A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Obradoiro ciencias: Elaboración
de aceites esenciais a partir de plantas aromáticas
A través da exposición de cinco plantas aromáticas
falaremos das súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terreos nos que
medran, simboloxía, tradición oral, toponimia, variantes...
Proceso de
destilación que dá como resultado unha auga floral con trazos de aceite
esencial de planta.
Duración: 1 hora
Dirixido a: alumnado de 2.º e 3.º da ESO
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino.
Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en
contacto con Marcelo Rodríguez 686 998 706
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 10 de novembro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 10 de novembro a partir das 9:30 e até as 14:00
Importante:
os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos
que a actividade non foi impartido o pasado curso escolar.
Solicitude de
participación na actividade:
Elaboración de aceites esenciais a partir de plantas
aromáticas para 2.º e 3.º da ESO
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 10 de novembro
a partir das 9:30 e até as 14:00
Importante: non
se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é
obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono: ____________________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 12) para a
participación na actividade:
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
______ 17 novembro (luns), ás 9:30 ______ 20 novembro (xoves),
ás 9:30
______ 17 novembro (luns), ás 12:00 ______ 20 novembro (xoves), ás
12:00
______ 18 novembro (martes), ás
9:30 ______ 21 novembro
(venres), ás 9:30
______ 18 novembro (martes), ás
12:00 ______ 21 novembro (venres), ás
12:00
______ 19 novembro (mércores), ás
9:30 ______ 24 novembro (luns),
ás 9:30
______ 19 novembro (mércores), ás
12:00 ______ 24 novembro (luns), ás
12:00
Importante: a Concellería de Normalización
Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s
admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario