A Concellería de NL, a través do Servizo de
Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade
dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Obradoiro
ciencias: Elaboración de aceites esenciais a partir de plantas aromáticas
A través da exposición de dez plantas aromáticas
falaremos das súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terreos nos que
medran, simboloxía, tradición oral, toponimia, variantes...
Proceso de
destilación que dá como resultado unha auga floral con trazos de aceite
esencial de planta.
Duración: 1 hora
Dirixido a:
alumnado de 6.º de primaria
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. Para calquera dúbida sobre este
actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 998 706
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude
que se achega, o día 19 de novembro ao correo electrónico
actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por
estrita orde de chegada o día 19 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00
h
Solicitude
de participación na actividade:
Elaboración de aceites esenciais a partir de
plantas aromáticas para 6.º de primaria
Cubrirase unha
ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese
remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 19
de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante: non
se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é
obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
Teléfono: ____________________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 8) para
a participación na actividade:
______ 25 novembro
(luns), ás 9:30 h
______ 25 novembro
(luns), ás 12:00 h
______ 26 novembro
(martes), ás 9:30 h
______ 26 novembro
(martes), ás 12:00 h
______ 27 novembro
(mércores), ás 9:30 h
______ 27 novembro
(mércores), ás 12:00 h
______ 28 novembro
(xoves), ás 9:30 h
______ 28 novembro
(xoves), ás 12:00 h
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario