimir algúns números e deixalos na biblioteca municipal, na sala de espera do centro médico ou na cafetería de costume?
Saúdos normalizadores
CGENDL

Ningún comentario:

Publicar un comentario