Escribe a túa carta!
O Apalpador
Apdo. 7070
15002 A Coruña
Outro ano máis, todas as
cartas que recibamos entrarán no Premio de Cartas ao Apalpador. Só tendes que
enviar a vosa carta ao apartado 7070 da Coruña. Valoraremos as máis inxeniosas,
as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos.
Como non se trata dun
concurso de misses, non vale pedir «… a paz no mundo», «… que non haxa máis
guerras», «… a cura de todas as enfermidades» nin «… que o ano que vén me porte
mellor…». Todo isto está moi ben, pero ese desexo xa llo supomos a todos vós (e
nós). Tampouco imos valorar os adornos das cartas, poden facerse, craro que si!
Pero non se premiarán as mellor adornadas, ou por que sexan máis bonitas.
Tamén é importante pór a
idade, pois clasificarémolas por tramos. O concurso está aberto a todo o mundo
que lle escriba ao Apalpador, mais está destinado principalmente a estudantes
de infantil, primaria e primeiro ciclo de ESO. Tamén poderán participar grupos
cunha carta común; pensamos en aulas, asociacións, clubes, familias, ou mesmo
unha panda de colegas.
O resultado do concurso
darase a coñecer o 31 de decembro, na Noite do Apalpadoiro, a través deste
sitio web: www.apalpador.com (temos
solicitado o www.apalpador.gal mais
aínda non están outorgados a día de hoxe)
Se alguén quere escribilas
no noso papel de carta ao Apalpador non teñen máis que pórse en contacto
connosco para facerllo chegar, son de balde, só hay que facernos chegar o
importe do envío.
O ano pasado gañaron tres
nenas do CEIP Amaro Refojo de Verín e unha de Agolada.
Animádevos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario