venres, 31 de marzo de 2017

mércores, 22 de marzo de 2017

CURSO DE ACHEGAMENTO Á LINGUA GALEGA NIVEL 0


PRAZAS VACANTES: BIBLIOTECAS VIVENTES


A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de
Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Bibliotecas Viventes “O galego dá xogo”
Unha Biblioteca Vivente é unha biblioteca na que os libros son persoas; persoas con
historias singulares, coñecementos e experiencias sobranceiras en determinados
campos. A intención desta actividade, desta Biblioteca Vivente, é evidenciar a existencia
de prexuízos lingüísticos para poder rachar con eles, dignificar a nosa lingua e fomentar
o seu uso entre a mocidade.
Datas: 5 (mércores) e 6 (xoves) de abril
Horario: hai que escoller un horario, 1 sesión por centro de ensino
de 10:00 a 11:40
de 12:00 a 13:40
Dirixido a: alumnado 4.º ESO e Bacharelato
Número de participantes: máximo 72 en cada sesión
Lugar de realización da actividade: no pavillón das Travesas (Avda. Castrelos, 1)
IMPORTANTE: O transporte do alumnado ao pavillón das Travesas vai pola
conta do centro escolar
Os datos que se van pedir cando chamen por teléfono para solicitar a actividade son:
1.- número exacto de alumnos/as
2.- centro escolar
3.- persoa de contacto para esta actividade e correo electrónico desta persoa de
contacto
4.- teléfono de contacto
PRAZAS VACANTES

Día 5 (mércores) de abril de 12:00 a 13:40
15 prazas vacantes

Día 6 (xoves) de 12:00 a 13:40
12 prazas vacantes

 De estar interesados, deben charmar ao teléfono 986 81 02 81 para facer a reserva

Todos os datos sobre a actividade na ficha que está ARRIBA.

luns, 13 de marzo de 2017

ACTIVIDADE DE NORMALIZACIÓN PARA PRIMARIA MAGAS

As concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística dirixímoslle ao alumnado de Primaria unha nova actividade: MaGas.
Queremos achegarlle mulleres senlleiras en diferentes ámbitos artísticos, científicos, laborais, deportivos... a través dunha contada, acompañada por ilustracións. Ao remate haberá unha rolda de intervencións.
Esta actividade comezou no mes de marzo, que se dedicou a Ángeles Alvariño, oceanógrafa. Agora, continuamos esta andaina coñecendo a Maruja Mallo, pintora.
Esta actividade é realizada por Polo correo do vento.
Data Alumnado Horarios (hai que escoller un horario)
4 de abril 4.º de primaria de 10:00 a 11:30, ou ben, de 12:00 a 13:30
5 de abril 5.º de primaria de 10:00 a 11:30, ou ben, de 12:00 a 13:30
A actividade terá lugar no Auditorio municipal situado na praza do Rei, núm. 1.

IMPORTANTE: O transporte do alumnado vai pola conta do centro escolar.
É necesario indicar o número de alumnos/as e o número de profesores/as que vai asistir.
Cada centro poderá reservar un máximo de 50 prazas (máis o profesorado).

IMPORTANTE: cada alumno/a debe levar libreta e lapiceiro, non se necesita goma de borrar.

COMO SOLICITAR A ACTIVIDADE
Deberá chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 13:00 a 14:00 a partir do mércores 22 de marzo (inclusive).

1 Continuará este programa no mes de maio (días 25 e 30), no que lle dedicaremos esta actividade á investigadora e veterinaria Rebeca Atienza que traballa cos primates na selva do Congo.

venres, 10 de marzo de 2017

O Pergameo Vindel exporase finalmente no Museo do Mar

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/pergameo-vindel-exporase-finalmente-no-museo-do-mar/20170303172653055430.html

IV Concurso de Fotografía convocado polo Museo Liste de Vigo 2017


     Bases                                                                                                  

1.  Aspectos xerais: IV convocatoria do Concurso de Fotografía convocado polo Museo Liste de Vigo co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos, co que se pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos e etnográficos da nosa cidade.
As fotografías a concurso serán valoradas atendendo, principalmente, a tres criterios:
-  Estético: valorarase a beleza da fotografía e a sensibilidade á hora de recoller certos aspectos que singularicen e dignifiquen o elemento fotografado.
-  Técnico: valoraranse aspectos puramente asociados á técnica desta arte.
-  Documental: valorarase que as fotografías presentadas acaden o valor de documento gráfico como forma de recoller e difundir coñecemento.

2.  Temática: “Arquitectura da cidade de Vigo”. O tema proposto para este ano ten a intención de recoller testemuñas arquitectónicas cos máis diversos criterios. Os participantes poderán atender a calquera aspecto arquitectónico que consideren: edificios de estilos determinados, restauracións ou rehabilitacións, feismo arquitectónico, urbanismo, arquitectura popular e construcións adxectivas,
Os elementos fotografados deberán estar presentes a día de hoxe na cidade. Han de ser fotografías actuais realizadas ex profeso para o concurso. É imprescindible que xunto cos datos do participante aparezan identificados coa súa localización os elementos fotografados.
3.  Participantes e número de obras: poderá participar todo aquel que o desexe con un número máximo de tres fotografías, se ben nunca recaerán dous premios no mesmo participante.
4.  Categorías: establécense dúas categorías de participación: 1º categoría: participantes ata 18 anos.
2º categoría: participantes a partir dos 18 anos.

5.  Premios: establécense 3 premios por categoría. Os autores das obras gañadoras recibirán unha figura conmemorativa e a exposición da súa obra durante un  período de 15 días na sede da Fundación Liste - Museo Etnográfico de Vigo.


Aínda que o concurso convócase co gallo do Día Internacional dos Museos, a entrega de premios e a inauguración da exposición das fotografías premiadas realizarase o día 17 de maio, “Día das Letras Galegas” a partir das 12:30 h. na sede do Museo por ser festivo na nosa Comunidade.

6.  Presentación das obras, identificación e envío: As fotografías serán enviadas por correo electrónico en arquivos axuntos de xeito individual (un arquivo por fotografía). O seu tamaño deberá ser de 2362 x 3543 píxeles, ou ben 20 x 30 cm. cunha resolución mínima de 300 puntos por polgada e en formato jpeg. Non se admitirán fotomontaxes.
As fotografías serán enviadas en arquivo axunto cuxo nome será o título da mesma, mentres que no texto da mensaxe especificaranse os datos do participante que deberán incluír: categoría na que participan (idade se é menor de idade); nome e apelidos do concursante; dirección postal (domicilio, código postal, poboación, provincia); dirección de correo electrónico e teléfono de contacto; título da foto e lugar de realización da mesma.
O enderezo de envío é: didactica@museoliste.org. Será enviado correo de confirmación de recepción.
Todas as obras presentadas deberán ser orixinais, inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún concurso.
É imprescindible o cumprimento das devanditas bases.
7.  Prazo de admisión das obras: ata o 25 de abril de 2017.
8.  Selección de obras, xurado e fallo: o xurado encargado de seleccionar as obras gañadoras estará formado por expertos en fotografía, membros do padroado da Fundación Liste e persoal técnico do Museo. O fallo do xurado será comunicado aos gañadores vía telefónica e publicado na páxina web do Museo e en prensa a partir do 12 de maio de 2016.
9.  Outros:
-   Cesión dos dereitos de reprodución das fotografías gañadoras sempre que  se mencione o autor e teña como fin a divulgación e promoción cultural e, en calquera caso, sen ningún tipo de beneficio económico.
-   Os autores responsabilizaranse da autoría e orixinalidade das obras presentadas así como de que non existan dereitos de terceiros sobre as mesmas e de calquera reclamación que por dereitos de imaxe puidera formularse.
-   O feito de participar implica a aceptación íntegra das presentes bases.
-   En todo aquilo non previsto nestas bases, a Fundación Liste - Museo Etnográfico de Vigo resolverá o que proceda.

10.  Información: a través dos teléfonos 986244698 ou 986236767 e a través do enderezo didactica@museoliste.org.

BIBLIOTECAS VIVENTES: " O GALEGO DÁ XOGO"

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Bibliotecas Viventes “O galego dá xogo”

Unha Biblioteca Vivente é unha biblioteca na que os libros son persoas; persoas con historias singulares, coñecementos e experiencias sobranceiras en determinados campos. A intención desta actividade, desta Biblioteca Vivente, é evidenciar a existencia de prexuízos lingüísticos para poder rachar con eles, dignificar a nosa lingua e fomentar o seu uso entre a mocidade.

Datas: 5 (mércores) e 6 (xoves) de abril

Horario: hai que escoller un horario, 1 sesión por centro de ensino de 10:00 11:40  ou de 12:00 a 13:40

Dirixido a: alumnado 4.º ESO e Bacharelato 
Número de participantes: máximo 72 en cada sesión
Lugar de realización da actividade: no pavillón das Travesas (Avda. Castrelos, 1)

IMPORTANTE: O transporte do alumnado ao pavillón das Travesas vai pola conta do centro escolar

 Os datos que se van pedir cando chamen por teléfono para solicitar a actividade son:

1.-       número exacto de alumnos/as 
2.-       centro escolar
3.-       persoa de contacto para esta actividade e correo electrónico desta persoa de contacto
4.-       teléfono de contacto


 Para   solicitar   a   actividade   é   necesario   que   chamen   ao teléfono 986 81 02 81 os días 20 (luns), 21 (martes) de    marzo
de 13:00 a 14:00




Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 61 63 64 Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego