O QUE FALAS, FALA DE TI, é unha actividade de formación
para a Comunidade educativa desde o CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE VIGO.
A linguaxe e as formas de comunicación determinan o clima social e a
convivencia. A través deste programa preténdese destacar a importancia da
linguaxe nas relacións co entorno. Con esta iniciativa recolleranse as boas
prácticas que se están levando a cabo nos centros educativos do Concello de
Vigo así como fomentar que se desenvolvan novas iniciativas.
A actividade está dirixida a todos os membros da comunidade educativa. Os
interesados poderán inscribirse nela a través do enlace web “www.cemv.vigo.org”
A Xornada está prevista para
abril, cunha sesión inicial de preparación no trimestre actual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario