domingo, 24 de novembro de 2013

PANXOLIÑAS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Panxoliñas

 Desta volta o bardo Abelardo cántalle ao Nadal. Son contos e cancións referentes a esta época do ano. Como é habitual chamará á participación de todos os nenos e nenas para celebrar o Nadal dun xeito diferente, utilizando o poder da imaxinación e acompañándose da súa inseparable concertina.

 Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de infantil (4 e 5 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 2 de decembro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 2 de decembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h




Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.orgg / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Panxoliñas
para infantil 4 e 5 anos

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 2 de decembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).


DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________

Teléfono: ____________________________


Número máximo de participantes nun grupo: 80 (poderíase aumentar o número de participantes se o centro de ensino ten a infraestrutura apropiada, consultar isto con Servando Barreiro 671 88 30 26)


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade:

______ 12 decembro (xoves), 10:00 h               ______ 17 decembro (martes), 10:00 h
______ 12 decembro (xoves), 12:00 h               ______ 17 decembro (martes), 12:00 h
______ 13 decembro (venres), 10:00 h             ______ 18 decembro (mércores), 10:00 h
______ 13 decembro (venres), 12:00 h             ______ 18 decembro (mércores), 12:00 h
______ 16 decembro (luns), 10:00 h
______ 16 decembro (luns), 12:00 h



Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

NOVAS DA CGENDL

Prezados/as amigos/as,
Apenas queda unha semana para as VI XORNADAS DE MATERIAIS DIDÁCTICOS: Recursos e materiais didácticos para o ensino en galego, un encontro coorganizado pola CGENDL e a Nova Escola Galega que se vai celebrar os días 29 e 30 novembro na Facultade de Ciencias de Educación (USC) de Santiago de Compostela. Unha vez, animámosvos a participar nesta actividade homologada pola Consellería (12h) e que este curso vén substituír os Encontros de Docentes pola Normalización que viñemos celebrando nos anos anteriores.
As persoas interesadas en recibir a homologación de relatores deben matricularse no curso a través da páxina da Nova Escola Galega (acceso á  inscrición). No caso dos/as docentes aos que non lles interese o título só teñen que inscribir a experiencia, pero non pagar a matrícula. Terán un xustificante de participación pero non homologado pola Consellería. Aproveitamos tamén para recordarvos que entre todos e todas podemos contribuír a dotar de material o apartado de recursos que hai na nosa páxina web e que é de acceso público. Nese espazo, ademais de poder consultar un amplo abano de propostas para desenvolverdes co voso alumnado, podedes achegar a través deste formulario aqueles materiais que consideredes que poden ser de utilidade para traballar tanto nas diferentes áreas do currículo como nas diferentes actividades que levan a cabo os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
Así mesmo, a CGENDL estará presente na Xornada Formativa de Docentes, "Afondando nas Ferramentas TIC para a Escola",  que se celebra no marco do Culturgal. A Feira das Industrias Culturais, que se celebra en Pontevedra entre o venres 29 de novembro e o 1 de decembro. A Coordinadora organiza a Mesa de Experiencias Escolares, nas que estarán presentes o proxecto SonCine (IES de Porto do Son), Ponte en Galego (IES de Breamo de Pontedeume), Trivial Terra de Melide (IES de Melide) e o Proxecto Enredamos (CEIP de Campolongo de Pontevedra). A inscrición faise a través da aplicación fprof.
Por último, informámosvos que na V Asemblea da CGENDL houbo novidades relativas ao novo Consello Directivo e á Organización da entidade, que podedes consultar directamente na nosa páxina web.
Saúdos normalizadores

CGENDL 

A FILLA DO FILÓSOFO , de Elena Poniatowska en Galaxia

Dispoñemos do libro da autora gañadora do premio Cervantes A filla do filósofo en Galaxia:





Fernando Fernández
Editorial Galaxia, s.a.
tel 629 849791
www.editorialgalaxia.com

O APALPADOR. UNIDADE DIDÁCTICA.

Car@s companheir@s,
Disponibilizamos nas seguintes ligaçons a unidade didática sobre o Apalpador que a Fundaçom Artábria elaborou no ano 2012. Esta é umha pequena achega para ajudar a dar a conhezer entre crianças a figura da mítica personagem do natal galego, O Apalpador.


Para qualquer questom ou dúvida nom tedes mais que pôr-vos em contato com nos por telefone (Vitor: 635 074 071)
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF):  G15645518.
Morada:  Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social:  +34 981369099
Fax do Centro Social:  +34  981369920

Sítio webda Fundaçom Artábria

http://www.artabria.net

VI XORNADAS DE MATERIAIS DIDÁCTICOS

Prezados/as amigos/as,
Tal e como vos estivemos informando nas pasadas semanas, a Coordinadora Galega de ENDL coorganiza xunto con Nova Escola Galega as VI XORNADAS DE MATERIAIS DIDÁCTICOS: Recursos e materiais didácticos para o ensino en galego, que se van celebrar os días 29 e 30 novembro en Santiago de Compostela.
Ademais de ser unha actividade que ten a homologación da Consellería por un total de 12h para os asistentes, queremos resaltar que a sesión do sábado pola tarde responde ao espírito dos que foron os nosos Encontros de docentes pola normalización que celebramos os tres cursos pasados e que este ano xa non faremos de xeito independente, xa que realizan dentro do marco destas Xornadas.
Dende a CGENDL consideramos que, no momento no que estamos, este é un encontro importante para difundir e coñecer experiencias e materiais didácticos innovadores, así como para a creación autónoma de recursos e materiais educativos en galego para todos os niveis educativos.  Aínda que sigamos a partillar materiais na nosa web, é fundamental tamén coñecer como se elaboraron e que resultado deron moitos dos recursos. De aí que sexa imprescindible que acudades, cando menos o sábado á tarde, ben a mostrar os vosos materiais e/ou recursos educativos feitos en galego ou para a promoción deste idioma, ben a ver os que hai e a tomar contacto cos seus autores/as.
As persoas interesadas en recibir a homologación de relatores deben matricularse no curso a través da páxina da Nova Escola Galega (acceso á inscrición). No caso dos/as docentes aos que non lles interese o título só teñen que inscribir a experiencia, pero non pagar a matrícula. Terán un xustificante de participación pero non homologado pola Consellería. 
Na vindeira fin de semana poñerémonos de novo en contacto convosco para enviarvos a listaxe das experiencias que se van presentar.
Aproveitamos tamén para recordarvos que entre todos e todas podemos contribuír a dotar de material o apartado de recursos que hai na nosa páxina web e que é de acceso público.
Nese espazo, ademais de poder consultar un amplo abano de propostas para desenvolverdes co voso alumnado, podedes achegar a través deste formulario aqueles materiais que consideredes que poden ser de utilidade para traballar tanto nas diferentes áreas do currículo como nas diferentes actividades que levan a cabo os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Se tedes calquera dúbida ou problema á hora de cumprimentar o formulario e enviar os recursos, escribide a correo@coordinadoraendl.org.
A normalización do noso idioma e a formación do noso alumnado son tarefas colectivas nas que cada un/unha de nós pode contribuír modestamente.
Saúdos normalizadores

CGENDL 

sábado, 16 de novembro de 2013

ELABORACIÓN DE ACEITES ESENCIAIS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias: Elaboración de aceites esenciais a partir de plantas aromáticas

A través da exposición de dez plantas aromáticas falaremos das súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terreos nos que medran, simboloxía, tradición oral, toponimia, variantes...
Proceso de destilación que dá como resultado unha auga floral con trazos de aceite esencial de planta.

Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de 6.º de primaria

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 998 706


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 19 de novembro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 19 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h


Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de aceites esenciais a partir de plantas aromáticas para 6.º de primaria


Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 19 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h


Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).


DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________

Teléfono: ____________________________


Número máximo de participantes nun grupo: 30


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 8) para a participación na actividade:

______ 25 novembro (luns), ás 9:30 h
______ 25 novembro (luns), ás 12:00 h
______ 26 novembro (martes), ás 9:30 h
______ 26 novembro (martes), ás 12:00 h
______ 27 novembro (mércores), ás 9:30 h
______ 27 novembro (mércores), ás 12:00 h
______ 28 novembro (xoves), ás 9:30 h
______ 28 novembro (xoves), ás 12:00 h


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

PRAZAS VACANTES PARA A ACTIVIDADE " ACHÉGATE AOS MONICREQUES"

O desprazamento ao Verbum é pola conta do centro escolar
Para anotarse deben chamar ao teléfono 986 81 02 81
 Prazas vacantes (incluído o profesorado)
 38 prazas o martes 19 ás 12:00
13 prazas o mércores 20 ás 10:00
41 prazas o mércores 20 ás 12:00
22 prazas o venres 22 ás 10:00
38 prazas o venres 22 ás 12:00
38 prazas o mércores 27 ás 10:00
40 prazas o mércores 27 ás 12:00
42 prazas o xoves 28 ás 12:00

TEATRO LIDO

Este é un taller dirixido a persoas que queiran mellorar a súa expresión en galego a través do teatro lido.
O taller ten un dobre obxectivo:
1.- traballar o idioma galego, lonxe de prexuízos, coñecer o pensamento e o teatro de Castelao
2.- falar en público e representar a obra “Os vellos non deben namorarse” en formato: teatro lido
Outro aspecto importante, será amosar aos demais o froito do noso traballo a través dun pequeno espectáculo.
Isto implica, en moitos casos, non só ter que interrelacionarse co público: falar nun auditorio, representar... senón tamén expoñerse a opinión dos demais.
Isto é a posta en valor do idioma galego a través do noso teatro.
Taller impartido pola actriz: Uxía Blanco
Taller gratuíto de 8 días: 25 e 27 de novembro e 2, 4, 9, 11, 16 e 18 de decembro
Horario: de 17:30 h a 20:00 h
Lugar: salón de actos do Instituto Municipal de Educación (IME), camiño do Chouzo, núm. 2
Para inscribirse deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 h a 14:00 h do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo (organizador do taller a través do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo)

BUSCANDO UNHA ESTRELA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Buscando unha estrela

Actividade baseada na cantiga que leva o mesmo nome do recopilatorio “O Quiquiriquí. Cantos para o Nadal”.
A partir da letra desta cantiga crearemos a historia da nosa estreliña perdida no Nadal, que vai buscando a un neniño que ten que alumear.
Utilizarase un modelo para decorar as páxinas de maneira festiva e o alumnado levarase consigo o seu conto creado por eles/as mesmos/as.


Duración: 1 hora e media

Dirixido a: alumnado de infantil (3 e 4 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino.

Necesidades da actividade: material plástico do que dispoñan (pegamentos, ceras, etc.)

Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con María Soliño 627 625 870

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 26 de novembro ao correo electrónico  actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 26 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h


Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Buscando unha estrela para infantil (3 e 4 anos)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 26 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).


DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________

Teléfono: ____________________________


Número máximo de participantes nun grupo: 15


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 20) para a participación na actividade:

______ 9 decembro (luns), 9:30 h                      ______ 16 decembro (luns), 9:30 h
______ 9 decembro (luns), 12:00 h                    ______ 16 decembro (luns), 12:00 h
______ 10 decembro (martes), 9:30 h               ______ 17 decembro (martes), 9:30 h
______ 10 decembro (martes), 12:00 h             ______ 17 decembro (martes), 12:00 h
______ 11 decembro (mércores), 9:30 h           ______ 18 decembro (mércores), 9:30 h
______ 11 decembro (mércores), 12:00 h         ______ 18 decembro (mércores), 12:00 h
______ 12 decembro (xoves), 9:30 h                 ______ 19 decembro (xoves), 9:30 h
______ 12 decembro (xoves), 12:00 h               ______ 19 decembro (xoves), 12:00 h
______ 13 decembro (venres), 9:30 h               ______ 20 decembro (venres), 9:30 h
______ 13 decembro (venres), 12:00 h             ______ 20 decembro (venres), 12:00 h


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

PREPARANDO A CHEGADA DO APALPADOR A VIGO

O martes pasado axentes da cultura viguesa en prol da lingua e cultura galegas ( editores, asociacións veciñais, SNL do Concello de Vigo, CDEDLG de Vigo, e outros actores), convocados pola Asociación  PERTENZA, grupo defensor da identidade, cultura e lingua galegas, reunímonos no Hotel " Los Galeones" para poñer en marcha unha acción conxunta que poña en valor na nosa cidade a figura do Apalpador.
As diversas propostas saen dun grupo de traballo conxunto que se materializará nunha exposición e promoción pola cidade desta figura nas datas de arredor doNadal e Nadal.
De todo o que aconteza ireivos informando puntualmente. polo de agora, achégovos o libro " Antón e O Apalpador", publicado por Barafunda que tamén participa nesta organización. 
http://apalpador.es/
 

sábado, 9 de novembro de 2013

Convite para participar no programa "O QUE FALAS, FALA DE TI"


O QUE FALAS, FALA DE TI,  é unha actividade de formación para a Comunidade educativa desde o CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE VIGO. 

A linguaxe e as formas de comunicación determinan o clima social e a convivencia. A través deste programa preténdese destacar a importancia da linguaxe nas relacións co entorno. Con esta iniciativa recolleranse as boas prácticas que se están levando a cabo nos centros educativos do Concello de Vigo así como fomentar que se desenvolvan novas iniciativas.

A actividade  está dirixida a todos os membros da comunidade educativa. Os interesados poderán inscribirse nela a través do enlace web “www.cemv.vigo.org


A Xornada está prevista para abril, cunha sesión inicial de preparación no trimestre actual.


xoves, 7 de novembro de 2013

CONVITE " O APALPADOR"

O colectivo PERTENZA, grupo defensor da identidade, lingua e cultura galegas, convídate á xunta que se vai celebrar en Vigo, ás 20:00 horas do vindeiro 12 de novembro, terza feira, no hotel Los Galeones, na avenida de Madrid, 21 (ao carón do hospital Cíes) para debatermos a posibilidade de desenvolvermos, durante o mes de decembro, actos que dean a coñecer, ou espallen, o personaxe do Apalpador, figura propia do tempo de Nadal.

ACHÉGATE AOS MONICREQUES

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

Achégate aos monicreques

HISTORIA DA COMPAÑÍA :
Tanxarina leva 30 anos adicándose á produción e distribución de espectáculos de monicreques, dirixidos a todo tipo de públicos e desenvolvendo unha variada proposta de cursos para escolares e educadores.
Os seus bonecos dende sempre falan galego, e os seus creadores: Tatán, Miguel e Andrés ofrécennos nesta ocasión un encontro didáctico para que coñezamos dunha forma máis directa e divertida o traballo dun titiriteiro e as actividades dunha compañía teatral.

CONTIDOS DA ACTIVIDADE:

1- Un percorrido teórico:
 -Pequena introdución narrativa da historia da compañía: traxectoria, espectáculos, anécdotas...
 -Tipos de bonecos e formas de manipulación: títeres de luva, sombras chinesas, marotes, marionetas de fíos...
            
2- Un percorrido sensorial e visual a través de pequenas historias do seu repertorio, contadas e faladas polos propios bonecos.


Preguntas como: Que é un títere? Como se move? Como fala? Que técnicas existen? Quen os manexa? Cal é a historia da Compañía Tanxarina?…  terán resposta.

OBXECTIVOS:
- Dar apoio e motivación ao teatro que se fai nos centros escolares coa presentación das múltiples posibilidades do teatro de monicreques e a súa posta en escena.
- Promover o uso do galego na actividade teatral: dende sempre Tanxarina e os seus bonecos falan galego.

TODOS ESTES BONECOS …
Contaránnos a súa historia da man dos seus creadores, dunha maneira divertida e directa e xogaran cos asistentes representando pequenas historias do repertorio de Tanxarina

Duración: 1 hora

Días: martes 19, mércores 20, xoves 21, venres 22, martes 26, mércores 27 e xoves 28  de novembro

Horario: ás 10:00 h ou ás 12:00 h

Dirixido a: escolares de idades comprendidas entre 6 e 11 anos

Número máximo de participantes: 90 (incluído o profesorado)


Lugar de realización da actividade: no Verbum (avda. Samil, 17)
O transporte é pola conta do centro escolar.


Cada centro poderá reservar una máximo de 50 prazas (máis o profesorado) queremos que haxa máis posibilidades para todos os centros de ensino).



COMO SOLICITAR A ACTIVIDADE
Deberá charmar ao teléfono 986 81 02 81 de 13:00 h a 14:00 h a partir do luns 11 de novembro (inclusive)









ELABORACIÓN DE CREMA HIDRATANTE

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias: Elaboración de crema hidratante

Neste obradoiro ollaremos o proceso de elaboración dunha crema hidratante O/W (aceite en auga) a través dunha emulsión con cera de abellas. Será recorrente falarmos das distintas fases, os diversos emulxentes e os conservantes. E a cera de abellas permitirá falarmos dos graves problemas que está a pasar este animal tan necesario nas nosas vidas.

Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de ESO, BAC e FP

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 998 706



Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 13 de novembro ao correo electrónico  actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 13 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h






Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de crema hidratante para ESO, BAC e FP


Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 13 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h


Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).


DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________

Teléfono: ____________________________


Número máximo de participantes nun grupo: 30


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 8) para a participación na actividade:

______ 20 novembro (mércores), ás 9:30 h
______ 20 novembro (mércores), ás 12:00 h
______ 21 novembro (xoves), ás 9:30 h           
______ 21 novembro (xoves), ás 12:00 h
______ 22 novembro (venres), ás 9:30 h
______ 22 novembro (venres), ás 12:00 h
______ 25 novembro (luns), ás 9:30 h
______ 25 novembro (luns), ás 12:00 h


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

FOTOCOL DA CAMPAÑA : " GÚSTAME O GALEGO DE PRIMEIRA"


O Concello, xunto coa Universidade de Vigo, a Fundación Celta de Vigo e o Real Club Celta están desenvolvendo a campaña de dinamización da lingua
galega “Gústame o galego de primeira”.“Gústame o galego” www.gustame.gl) é unha campaña de normalización da lingua de noso que se vén realizando por todo o país e cuxo obxectivo é sumar apoios a prol da lingua galega e visualizalos.
“Gústame o galego de primeira” suma os apoios individuais e colectivos de xogadores, cadro técnico e da propia entidade. Sabemos da importancia de termos referentes en calquera actividade da nosa vida, e somos tamén conscientes da relevancia que as e os deportistas teñen entre a mocidade.
Este Celta que tira da xente da casa, que ten xogadores vigueses e galegos había ser o referente para levar a cabo unha acción normalizadora da lingua galega.
Saudamos e queremos resaltar o apoio inmediato do Real Club Celta e da Fundación Celta de Vigo cando se lles presentou esta actuación, e dende logo o compromiso dos xogadores (tanto os galegos como os de fóra) e tamén do propio adestrador á hora de participar na campaña.
Pero o Celta non só son os xogadores nin adestrador, o Celta somos os seareiros e seareiras que o seguimos decote. E o galego hemos de o ser todas e todos, cómpre sermos seareiras e seareiros do galego!
E para demostrarmos ese apoio e visualizalo, este sábado a partir das 19:00 h, poderemos facernos unha foto co lema da campaña que escollamos. Será en Balaídos, entre Marcador e Tribuna estará todo disposto para que nos acheguemos a darlle o noso apoio a lingua galega. Dende ás 19:00 h e até o comezo do partido (22:00 h).
Conscientes do tirón que ten o Celta entre a mocidade, solicitámosvos que lle fagades saber o voso alumnado desta actividade e que lle acheguedes información e a autorización que vos enviamos. Esta autorización cómpre que veña asinada por nai/pai, titor ou titora xa que de non ser así non poderán ser fotografados.
Quen se achegue facer fotografía recibirá un agasallo da campaña, e formará parte do fotocol resultante.
Podedes obter máis información na páxina: www.gustame.gl

venres, 1 de novembro de 2013

OBRADOIRO CIENCIAS: ELABORACIÓN DE SALES DE BAÑO

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias: Elaboración de sales de baño

O romeu, a herba cidreira, a lavanda, o cravo, a canela, o sal ou a reladura de limón adéntrannos no campo dos aromas e métodos beneficiosos para o coidado da pel e o acougo do corpo. O obradoiro de sales de baño permítenos, ademais da súa elaboración, a fixación do léxico das especias e das herbas aromáticas.


Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de 4.º e 5.º de primaria

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 998 706





Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 8 de novembro ao correo electrónico  actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 8 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h






Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de de sales de baño para 4.º e 5.º de primaria


Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 8 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h


Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).


DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________

Teléfono: ____________________________


Número máximo de participantes nun grupo: 30


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade:

______ 18 novembro (luns), ás 9:30 h              ______ 21 novembro (xoves), ás 9:30 h
______ 18 novembro (luns), ás 12:00 h                        ______ 21 novembro (xoves), ás 12:00 h
______ 19 novembro (martes), ás 9:30 h          ______ 22 novembro (venres), ás 9:30 h
______ 19 novembro (martes), ás 12:00 h        ______ 22 novembro (venres), ás 12:00 h
______ 20 novembro (mércores), ás 9:30 h
______ 20 novembro (mércores), ás 12:00 h




Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

CANTAMOS CONTOS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Cantamos contos

Coa escusa da celebración dunha festa na casa do avó de Simón, reúnese moita xente na horta, entre eles algún non convidado que vai dar un xiro a festa ao traer consigo o “Sombreiro Chichiriteiro”. Un sombreiro que transforma en bos contadores de historias a aqueles ousados que o poñen na cabeza.
Coa historia de Manolo Rivas imos enlazando contos cantados ou contados como o do “Mago Goma” e tamén algunha que outra canción como a dun Vello coa que ensinaremos que todos xuntos podemos contar historias.
Como remate levarán para a aula material para confeccionar un sombreiro chichiriteiro, e vocabulario sobre os contos tratados.

Duración: 34 - 45 minutos

Dirixido a: alumnado de infantil (exclusivamente 3 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino.

Necesidades da actividade: unha toma de corrente

Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Trini Puentes 626 356 208

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 11 de novembro ao correo electrónico  actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 11 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h



Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego


Solicitude de participación na actividade:
Cantamos contos para infantil (exclusivamente 3 anos)


Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 11 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h


Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).


DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________

Teléfono: ____________________________


Número máximo de participantes nun grupo: 30


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 16) para a participación na actividade:

______ 20 novembro (mércores), 10:30 h        ______ 26 novembro (martes), 10:30 h
______ 20 novembro (mércores), 12:30 h        ______ 26 novembro (martes), 12:30 h
______ 21 novembro (xoves), 10:30 h               ______ 27 novembro (mércores), 10:30 h
______ 21 novembro (xoves), 12:30 h               ______ 27 novembro (mércores), 12:30 h
______ 22 novembro (venres), 10:30 h             ______ 28 novembro (xoves), 10:30 h
______ 22 novembro (venres), 12:30 h             ______ 28 novembro (xoves), 12:30 h
______ 25 novembro (luns), 10:30 h                 ______ 29 novembro (venres), 10:30 h
______ 25 novembro (luns), 12:30 h                 ______ 29 novembro (venres), 12:30 h


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.