domingo, 24 de novembro de 2013

PANXOLIÑAS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Panxoliñas

 Desta volta o bardo Abelardo cántalle ao Nadal. Son contos e cancións referentes a esta época do ano. Como é habitual chamará á participación de todos os nenos e nenas para celebrar o Nadal dun xeito diferente, utilizando o poder da imaxinación e acompañándose da súa inseparable concertina.

 Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de infantil (4 e 5 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 2 de decembro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 2 de decembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h




Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.orgg / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Panxoliñas
para infantil 4 e 5 anos

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 2 de decembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).


DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________

Teléfono: ____________________________


Número máximo de participantes nun grupo: 80 (poderíase aumentar o número de participantes se o centro de ensino ten a infraestrutura apropiada, consultar isto con Servando Barreiro 671 88 30 26)


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade:

______ 12 decembro (xoves), 10:00 h               ______ 17 decembro (martes), 10:00 h
______ 12 decembro (xoves), 12:00 h               ______ 17 decembro (martes), 12:00 h
______ 13 decembro (venres), 10:00 h             ______ 18 decembro (mércores), 10:00 h
______ 13 decembro (venres), 12:00 h             ______ 18 decembro (mércores), 12:00 h
______ 16 decembro (luns), 10:00 h
______ 16 decembro (luns), 12:00 h



Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario