martes, 25 de outubro de 2011

MADE IN GALIZA

Aquí vos deixo o último de Séchu Sende " Made in Galiza". Espero que vos sexa de utilidade!

E unha maneira complementaria de explicar parte do programa de sociolingüística de 2.º de Bacharelato. Nos apartados titulados  pouquiño sobre a conveniencia ou non do seu uso na clase. Evidentemente a guía pode ser utilizada con outros cursos da ESO ou de 1 .º de Bacharelato en caso de que se recomende a lectura do libro ou para facilitar a comprensión dos conceptos de sociolingüística incluídos no programa de cada curso. Xa que logo esta guía, ademais de servir como apoio á lectura de didáctico para fomentar o debate sobre as actitudes e os comportamentos ante a lingua galega entre o alumnado. Así mesmo recomendamos a lectura de  in Galiza  por Séchu Sende son realidades cotiás na nosa sociedade e son ideais para provocar nos asistentes aos cursos unha fonda reflexión sobre a actitude de cadaquén ante a situación da lingua galega. Algo moi necesario para que cada cidadán libremente tome consciencia e decida a súa posición ante a responsabilidade que temos de conservar e transmitir un ben colectivo como é a lingua galega.

domingo, 23 de outubro de 2011

FALEMOS GALEGO XA!

CANTIGA DE AMIGO

MÁIS CANTIGAS DA LÍRICA GALAICO-PORTUGUESA

CANTIGA DE MAIO: O QUE NA GUERRA LEVOU CAVALEIROS

LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA: AI FLORES DO VERDE PINHO

ONDAS DO MAR DE VIGO. VOZ DE MULLER.

ONDAS DO MAR DE VIGO

CÁLCULOS NUNHA CRISE. NLCAMPOLONGO

PRIMEIRO DANCHE PREMIOS E LOGO CHÁMANCHE XABARDO. NLCAMPOLONGO.

venres, 21 de outubro de 2011

Páxina no Facebook da Cgendl: Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística.

PROPOSTA PARA AS DERRADEIRAS VONTADES: CEIP CAMPOLONGO

SAMAÍN: A NOITE DE UNIÓN DOS DOUS MUNDOS

Texto por Bea Cornide
Son moitas as manifestacións que se estiman como anuncios de morte: o canto do moucho ao lado da casa, o do corvo e o seu voo, o canto da curuxa, o ouveo dun can, o canto do galo á hora de ir ao galiñeiro, o repenicar coincidente das campás en varias parroquias á mesma hora, notar olor a incenso e o olor forte a aceite durante a tarde ou a noite. Tamén o son que se apague un cirio aceso nun funeral ou notar olor a cera nun cruce de camiños. Porén, a máis coñecida é a aparición da Santa Compaña.
Segundo a tradición galega, a Santa Compaña é unha procesión de almas en pena vestidas con túnicas negras con capucha que parten dunha igrexa cada noite sobre as doce para reclamar as almas dos que van morrer pronto. Esta procesión fantasmal está formada por dúas filas, cada espectro leva unha candea acesa e o seu paso deixa un olor a cera no aire. As candeas que levan non hai quen as apague, xa que son ósos de defuntos. Son un mínimo de cinco que portan a cruz, o estandarte, o caldeiro con auga bendita, o farol e por último a campá. Diante da Compaña vai un cristián acompañándoa e portando unha cruz que, para se librar dela, debe esperar a que outro cristián se cruce no seu camiño; daquela entregaralle a este a cruz que levará durante o resto da súa vida, de non ser que se cruce con outro mortal.
É unha crenza xeral que os que van na Compaña solo van en espírito, o seu corpo queda na cama e non responderá aínda que o chamen. Quen realiza esa función non recordará durante o día o transcorrido na noite. Unicamente se poderá recoñecer ás persoas penadas con ese castigo pola súa estrema delgadeza e palidez. Cada noite a luz da procesión será máis intensa e cada día a palidez será maior. Non lles está permitido descansar ningunha noite, polo que a saúde irá debilitándose ata enfermar sen que ninguén saiba as causas de tan misterioso mal. Condenados a vagar noite tras noite ata que morran ou se atopen con algún incauto ao que cambiarlle o papel.
Camiñan rezando case sempre un rosario, cánticos fúnebres e tocando unha pequena campá. Ao seu paso cesan todos os ruídos dos animais do bosque. É unha crenza xeral que os animais a ven, por iso que os cabalos ou as vacas se asusten pola noite sen motivos é un indicio de que está cerca. Os cans anuncian a súa chegada ouveando de forma desmedida e os gatos escapan espantados.
Quen presencie o paso da Compaña poderá coñecer quen vai morrer porque estará situado detrás do ataúde e coa vela máis pequena da procesión. Se llo conta ao interesado, este vivirá bastantes anos máis.
Non todos os mortais teñen a facultade de ver cos ollos a Santa Compaña, só certos dotados teñen a facultade de vela, entre eles os nenos aos que o sacerdote bautizou por erro usando os santos óleos dos defuntos, posuirán de adultos o don de ver a aparición. Os demais deberán conformarse con sentila ou intuíla.
Para liberarse da obriga de acompañar a Santa Compaña hai moitos modos, o mais estendido é que quen a vexa debe trazar un círculo no chan e meterse dentro del, e para que sexa máis eficaz debe facerse cunha pola de oliveira. Outras veces dentro do círculo debúxase dentro del unha estrela salomónica. Tamén se recomenda apartarse do seu camiño e facer que non está; se non se aparta un ben e lle poñen unha vela na man, estará obrigado a acompañalos; por iso cómpre levar as mans pechadas e rezar un “Nosopai” polas almas ou ben levar os brazos cruzados.
Outras técnicas para liberarse da obriga é rezar e intentar non oír nada, subirse ao pedestal dun cruceiro, tirarse boca abaixo e esperar sen moverse aínda que lle pase a comitiva por riba, levar encima escapularios, cruces, allos ou castañas de indias.
Tamén se di que a Santa Compaña pode ofrecer unha suculenta mesa a quen a atope. Á persoa que probe estes alimentos levaraa con ela. É preciso negarse a comer desta mesa, porén é obrigatorio comer do que un leve ou facer que come, sempre que o leve gardado no peto. Desa maneira déixano marchar. Por iso se recomendaba levar sempre algo de pan no peto aínda que fosen faragullas.
Pódese aparecer en diferentes lugares, pero predominan os cruzamentos de camiño. Hai datas concretas nas que se di que hai máis aparicións coma por exemplo a Noite de Todos os Santos (entre o 1 e o 2 de novembro) ou a noite de San Xoán (24 de Xuño)
A influencia da cultura céltica sobre a poboación galaica debeu ser moi importante, e isto pode explicar por que existen na actualidade no noso folclore lendas ou crenzas que cadran coas dos países célticos. A Santa Compaña galega é moi similar á “Fairy Host” irlandesa, a “Sluagh” de Escocia ou ao “Toili” de Gales. Ramón Otero Pedrayo falaba das fadas e dos defuntos que no tempo do Samaín, en Irlanda, bebían nas fontes do esquecemento…

O SAMAÍN

Texto por Bea Cornide

cabaza de samain
A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor aos defuntos, marcando a transición do outono ao inverno nesa noite. Os celtas crían na inmortalidade das almas e tiñan unha preocupación especial polos queridos defuntos expostos ao frío, a escuridade do inverno, a intemperie e a tristura dos camposantos. A noite do Samaín foi habitualmente descrita coma unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesa data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o do alén, dándolle a xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos. Esa noite non se saía da comunidade, reuníanse todos os veciños ao redor dunha cacharela e prendían un lume sagrado de pólas de teixo, coas que serían alimentadas as lareiras de todas as casas, despois preparaban alimentos e agasallos para os que os parentes finados puidesen volver visitar as súas vellas casas, comer nas mesas e quentarse ao carón do lume da lareira.
A festividade duraba unha semana e finalizaba coa festa dos mortos, e con ela comezaba o ano novo celta. Esta festa era unha das máis importantes, xa que celebraban a comuñón do que sería para nós o “ceo e a terra”. Para eles o lugar dos mortos era un lugar de felicidade perfecta na que non existen nin a fame nin a dor. Os celtas celebraban esta festa cos ritos nos que os druídas facían de médium e se comunicaban cos seus antepasados esperando seren guiados nesta vida cara á inmortal.

CRISTIANIZACIÓN DA FESTA
Como ocorreu con moitas outras, para poder perdurar tivo que cristianizarse. Ao longo do tempo a Igrexa foi modificando esta celebración, dedicaban ese día a “Todos os Mártires” xa que a festividade de “Todos os Santos”, en memoria dos santos anónimos, era o 13 de maio ata que no s. XVIII a cambiaron para o 1 de novembro. No s. IX ordenouse que a festa a Todos os Santos se celebrara universalmente e que o día anterior fose un día de vixilia para preparar a festa que resultou coincidir coa celebración pagá do Samaín o 31 de outubro (agora chamado Halloween, nome que provén da frase “All hallow´s Eve” ou “véspera de Todos os Santos” entre os anglosaxóns, que nada ten que ver coa festa cristiá de Todos os Santos)

MANIFESTACIÓNS DO SAMAÍN EN GALICIA
Segundo as nosas vellas tradicións, as almas viñan á terra no Día de Defuntos con moi diversas fins. Por iso nuns lugares púñanlles de comer, para que non pasasen fame; noutros botaban ese día un gran pau ao lume, para que se quentasen no caso de ter frío; noutros era considerado pecado varrer pola noite a cociña porque se lles daba para atrás, impedíndolles que se acheguen á lareira; e noutros tense por acción inhumana pechar de golpe as cancelas ou portelos, porque se mancaban.
Era habitual neste día coller cabazas, tallalas cunhas caras feroces e deixalas nos camiños para asustar os camiñantes ou deixalas na porta da casa cun anaco de pan e facer colares con castañas novas. En Quiroga (Lugo) é tradicional secar a cabaza tallada e conservala para usar de máscara polo Entroido.
En Galicia tamén é tradicional neste día celebrar o Magosto.
Este costume coincide co antigo celta do Samaín, no que eran os cranios dos inimigos os que brillaban na escuridade con candeas no seu interior.

CLUBE DE DEBATE. Bases certame de debate.

OBRADOIRO DE PLASTELINA. E. INFANTIL

OBRADOIRO DE CIENCIAS: AS NOSAS ÁRBORES

OBRADOIROS DE CIENCIAS: ESENCIAS A PARTIR DE PLANTAS AROMÁTICAS

ACTIVIDADE DE CIENCIAS: CREMA DENTRÍFICA

ACTIVIDADE DE CIENCIAS: CIENTÍFICOS TOLOS