A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Topo que?
Este obradoiro contén unha serie de actividades coas que se pretende
que o alumnado comprenda conceptos como topónimo e toponimia, que saiban
identificar un topónimo e que sexan capaces de clasificalos segundo o seu
significado.
Farase fincapé na importancia que teñen os topónimos como
localizadores e a súa dimensión como patrimonio inmaterial a conservar.
Duración: 90 minutos
Dirixido a: alumnado de primaria (4.º e/ou 5.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino, na propia aula. Traballarase en grupos de 4 ou 5 alumnas/os, polo
que se necesitará agrupar as mesas no caso de que sexan individuais
Necesidades técnicas da actividade: farase uso do
encerado. O alumnado deberá dispór de: lapis, gomas, folios, pinturas, tesoiras
e cinta adhesiva
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade
poden consultar con Marta Álvarez 608 05
71 87 (c.marta.ap@gmail.com)
Para cuestións relacionadas coa solicitude da actividade
dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística 986 81 02 81
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 1 de decembro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 1 de decembro a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante:
os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos
que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.
Solicitude de
participación na actividade:
Topo que? para primaria (4.º
e/ou 5.º)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 1 de decembro
a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 25
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación
na actividade.
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
_____ 9 decembro (martes) 9:30 _____ 12 decembro
(venres) 9:30
_____ 9 decembro (martes) 12:00 _____ 12 decembro
(venres) 12:00
_____ 10 decembro (mércores) 9:30 _____ 15 decembro (luns) 9:30
_____ 10 decembro (mércores) 12:00 _____ 15 decembro (luns) 12:00
_____ 11 decembro (xoves) 9:30
_____ 11 decembro (xoves) 12:00
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
a Concellería de Normalización
Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s
admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario