A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Polo correo do vento
“O esquío rampante”
É un
proxecto didáctico no que a palabra e a imaxe constitúen as ferramentas
esenciais para activar a creatividade e imaxinación dos máis novos.
Desenvólvese
un conto de xeito oral e no tempo do relato debúxase un mural correspondente a
unha escena clave da narración. Posteriormente, unha rolda de prensa
participativa incrementará e completará os misterios e as curiosidades do conto
e da ilustración. Nunha segunda parte, nun obradoiro, debúxase, paso a paso,
unha personaxe principal da historia, todos xuntos, guiados polo ilustrador.
Por último, remátase cun xogo didáctico característico das páxinas finais dos
álbumes da colección "Polo correo do vento".
Duración: 60 minutos
Dirixido a: alumnado de 1.º de primaria
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade
poden consultar con Polo correo do vento 695 62 32 61
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 10 de febreiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 10 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00
Marta Souto González
Técnica do SNL
mc/
Vigo, 30 de xaneiro de 2015
Solicitude de
participación na actividade:
Polo correo do vento “O esquío rampante”
para primaria (1.º)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 10 de febreiro
a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 35
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 14) para a
participación na actividade.
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
_____ 23 febreiro (luns) 09:30 _____
26 febreiro (xoves) 12:30
_____ 23 febreiro (luns) 12:30 _____
27 febreiro (venres) 09:30
_____ 24 febreiro (martes) 09:30 _____ 27
febreiro (venres) 12:30
_____ 24 febreiro (martes) 12:30 _____ 2
marzo (luns) 09:30
_____ 25 febreiro (mércores) 09:30 _____ 2 marzo
(luns) 12:30
_____ 25 febreiro (mércores) 12:30 _____ 3 marzo
(martes) 09:30
_____ 26 febreiro (xoves) 09:30 _____ 3
marzo (martes) 12:30
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario