A Concellería de NL, a través do Servizo de
Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade
dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- A relevancia
de Vigo no Rexurdimento
O
obxectivo desta actividade-charla é que o alumnado coñeza e saiba valorar a
importancia do propio Rexurdimento na historia de Galicia e do sinalado papel
que tivo Vigo: a publicación de Cantares
gallegos, o círculo social vigués achegado a Rosalía de Castro, a
importancia da imprenta de Juan Compañel, o papel da prensa (La Oliva-El Miño), etc.
Para isto,
e mediante esta charla apoiada en vídeos, imaxes e música, procuraremos indicar
lugares exactos da actual cidade que foron protagonistas naquel entón e así
facilitar a relación do alumnado coa realidade urbana e a súa historia.
Duración: 1 hora
Dirixido a:
alumnado de 3.º, 4.º ESO e Bacharelato
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Necesidades técnicas da actividade: un ordenador con microsoft office, pantalla, altofalantes e canón
reprodutor
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento
da actividade poden consultar con Xurxo Martínez 659 11 74 38
Para solicitar a
actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 28 de
febreiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes,
enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día
28 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00
Solicitude
de participación na actividade:
O rexurdimento para 3.º, 4.º ESO e Bacharelato
Cubrirase unha
ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese
remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 28
de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se
aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio
cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea
presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 30
Indicar a preferencia (de 1 a 10) para a
participación na actividade.
Non
marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle
outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.
_____ 10 marzo
(luns), ás 09:30 _____
13 marzo (xoves), ás 09:30
_____ 10 marzo
(luns), ás 12:30 _____
13 marzo (xoves), ás 12:30
_____ 11 marzo
(martes), ás 09:30 _____
14 marzo (venres), ás 09:30
_____ 11 marzo
(martes), ás 12:30 _____
14 marzo (venres), ás 12:30
_____ 12 marzo
(mércores), ás 09:30
_____ 12 marzo
(mércores), ás 12:30
Importante: a
Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a
cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora
adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario