A Concellería de NL, a través do Servizo de
Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade
dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Cantamos
contos
Coa escusa
da celebración dunha festa na casa do avó de Simón, reúnese moita xente na
horta, entre eles algún non convidado que vai dar un xiro a festa ao traer
consigo o “Sombreiro Chichiriteiro”. Un sombreiro que transforma en bos
contadores de historias a aqueles ousados que o poñen na cabeza.
Coa historia
de Manolo Rivas imos enlazando contos cantados ou contados como o do “Mago
Goma” e tamén algunha que outra canción como a dun Vello coa que ensinaremos
que todos xuntos podemos contar historias.
Como remate
levarán para a aula material para confeccionar un sombreiro chichiriteiro, e
vocabulario sobre os contos tratados.
Duración: 34 - 45
minutos
Dirixido a:
alumnado de infantil (exclusivamente 3 anos)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino.
Necesidades da actividade: unha toma de corrente
Para calquera dúbida sobre este actividade,
poden poñerse en contacto con Trini Puentes 626 356 208
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude
que se achega, o día 11 de novembro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por
estrita orde de chegada o día 11 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00
h
Solicitude
de participación na actividade:
Cantamos contos para infantil (exclusivamente 3 anos)
Cubrirase unha
ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese
remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 11
de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante: non
se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é
obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
Teléfono: ____________________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 16) para
a participación na actividade:
______ 20 novembro
(mércores), 10:30 h ______ 26
novembro (martes), 10:30 h
______ 20 novembro
(mércores), 12:30 h ______ 26
novembro (martes), 12:30 h
______ 21 novembro
(xoves), 10:30 h ______ 27
novembro (mércores), 10:30 h
______ 21 novembro
(xoves), 12:30 h ______ 27
novembro (mércores), 12:30 h
______ 22 novembro
(venres), 10:30 h ______ 28
novembro (xoves), 10:30 h
______ 22 novembro
(venres), 12:30 h ______ 28
novembro (xoves), 12:30 h
______ 25 novembro
(luns), 10:30 h ______ 29
novembro (venres), 10:30 h
______ 25 novembro
(luns), 12:30 h ______ 29
novembro (venres), 12:30 h
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario