xoves, 7 de novembro de 2013

ACHÉGATE AOS MONICREQUES

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

Achégate aos monicreques

HISTORIA DA COMPAÑÍA :
Tanxarina leva 30 anos adicándose á produción e distribución de espectáculos de monicreques, dirixidos a todo tipo de públicos e desenvolvendo unha variada proposta de cursos para escolares e educadores.
Os seus bonecos dende sempre falan galego, e os seus creadores: Tatán, Miguel e Andrés ofrécennos nesta ocasión un encontro didáctico para que coñezamos dunha forma máis directa e divertida o traballo dun titiriteiro e as actividades dunha compañía teatral.

CONTIDOS DA ACTIVIDADE:

1- Un percorrido teórico:
 -Pequena introdución narrativa da historia da compañía: traxectoria, espectáculos, anécdotas...
 -Tipos de bonecos e formas de manipulación: títeres de luva, sombras chinesas, marotes, marionetas de fíos...
            
2- Un percorrido sensorial e visual a través de pequenas historias do seu repertorio, contadas e faladas polos propios bonecos.


Preguntas como: Que é un títere? Como se move? Como fala? Que técnicas existen? Quen os manexa? Cal é a historia da Compañía Tanxarina?…  terán resposta.

OBXECTIVOS:
- Dar apoio e motivación ao teatro que se fai nos centros escolares coa presentación das múltiples posibilidades do teatro de monicreques e a súa posta en escena.
- Promover o uso do galego na actividade teatral: dende sempre Tanxarina e os seus bonecos falan galego.

TODOS ESTES BONECOS …
Contaránnos a súa historia da man dos seus creadores, dunha maneira divertida e directa e xogaran cos asistentes representando pequenas historias do repertorio de Tanxarina

Duración: 1 hora

Días: martes 19, mércores 20, xoves 21, venres 22, martes 26, mércores 27 e xoves 28  de novembro

Horario: ás 10:00 h ou ás 12:00 h

Dirixido a: escolares de idades comprendidas entre 6 e 11 anos

Número máximo de participantes: 90 (incluído o profesorado)


Lugar de realización da actividade: no Verbum (avda. Samil, 17)
O transporte é pola conta do centro escolar.


Cada centro poderá reservar una máximo de 50 prazas (máis o profesorado) queremos que haxa máis posibilidades para todos os centros de ensino).



COMO SOLICITAR A ACTIVIDADE
Deberá charmar ao teléfono 986 81 02 81 de 13:00 h a 14:00 h a partir do luns 11 de novembro (inclusive)









Ningún comentario:

Publicar un comentario