A Concellería de NL, a través do Servizo de
Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade
dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Obradoiro
ciencias: Elaboración de crema hidratante
Neste
obradoiro ollaremos o proceso de elaboración dunha crema hidratante O/W (aceite
en auga) a través dunha emulsión con cera de abellas. Será recorrente falarmos
das distintas fases, os diversos emulxentes e os conservantes. E a cera de
abellas permitirá falarmos dos graves problemas que está a pasar este animal
tan necesario nas nosas vidas.
Duración: 1 hora
Dirixido a:
alumnado de ESO, BAC e FP
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. Para calquera dúbida sobre este
actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 998 706
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude
que se achega, o día 13 de novembro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por
estrita orde de chegada o día 13 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00
h
Solicitude
de participación na actividade:
Elaboración de crema hidratante para ESO, BAC e FP
Cubrirase unha
ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese
remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 13
de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante: non
se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é
obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
Teléfono: ____________________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 8) para
a participación na actividade:
______ 20 novembro
(mércores), ás 9:30 h
______ 20 novembro
(mércores), ás 12:00 h
______ 21 novembro (xoves),
ás 9:30 h
______ 21 novembro
(xoves), ás 12:00 h
______ 22 novembro
(venres), ás 9:30 h
______ 22 novembro
(venres), ás 12:00 h
______ 25 novembro
(luns), ás 9:30 h
______ 25 novembro
(luns), ás 12:00 h
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario