O martes pasado axentes da cultura viguesa en prol da lingua e cultura galegas ( editores, asociacións veciñais, SNL do Concello de Vigo, CDEDLG de Vigo, e outros actores), convocados pola Asociación PERTENZA, grupo defensor da
identidade, cultura e lingua galegas, reunímonos no Hotel " Los Galeones" para poñer en marcha unha acción conxunta que poña en valor na nosa cidade a figura do Apalpador.
As diversas propostas saen dun grupo de traballo conxunto que se materializará nunha exposición e promoción pola cidade desta figura nas datas de arredor doNadal e Nadal.
De todo o que aconteza ireivos informando puntualmente. polo de agora, achégovos o libro " Antón e O Apalpador", publicado por Barafunda que tamén participa nesta organización.
http://apalpador.es/
Ningún comentario:
Publicar un comentario