A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Dobraxe na escola
É unha actividade lúdico educativa que ten como
finalidade achegarlles aos nenos e nenas, dun xeito ameno e didáctico, o mundo
da dobraxe.
Fases:
Primeiro, utilizando monicreques, os actores e
dobradores, Manuel Pombal e Suso Pando, fan un xogo dramático moi divertido no
que nos mostran todos os pasos da elaboración dunha película; desde a creación
do guión ata a súa dobraxe.
Logo, sen abandonar o ton lúdico e teatral,
preséntalles os personaxes do “mini capítulo” que “o propio alumnado” vai
dobrar, sorprendéndose con exóticas versións orixinais, en idiomas que
probablemente xamáis escoitaran.
Acto seguido, ensaiamos todos xuntos un fragmento da
película, aprendendo a encaixarmos as propias voces nas bocas dos personaxes.
-”Probámolo e experimentámolo todos...? Ben. Agora...
Quen quere saír?
Xa temos os/as dobradores/as. // Lemos o guión,
ensaiamos, axustamos e... // Silencio! Imos gravar! // Gravamos... e, moi
sorprendidos/as, escoitamos o resultado.
Duración: os responsables do desenvolvemento da actividade
poranse en contacto co centro escolar para axeitar a duración da actividade.
Faranse 4 sesións consecutivas de 50 minutos (máximo, 35 participantes por
sesión), adaptándose aos horarios do centro escolar
Dirixido a: alumnado de primaria (3.º 4.º 5.º e 6.º)
Lugar de realización da
actividade: no propio centro de
ensino.
Horario: a actividade comezará ás 10:00, se ben, para
preparala, os responsables do desenvolvemento da actividade estarán no centro
escolar ás 09:00
Necesidades técnicas da
actividade: os responsables do desenvolvemento
da actividade poranse en contacto co centro escolar para solventar posibles
cuestións técnicas
Para calquera dúbida sobre o
desenvolvemento da actividade poden consultar con Manuel Pombal 605 06 69 17
Para solicitar a actividade é
necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 9 de febreiro ao
correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por
correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 9 de febreiro
a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante:
os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos
que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.
Marta Souto González
Técnica do SNL
mc/
Vigo, 29 de xaneiro de 2015
Solicitude de
participación na actividade:
Dobrase na escola para
primaria (3.º, 4.º, 5.º e 6.º)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 9 de febreiro
a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 35
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 7) para a
participación na actividade.
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
_____ 23 febreiro (luns)
_____ 24 febreiro (martes)
_____ 25 febreiro (mércores)
_____ 26 febreiro (xoves)
_____ 27 febreiro (venres)
_____ 2 marzo (luns)
_____ 3 marzo (martes)
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario