martes, 24 de maio de 2011

VERMÚ REGUEIFEIRO

REVISTA "LINGUA VIVA" : ARTIGO CAMPAÑA DA CGENDL.

A revista " Lingua Viva", boletín do SNL do Concello de Vigo, publica co cartaz da campaña en portada, e no interior, nás páxinas 10 e 11, un artigo sobre a campaña da CGENDL en contra dos prexuizos e en prol de actitudes lingüísticas positivas.
Covidámosvos a lelo , asi como o resto dos artigos que son ben interesantes e de utilidade para a nosa tarefa educativa.

EXPOSICIÓN: " LOIS PEREIRO LÍRICA PUNK", VERBUM.

O pasado 12 de maio de 2011, co gallo da celebración do Día das letras Galegas 2011, o Verbum – Casa das Palabras inaugurou a exposición Lois Pereiro. Lírica Punk.

Lírica Punk, non é unha exposición ao uso, Lois Pereiro, tampouco foi un poeta ao uso. A súa obra compón un universo creativo singular, unha cartografía da emoción humana na que o poeta teceu as súas vivencias persoais cos fíos da cultura universal. Un territorio inquietante, que invita a ser explorado. Para facelo, construímos un camiño de entrada, a través dunha metáfora tan presente na vida do poeta como a do tren. En cada parada, atoparedes referentes, linguaxes, temas, símbolos e imaxes que vos achegarán á vida e á obra de Lois Pereiro. 
Convidámosvos a comezar con nós esta viaxe!   

A súa imaxe é un resumo perfecto dos complicados anos 80, o punk, o pop, a apertura ás influencias europeas, a renovación da poesía galega, a colza, a droga, todo un rosario de elementos que caracterizaron unha xeración completa de Galicia.

Dende o Departamento Educativo de Verbum - Casa das Palabras animámosvos a participar nas visitas comentadas organizadas ao redor da exposición.

Datas: do 18 de maio ao 26 de xuño de 2011
Destinatarios: Educación secundaria, bacharelato ou equivalentes.  
Temporización: 45 min
Información e reserva: Tf. 986 240 130 ou en verbum@vigo.org
Entrada de balde

domingo, 22 de maio de 2011

RECORDATORIO: 1991-2011: vinte anos dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

A CGENDL está a organizar o acto 1991-2011: vinte anos dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que terá lugar o vindeiro sábado 4 de xuño ás 11:30 da mañá no Museo do Pobo Galego. Esta xornada ten como finalidade darlle visibilidade pública ao traballo feito polos ENDL ao longo de todos estes anos e agradecer o labor dos docentes, o alumnado e os colaboradores que os conformaron e conforman. Ademais, neste acto queremos expresar a nosa gratitude e recoñecemento público a Agustín Fernández Paz polo seu papel, precursor e activo, no ámbito da normalización lingüística no ensino. Para asistir cómpre enviar os datos persoais (nome e apelidos e centro escolar) ao enderezo correo@coordinadoraendl.org.
Así mesmo, achegamos un tarxetón dirixido ás familias que ten como obxectivo agradecer a súa colaboración na tarefa educativa desenvolvida polos equipos en todo este tempo, así como valorizar o traballo desenvolvido no voso centro e convidar ás familias a seguir participando neste labor colectivo. O tarxetón está preparado para que se poidan facer tres copias por folla e a dobre cara e deixa espazo para inclusión do  logotipo do voso equipo ou do selo dos vosos centros.
Pinchar no enlace.

luns, 16 de maio de 2011

ADQUISICIÓN GRATUITA PARA OS CENTROS DO LIBRO: TOPONIMIA DO VAL DO FRAGOSO

O pasado 10 de maio presentouse, na Biblioteca Xosé Neira Vilas, o volume sobre Lavadores, da colección da toponimia do Val do Fragoso.
Este libro, froito da colaboración da Universidade de Vigo e da
Concellería de Normalización Lingüística, está dispoñible para a cidadanía.
Poden conseguir un exemplar nas dependencias do Servizo de Normalización Lingüística (1º andar da Casa do Concello, praza do Rei, núm. 1) ou ben enviando un correo electrónico a: ofi.normalizacion@vigo.org
indicando: o nome da persoa solicitante, centro escolar e os datos completos dun enderezo postal para envialo.

TEATRO " PELOS NA LINGUA"


O Servizo de Normalización, xunto con TALÍA TEATRO oferta aos centros de ensino a obra Pelos na lingua, obra que fala dos usos e abusos que sofre a lingua galega.
Comedia que, dalgún xeito, pode considerarse a segunda parte de Bicos con lingua, por se traballar o mesmo tema coa mesma estrutura, aínda que dende un enfoque distinto.

Dirixida a: alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos formativos
Data da representación: 3 de xuño (venres)
Hora: 12:30 h
Duración: 50 minutos
Lugar: auditorio municipal (Casa do Concello, praza do Rei, núm. 1)
Número máximo de alumnos/as por centro: 401

Datas para reservar prazas no auditorio: 25, 26 e 27 de maio, de 13:00 a 14:00 h, no teléfono 986 81 02 81

sábado, 14 de maio de 2011

CORRELINGUA 2011

Centos de alumnas e alumnos dos centros educativos vigueses asistiron na mañá do día 12 ó "Correlingua 2011", unha carreira pola lingua na que os xoves, nenas e nenos, mozas e mozos da nosa cidade reinvindican o seu dereito a aprender, a estudar, a falar, a disfrutar e a vivir na lingua de noso. O acto discurriu polas principais vías da cidade, nun exemplo de civismo e comportamento que abraiou e solidarizou a viandantes e conductor@s. Os políticos, presentes no acto de saída, amosaron o seu compromiso coa mocidade, co ensino e coa lingua. O acto rematou no parque de Castrelos, onde tivo lugar un espectáculo que engaloiou a tódol@s presentes.
Os cativos foron convidados a froita, a cantar e bailar, a rir, a escoitar e a falar, a convivir con nen@s doutros centros de ensino, e a disfrutar dunha xornada escolar diferente, na que a aprendizaxe da lingua, como vehículo da xornada, pero tamén de valores, de normas e pautas de comportamento, de civismo, de convivencia responsable, educación vial, hábitos alimenticios e de saúde, fixeron que o traslado das aulas ás rúas se convertese nunha clase interdisciplinar donde as competencias básicas tiveron un papel principal, e converteron un acto lúdico-festivo nun aula ó aire libre que vive ventos de futuridade e esperanza.

 











venres, 13 de maio de 2011

ACTIVIDADES DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

SÁBADO 14 MAIO - VIGO

“Como botarse a falar galego nun espazo urbano”. O obradoiro, de dúas horas de duración, comezará ás 17 horas e, está moi especialmente dirixido á mocidade, mais poderá acudir calquera persoa interesada en o facer.

Enderezo: (Abeleira Menéndez 28, debaixo do Concello, entrada á Ferrería)

MARTES 17 DE MAIO- VAL MIÑOR

Concentración na Ramallosa-Nigrán , ás 11.30 horas con lectura de poemas de Lois Pereiro e textos de Castelao.

MARTES 17 DE MAIO - VIGO

Concentración na praza da Princesa, ás 11.30 horas con lectura de poemas de Lois Pereiro, textos de Castelao, e música. 



CREACIÓN DO CMIO E ACTIVIDADES QUE VAI DESENVOLVER.

No marco das actividades dinamizadoras da lingua galega que teñen como destinataria a poboación escolar viguesa, o SNL está desenvolvendo accións dirixidas a fomentar o uso da lingua galega a través da improvisación, for a regueifa e for o rap, que están callando entre a mocidade dun xeito ben positivo.
O interese demostrado polo alumnado, a súa activa participación e solicitude de incrementar en maior número de actividades e oferta diferente, levan a crear o Centro municipal de improvisación oral, CMIO,  xunto coa Concellería de Xuventude. Este centro, cuxas dependencias están na Casa da Xuventude -rúa López Mora, 31-, vai iniciar a súa andaina o 20 de maio.

O Centro municipal de improvisación oral ofertará dobre programación formativa:
1.- En horario escolar
Dirixida a centros de primaria: alumnado de ciclo superior
Horario: martes de 11:00 a 12:00 h e de 12:00 a 13:00 h
2.- Fóra do horario escolar
Dirixida a mozos e mozas que, de xeito individual, queiran incrementar a formación dada nos obradoiros escolares
Horario: venres de 18:30 a 19:30 horas
Para se anotaren deberán chamar á Casa da Xuventude


CONVITE PARA O 26 DE MAIO: FALAN AS BIBLIOTECAS VIVAS.

Os libros-vivos do patrimonio galego-portugués
OS HOMES-LIBRO BIBLIOTECA VIVA PATRIMONIO COMÚN

O día 26 de maio Ponte...nas ondas! realizará no Museo do Verbum de Vigo unha xornada de divulgación das BIBLIOTECAS VIVAS para a participación do alumnado galego e portugués. Desde as 10.00 hs. ás 14.30 hs.

ACTIVIDADES
TEATRO: Farenheit por Limiar Teatro
NARRACIÓN ORAL: Avelino González e Helena Faría
DOCUMENTAL: O patrimonio común: Brasil somos nós de Carlos Núñez
LIBROS VIVOS: A primeira Biblioteca-Viva do Patrimonio Galego-Portugués
• EXPOSICIÓNS:
GALICIA NAS ONDAS
VIGO CIDADE BABEL
LOIS PEREIRO

sábado, 7 de maio de 2011

"FALADOIROS" CEIP PINTOR LAXEIRO, VIGO

Os "Faladoiros" é unha actividade que facemos todos os anos e que aparece no noso Proxecto de Fomento do Uso do Galego. Dunha forma oral, lúdica e educativa o alumnado disfruta preparando e participando nunha serie de actividades que lle permiten ver que o galego tamén é unha fonte de pracer e diversión.Traballamos dous ou tres faladoiros cada ano.
A proposta do EDLG, e partindo dun tema dado, ou ben con tema libre si así o acordamos, cada aula prepara unha actividade ( poemas, recitados, cantigas, bailes, lendas, contos, tradicións,…) para representar, nunha data fixada, diante d@s súas/seus compañeir@s de Ciclo ou de Centro, atendendo á organización que en cada intre se faga do mesmo.

De cada Faladoiro facemos unha montaxe fotográfica e un vídeo no que queda plasmada a actividade que realiza cada grupo de nenos/as participantes. Aquí volo presentamos en formato Power Point.

CEIP Pintor Laxeiro

http://dl.dropbox.com/u/22728933/FALADOIRO%20DE%20OUTONO%202010.pptm
http://dl.dropbox.com/u/22728933/FALADOIRO%20DE%20INVERNO%202010.pptm
http://dl.dropbox.com/u/22728933/FALADOIRO%20DE%20PRIMAVERA%202010.pptm
http://dl.dropbox.com/u/22728933/LETRAS%20GALEGAS%202008.pptm

ACCESO DENEGADO.

Este venres 6 de maio o acceso dende os centros educativos á páxina da CGENDL foi bloqueado pola Rede Corportativa da Xunta de Galicia. Nestes momentos, descoñecemos as causas deste corte do acceso e pedimos a vosa axuda para esixir o seu desbloqueo por razóns pedagóxicas evidentes: cando  entredes en http://www.coordinadoraendl.org/ e saia a mensaxe de erro, premede a ligazón para solicitar que se habilite ese contido e cubride os datos que se piden.
Moitas grazas por todo.
Saúdos normalizadores
Coordinadora Galega de ENDL

SOLICITUDE DE MATERIAIS.

1991-2011: vinte anos dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

Dende o Consello Directivo da CGENDL estamos a preparar un acto de visibilidade pública do traballo dos ENDL ao longo de todos estes anos. Nel, queremos mostrar varias montaxes de video, que despois serán colgadas na web, onde se recolla unha mostra o máis variada e representativa posible do labor feito nos Equipos ao longo de todo o tempo que levamos traballando nos centros de ensino.
Por iso, pedímosvos que nos envíedes todo o material que teñades desde as orixes do voso equipo e do que queirades presumir diante do mundo (desde portadas de revistas, videos, fotos, música feita polo alumnado, trípticos, programas de actividades, noticias das vosas actividades que saíran en prensa...). Agradecemos que mandedes todo o que poidades dixitalizado, se non vos é posible, mandádeo no formato que teñades (devolveremos todo o que nos indiquedes). Tamén nos aforraredes traballo se xa nos enviades os materiais seleccionados: as mellores fotos das actividades, a mellor portada, os minutos nos que está o máis interesante do vídeo...

Para facilitar o traballo de selección, pedímosvos encarecidamente que no propio correo enviedes unha relación descritiva do material enviado na que se indique: nome/título da actividade, o centro e a data na que se celebrou (ano). Exemplo:
· Concurso de cartaces para a defensa e promoción do Galego, CEIP Rías Baixas,
curso 2010-2011.
Igualmente, os arquivos anexados deben nomear a actividade e o centro que o envía.
Exemplo:
· revista_anosavoz_cpicuntis

POR FAVOR, revisade nas vosas gabetas, nos vosos arquivos, e enviádenos ao enderezo electrónico todos aqueles testemuños das actividades que realizastes ao longo destes anos. Se tedes algún material valioso sen dixitalizar (sobre todo o máis antigo) facédenolo chegar fisicamente que o facemos nós. É importante que os materiais dixitalizados teñan boa resolución, feito que se cadra leva a que pese moito para enviar por correo electrónico. Se é así, gravádeo nun DVD e enviádeo tamén por correo postal ao seguinte enderezo:

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
CPI Aurelio Marcelino Rey García
Rúa José María Lastra, 3, s/n
36670 Cuntis

Así mesmo, neste mesmo acto tamén queremos facer un recoñecemento ao labor feito por AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ no ámbito da normalización no ensino, polo que vos pedimos que nos enviedes fotos de visitas súas aos vosos centros, opinións do alumnado sobre as súas charlas, escritos do alumnado comentando o que supuxo para eles a lectura dos seus libros...
A data límite para que poida ser incluído é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Difundídeo entre todos os EDLG e docentes que colaboran ou colaboraron nos equipos.
Saúdos a todas/os.
CGENDL
http://www.coordinadoraendl.org
correo@coordinadoraendl.org

1991-2011:VINTE ANOS DOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

A CGENDL ten o pracer de convidarvos ao acto 1991-2011: vinte anos dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que terá lugar o vindeiro sábado 4 de xuño ás 11:30 da mañá no Museo do Pobo Galego. Esta xornada ten como finalidade darlle visibilidade pública ao traballo feito polos ENDL ao longo de todos estes anos e agradecer o labor dos docentes, o alumnado e os colaboradores que os conformaron e conforman. Así mesmo, neste acto queremos expresar a nosa gratitude e recoñecemento público a Agustín Fernández Paz polo seu papel, precursor e activo, no ámbito da normalización lingüística no ensino. Para asistir cómpre enviar os datos persoais (nome e apelidos e centro escolar) ao enderezo correo@coordinadoraendl.org.

A TROPA DE TRAPO NO PAIS DONDE SEMPRE BRILLA O SOL.

Proxección deste filme para os máis cativos nos cines Yelmo. Con invitación.(Para máis infromación premer no título).

venres, 6 de maio de 2011

NOVAS DO MES DAS LETRAS

Día 10
-Helena Faria: contadora de contos en portugués
Detrás do marco (r/ Londres s/n)
   Hora: 18:00
Escola Oficial de Idiomas (r/ Martínez Garrido, 17)
   Hora: 20:00
-Presentación do libro Toponimia do Val do Fragoso. Lavadores
Biblioteca Neira Vilas (r/ Martínez Garrido, 21)
   Hora: 18:00
-Contacontos Lois Pereiro (recomendada a partir dos 9 anos)
Biblioteca Pública Central de Vigo (r/ Joaquín Yañez, 6)
   Hora: 18:30

Día 12
-Vicentiño e as árbores da paz: contacontos musicado (recomendada a partir dos 5 anos)
Biblioteca Pública Central de Vigo (r/Joaquín Yañez, 6)
   Hora: 18:30

Día 13
-Regueifas e concerto de Manu Clavijo sobre a figura de Lois Pereiro
VigoSónico (parque Tecnolóxico de Valadares
   Hora: 20:00 (haberá actividades dende as 16:30 h)

Día 14
-A tropa de Trapo: actividades e proxección da película (a partir dos 5 anos)
Cine Yelmo Vigo (Centro Comercial Travesía)
   Hora 11:00
Recóllense as invitacións nas oficinas de Radio Vigo (986 43 87 00)

Día 15
-O soldadiño de Chumbo: proxección da curta infantil e xogos sobre o filme (a partir dos 5 anos)
Xantar das Letras en Castrelos
  hora 16:00
-Camiño da lingua: xogos sobre a lingua e a cidade de Vigo (a partir dos 6 anos)
Xantar das Letras en Castrelos
   Hora: 16:30
-Galeoke: karaoke de cancións galegas
Xantar das Letras en Castrelos
   Hora: 17:30

Día 17
-Galeoke: karaoke de cancións galegas
Detrás do Marco (r/Londres s/n)
   Hora: 18:00

Día 21
-A tropa de Trapo: actividades e proxección da película (a partir dos 5 anos)
Cine Yelmo Vigo (Centro Comercial Travesía)
   Hora 11:00
Recóllense as invitacións nas oficinas de Radio Vigo (986 43 87 00)

Día 26
-Pepiña maruxiña quere voar: contacontos infantil (a partir dos 5 anos)
Biblioteca Pública Central de Vigo (r/Joaquín Yañez, 6)
   Hora: 18:30

Día 28
-Vermú regueifeiro
Detrás do marco (r/ Londres s/n)
   hora: 13:30

xoves, 5 de maio de 2011

PRESENTACIÓN DO LIBRO: TOPONIMIA DO VAL DO FRAGOSO, LAVADORES

Martes 10 de Maio ás 18/00 na Biblioteca Xosé Neira Vilas ( Martínez Garrido, 21)
Preséntase o libro Toponimia do Val do Fragoso. Lavadores, volume II da colección sobre toponimia das parroquias de Vigo.

Contarase coa participación do autor, Iván Sestai, e o vicerreitor de extensión universitaria Henrique Costas.

Oranizan: SNL do Concello de Vigo, e Universidade de Vigo.
Colabora: Biblioteca Xosé Neira Vilas, Concello de Vigo.

CONTADORA DE HISTORIAS EN LINGUA PORTUGUESA.

HELENA FARIA

Martes 10 ás 16/30 h.
Detrás do marco ( r. Londres s/n )

Martes 10 ás 20:00 h.
Escola Oficial de Idiomas ( Martínez Garrido, 17)

ORGANIZA: SNL DO CONCELLO DE VIGO
COLABORAN: DETRÁS DO MARCO, E.O.I.



mércores, 4 de maio de 2011

ACTIVIDADES DO MES DAS LETRAS


MAIO 2011
BIBLIOTECA PÚBLICA CENTRAL DE VIGO
( Joaquín Yáñez, 6)
MARTES 10 ÁS 18:30 H. CONTACONTOS SOBRE LOIS PEREIRO, a partir dos 9 anos.
XOVES 12 ÁS 18:30 H. " VICENTIÑO E AS ÁRBORES DA PAZ", a partir dos 5 anos.
SNL DO CONCELLO DE VIGO E BIBLIOTECA PÚBLICA CENTRAL DE VIGO.

domingo, 1 de maio de 2011

BLOGUE DE LOIS PEREIRO

A CDEDLG de Vigo e bisbarra pon á vosa disposición un novo blogue dentro do apartado "Dinamizacdedlg" adicado á figura de Lois Pereiro. Aí podedes atopar enlaces de interese, información variada, videos e outros sobre o autor homenaxeado este ano no " Día das Letras Galegas" . Tendes tamén acceso directo á páxina de recursos da Coordinadora Galega.
Lembrámosvos que no mesmo enderezo ( blogue da CDEDLG á dereita arriba) tendes outro blogue adicado á figura de Álvaro Cunqueiro.

Esperamos que sexan do voso interese e de utilidade

CDEDLG de Vigo e bisbarra.